Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Bo momento para revisar a vixencia de pasaportes e DNI para evitar aglomeración na tempada do Nadal.

Bo momento para revisar a vixencia de pasaportes e DNI para evitar aglomeración na tempada do Nadal.

Correo-e Imprimir PDF
dni-pasaporte1

Advirten dende a Policía Nacional que en datas previas a Nadal moitas persoas programan as súas vacacións, deixando para última hora as comprobacións de caducidade dos seus D.N.I. e ou Pasaportes, polo que ao chegar o momento de partida atópanse coa dificultade de obtención dos mesmos.

Engaden que nalgúns casos este feito causa a alteración ou anulación nun voo, ao negar a compañía o acceso ao titular do billete por non ter a súa documentación en regra, especialmente no caso dos pasaportes electrónicos obrigatorios en terceiros países.

Por iso aconsellan a aqueles cidadáns que estean inmersos nas situacións mencionadas, que revisen con tempo suficiente as súas documentacións, comprobando que estas estean en vixencia e que o estarán no momento de viaxar.

En caso de estar fóra do período de validez ou próximo ao seu fin, informan que deberían solicitar a renovación aproveitando que na actualidade os tempos de espera nas Oficinas do D.N.I. e Pasaporte da Comisaría de Vigo está por baixo das 24 horas.

Lembran que  pódese solicitar cita a través de Internet (www.citapreviadnie.es) ou polo teléfono 902 247 364 e en caso de extrema urxencia acudir directamente á comisaría. O DNI pódese renovar tres meses antes da súa caducidade e no caso do pasaporte ata un ano antes da mesma.