Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade UNICEF - A economía das familias españolas retrocede a niveis de hai 10 anos.

UNICEF - A economía das familias españolas retrocede a niveis de hai 10 anos.

Correo-e Imprimir PDF
Espana é xa o terceiro pais con maiores índices pobreza infantil | Imaxe Pirozzi UNICEF

- UNICEF alerta no seu último informe que un 27,5% dos nenos e nenas viven en situación de risco de pobreza.

- Os ingresos das familais españolas quedan mesmo por derás dos de Grecia segundo o informe presentado.

- A recesión económica vai ligado a un problema de descenso da natalidade, o que a largo prazo acuciará o problema demográfico que actualmente presenta Galicia cunha poboación cada vez máis envellecida e onde 250.000 mozos e mozas foron abandoron o país na procura dun futuro.

Mentras a actualidade da comarca énchese de títulares sobre os maiores gastos en obra pública de toda a lexislatura, nesa particular "carreira contrareló" á que xa nos teñen acostumados as administracións locais e provinciais de cara ás eleccións municipais; un problema máis grave e menos visible segue a agromar no seo de moitas familias do Val Miñor, e sobre o cal ningunha administración local nin provincial saiu ao paso para apostar frontalmente na búsqueda dunha solución ou na axuda directa ás maltreitas economías familiares.

UNICEF segue arroxando datos preocupantes sobre a desprotección dos menores en España e a pobreza nas familias. Os datos dos informes UNICEF e Cáritas chocan frontalmente coas negativas do goberno de España e mesmo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo que negan insistentemente problemas de nutrición infantil e gábanse dos incrementos orzamentarios en materia de protección e insercción social.

O último informe de UNICEF "Los niños de la recesión. El impacto de la crisis económica en el bienestar infantil en los países ricos" presentado en Roma, arroxa datos sobre a situación das familias con fillos en España, onde apuntan a unha perda de capacidade económica equivalente "a dez anos de esforzo e progreso".

O informe alerta que esta perda de pontecial vai ligada a outro problema acucienten en Galicia, o problema demográfico. UNICEF sinala que as taxas de fertilidade retardáronse por primeira vez en dez anos e que en parte, débes "a que a mocidade adulta posterga a formación dunha familia por mor da situación económica".  

UNICEF recalca que nos paises máis castigados pola recesión, "os nenos son os que máis sofren as consecuencias e os que as padecerán por máis tempo".

España, terceiro país con maiot pobreza infantil.

O informe situa a España como o terceiro país con maios pobreza infantil en termos relativos, só por detrás de Grecia e Letonia,  e con máis de 3 millóns de nenos e nenas con carencias materiais graves fronte aos 2,2 millóns de fai catro anos.

Entre 2008 e 2012 a pobreza infantil en España pasou dos 28,2% ao 36,3% convertendo a España no sétimo país no que máis creceu a pobreza infantil, según os datos de UNICEF.

A dieta dos menores.

Os fillos de pais desempregados ou con baixos infresos sofren cambios na dieta, eliminación de actividades extraescolares e dificultades para adquirir material escolar, ademais de render menos na escola, sufrir tensión e padecer humillacións ante os compañeiros de clase.

As prestacións de axuda familiar resultan insuficientes.

O informe destaca que as prestacións familiares reducíronse en varios países e que en España e Irlanda as demandas de medidas de axuste económico limitaron a marxe de acción e provocaron que se deixase de lado aos nenos xusto cando os indicadores de pobreza comezaban a dispararse.

A Xunta de Galicia admitía en xuño retrasos de até catro meses para a tramitación das rentas de integración social de Galicia (RISGA) para as familias necesitadas.

Un pacto de estado pola infancia.

UNICEF lanza unha campaña na procura de un gran pacto de estado pola infancia. "Estamos convencidos de que outros escenarios son posibles. Por iso esta vez queremos chegar moito máis lonxe facendo un chamamento ao conxunto da sociedade para realizar un Pacto de Estado pola Infancia. Nenos, nenas, familias, empresas, sindicatos, administracións públicas e partidos políticos: todos debemos implicarnos para avanzar na aplicación dos dereitos do neno."
 
"Os NENOS IMPORTAN, o seu valor social vai moito máis alá do ámbito doméstico; son un asunto das súas familias, pero tamén de todos.  Porque sen eles non hai futuro."
 
A campaña recolle sinaturas en internet no enderezo web http://www.unicef.es/pactoinfancia onde xa leva acadadas 81.000 sinaturas.