Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Pídenlle a David Cameron que acepte a Galicia en troques a Escocia para unirse ao Reino Unido

Pídenlle a David Cameron que acepte a Galicia en troques a Escocia para unirse ao Reino Unido

Correo-e Imprimir PDF
mirror

Retranca é unha palabra galega que talvez non teña tradución exacta ao inglés. Mais dela sérvese a petición iniciada en Internet para ofrecerlle ao primeiro ministro do Reino Unido, David Cameron, a anexión de Galicia á bandeira da Unión Jack para suplir unha eventual saída de Escocia (en votación na saída deste artigo).

Na carta dirixida ao inquilino do 10 de Downing Street, e que xa asinaron 1.731 persoas dende novembro de 2013, explícaselle que, malia que o poida sorprender, Galicia, como Escocia, é tamén unha nación celta.

O autor da proposta detallan unha serie de elementos que Reino Unido non botaría a faltar se os galegos e galegas pasan a seren súbditos de Buckingham Palace, entre elas as gaitas  ("temos as nosas"), o Celtic de Glasgow ("temos o Celta de Vigo"), a abraiante paisaxe ou os clans escoceses ("tamén temos moitos, incluíndo os caciques").

Para convencer a David Cameron, o autor da petición, Antonio Formoso, describe as vantaxes que tería a integración de Galicia no Reino Unido. Entre elas cómpre destacar a "xente traballadora", un acento en inglés "máis sinxelo de comprender que o acento escocés" ou a mellora da economía británica coa anexión da industria pesqueira, téxtil, o turismo cultural, ou a mellor praia do mundo ("Praia de Rodas, Illas Cíes, Vigo").

A petición en Change.org fora lanzada en novembro de 2013, pero co gallo da votación en Escocia o xornal inglés Mirror fíxose eco hoxe, con anuncio de promoción turística da Xunta incluído.

Para os que soñen cunha Galicia na que beber o té das cinco e queiran apoiar a petición para ocupar a posible vacante dos escoceses, pódeno facer na web change.org .

-  Coa colaboración de Radiodifusión