Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Os medios en galego propoñen unha Lei de Publicidade Institucional transparente

Os medios en galego propoñen unha Lei de Publicidade Institucional transparente

Correo-e Imprimir PDF
O presidente de AMEGA Henrique Sanfiz e os portavoces de AGE e BNG no momento do rexistro da proposta.
Download this file (PROPOSTA LEI DE PUBLICIDADE INSTITUCIONAL (1).pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA), da que forma parte fundacional VM.info, presentou esta tarde no Rexistro do Parlamento Galego unha proposta de Lei de Publicidade Institucional para reclamar transparencia nas axudas aos medios de comunicación.

Fixoo a través dos grupos parlamentares de AGE e do BNG. A entidade indicou que pretende “protexer, cultivar, difundir e socializar o idioma galego , e facelo resaltando os valores positivos da utilización da nosa lingua”. Para iso reclaman transparencia no reparto das axudas públicas e da publicidade aos medios de comunicación.

Segundo Amega, “a cidadanía comprende o valor do pluralismo nos medios de comunicación para unha maior calidade da democracia, e nós proclamámonos medios defensores dos servizos públicos, sanidade, educación e prestacións sociais como elementos de cohesión e avance da sociedade”. A asociación presentoulle o proxecto de Lei a todos os grupos parlamentares e agarda que todos eles voten a favor da toma en consideración do texto.

A entidade sinala que apoia as demandas do Colexio Profesional de Xornalistas, Sindicato de Xornalistas e Consello de Contas, cando reclaman que a publicidade institucional se reparta en convocatorias públicas e obxectivas ás que todos os medios poidan concorrer en igualdade de condicións.

A Asociación de Medios en Galego formanna os dixitais Galicia Confidencial, Praza Pública, Valmiñor.info, Quepasanacosta, A Voz de Vilalba, Cronica 3, os periódicos impresos Sermos Galiza, Terracha.xa, A Nova Peneira, a revista Tempos novos e máis de vintecinco radios locais integradas na asociación Emisoras Municipais Galegas.

 VIDEO