Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A seita católica de Oia, investigada por supostas condutas sexuais, segue activa

A seita católica de Oia, investigada por supostas condutas sexuais, segue activa

Correo-e Imprimir PDF
Olalla Oliveros, segunda pola esquerda, co atuendo de
Olalla Oliveros | Imaxe promocional do seu blog
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Orden y Mandato de San Miguel Arcángel non só foi investigada polo bispado pola suposta desviación da "conduta moral" do seu fundador. Tamén a Guardia Civil investiga esta seita católica ao fío de varias denuncias, segundo informa Alejandro Martínez na Voz.

As forzas de seguridade terían sobre a mesa varias denuncias tanto sobre aspectos sexuais - El Mundo relatou o luns o suposto uso de elementos da misa durante encontros sexuais dos seus membros- como de índole económica.  

 As denuncias foron presentadas nos xulgados de Tui e en Collado-Villalba (preto de Bustarviejo, na serra de Madrid, onde o obispado sitúa nunha nota oficial ás catro 'consagradas miguelianas' que seguen formando parte da Orde).

Orden y Mandato de San Miguel Arcángel segue funcionando, pero intervida pola Igrexa tras as denuncias dun suposto "edén de relixiosas". O seu fundador, Miguel Rosendo da Silva, marchou para Madrid canda un numeroso grupo de fieis. Alí o colectivo prosegue a súa cuestionada tarefa evanxelizadora refundando o grupo baixo o nome de Serviam, latinismo relacionado co citado Arcanxo.

De feito, Serviam opera nun dos eidos que deu fama a San Miguel Arcángel, a música. A Orden intervida saltou aos titulares antes do escándalo porque unha das súas cancións foi escollida para ser cantada na última vista do Papa. Serviam, como se pode ler na súa web, mantén un grupo, La Voz de Serviam, no que músicos e mozas cantan en parroquias de Madrid.

Unha das parroquias nas que Serviam colabora na Misa é precisamente Bustarviejo, onde está o asilo no que o bispado di que seguen traballando as 'consagradas miguelianas'. Así, nas fotos do grupo "La Voz de Serviam" aparece cantando polo menos unhas das mozas que antes vestían os hábitos azuis e amarelos das miguelianas, entre elas a actriz e modelo viguesa Olalla Oliveros.

Na súa web tamén dan o seu número de conta, nunha sucursal de Abanca. O titular din que é "San Miguel de las almas".

- Do medio colaborador - Galicia Confidencial