Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Destapan un "Edén de relixiosas" nunha orde con residencia en Oia e Vilariño.

Destapan un "Edén de relixiosas" nunha orde con residencia en Oia e Vilariño.

Correo-e Imprimir PDF
2014 10 20 21614s300x

O arzobispado de Tui-Vigo apartou ao líder de Orden y Mandato de San Miguel Arcángel ante as acusacións sobre a súa "conduta moral". Unha noticia denuncia "práctica sexuais" con elementos da misa. Polo menos dúas famosas conviviron coa orde que mantiña unha residencia en Oia. Tamén aloxáronse no antigo convento dos pais franciscanos de San Antonio de Vilariño en Nigrán. Templo ao cal remodelaron e restauraron. Lugar no que participaban da misa e facían vida relixiosa baixo o lema: "lo que Dios quiera, cómo Dios quiera y cuando Dios quiera, con una especial lealtad al Papa".


O Bispado de Tui-Vigo publicou unha comunicación oficial este mes na que detalla a investigación á que foi sometida a Asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel. Tras a avaliación do "visitador canónico" enviado polo bispo, a Igrexa "aparta cautelarmente das súas funcións" a presidente e fundador, Miguel Rosendo da Silva.
Cales son as "irregularidades cometidas polo fundador" investigadas en 2012? E cales son "as acusacións sobre sobre a conduta moral do fundador" descritas polo investigador da curia nun informe de marzo de 2014? Segundo informa Pedro Simón en El Mundo citando varias fontes eclesiásticas sen identificar, Rosendo foi acusado por subordinados da Orden de "prácticas sexuais empregando elementos da consagración" e "ritos de curanderismo". O xornalista tamén cita a Begoña M., ex-membro da congregación durante 15 anos, quen asegura que "Miguel montou un edén coas relixiosas (...), sentábase coas raparigas, acariciábaas moito, pasaron cousas daquela".
O Bispado informa que tras o relevo de Rosendo "un grupo significativo" de membros deuse de baixa, pero que a Asociación sigue adiante, intervida polo Bispado, con 27 membros "exploradores" na Diocese de Tui-Vigo e "4 Consagradas Miguelianas" (mozas que visten como monxas malia que a Orden en teoría non ten capacidade para isto) que traballan unha residencia xeriátrica en Bustarviejo, na serra de Madrid.
Unha delas, polo menos até a Primavera, era a actriz e modelo viguesa Olalla Oliveros. A contorna da moza recoñeceu a Faro que abandonou hai catro anos a súa prometedora carreira influenciada por Miguel Rosendo. Oliveros sinalou nun vídeo do Youtube que na súa vida pensara en dedicarse á relixión.
Outra moza famosa, Tamara Falcó, tamén realizou un retiro espiritual na Orde, que tiña un centro de semi-clausura en Oia.
Miguel Rosendo da Silva, ademais de fundador da Orden, é musico, e editou polo menos dous discos interpretados por "Sandra y Marta", dúas das irmás 'miguelianas'.

Coa colaboración de Galicia Confidencial