Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A formación nacionalista de ANOVA divídese

A formación nacionalista de ANOVA divídese

Correo-e Imprimir PDF
Votación sobre as europeas en ANOVA / ANOVA Valmiñor en twitter

A maioría dos militantes de Cerna, o colectivo crítico xurdido en Anova, logo das diferencias internas xurdidas na formación, acaba de decidir abandonar o partido que lidera Xosé Manuel Beiras e constituír unha nova formación.

A decisión de deixar Anova foi refrendada polo 75% dos 200 militantes que tomaron parte nesta votación virtual. Sen embargo, esa porcentaxe baixou ao 63% no referido a constituír un partido político.

Resultados da votación

 

 

 

Esta votación chega logo de que a maior parte dos membros desta corrente crítica quedaran fora da Coordinadora Nacional, tras vencer na II Asemblea Nacional de Anova as teses e a lista defendida por Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras, fronte a impulsada por Mario López Rico e Luis Eyré, os dirixentes de Cerna.

Uns resultados que foron por medio cento de votos. Por iso, o voceiro de Cerna xa avanzaba, xusto ao rematar esa asemblea que, "con estes resultados non hai posible integración". E os pasos que acaba de dar esta corrente crítica van na dirección de abandonar Anova.

Futuro de Consuelo Martínez

De feito, nos últimos días, suscitouse un novo debate e é o papel que, a partir de agora terá a deputada de AGE Consuelo Martínez, membro do grupo crítico, se Cerna decide constituírse como grupo político propio.

Martínez sinalou nas últimas horas que, independentemente, da decisión que ían tomar os seus compañeiros de Cerna, o seu desexo é continuar como parlamentaria en AGE. De feito, ten expresado ese desexo ao grupo parlamentario e tamén llelo ten comunicado ao propio Martiño Noriega sen que, ata o momento, desde Anova, ou desde AGE, se lle teña plantexado a súa dimisión.

- Información recollida polo xornal colaborador - Galicia Confidencial