Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Incautan 2.500 belotas de hachis a narcos que operaban en toda a provincia de Pontevedra.

Incautan 2.500 belotas de hachis a narcos que operaban en toda a provincia de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF
operacion-sanda

Seis persoas están detidas e a disposición xudicial tras un operativo policial que interceptou dous transportes cun total de 2.500 belotas de hachis procedentes de Marrocos. A banda estaba liderada por unha parella natural do concello de Moaña baixo seguimento policial dende fai seis meses, nun operativo contra o narcotráfico denominado Operación Carreras – Sandá, no que participaron corpos especializados da Garda Civil e a Policía Nacional. A mercadoría incautada está estimada nuns 100 mil euros. O destino da droga era a súa comercialización na provincia de Pontevedra e zonas limítrofes. Os axentes tamén interviron unha importante cantidade de diñeiro en efectivo, dous vehículos, numerosa documentación e efectos, segundo deron a coñecer os corpos de seguridade.

Seis meses tras a banda

O operativo se remonta a seis meses atrás cando as unidades UDyCO da Policía Nacional e a EDOA da Garda Civil detectaron a presenza dun grupo organizado dedicado á importación e distribución de hachís de boa calidade na provincia de Pontevedra.

Liderados por unha parella de Moaña, o grupo contaba con unha flota de automóbiles modificados para agochar a droga durante os transportes. Segundo o informe policial, descubriuse que ao menos o grupo facía dúas compras mensuais de hachís a un grupo marroquí asentado no sur de España.

Operativo e detención

Na madrugada do pasado sábado, un dispositivo conxunto da Policía de Vigo e a Garda Civil de Pontevedra interceptaron dous vehículos da organización “que viaxaban a gran velocidade con catro persoas no interior”, sinala o parte. Tras identificalos, procederon a baleirar os vehículos onde estaban agochadas as 2.500 belotas de hachis.

A instrución xudicial está agora a cargo do xulgado nº1 de Cangas e coordinado pola fiscalía antidroga de Pontevedra.