Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Agrupación Musical de Vincios agasallará aos nenos do hospital Xeral cunha velada de música e obsequios.

A Agrupación Musical de Vincios agasallará aos nenos do hospital Xeral cunha velada de música e obsequios.

Correo-e Imprimir PDF
unnamed

A Asociación Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un espectáculo aos nenos e que teñen que pasar as datas de Nadal no hospital Xeral de Vigo. Así, o martes 23 de decembro, véspera de Noiteboa, ás 12:00h algúns membros da banda de Vincios darán un pequeno concerto didáctico no hospital. A concellería de Cultura de Gondomar e a empresa de papelería DISMAC tamén colaboran neste evento aportando agasallos que se lles entregarán aos cativos ese mesmo día.


A través deste acto a Asociación quere reforzar o seu carácter social, "demostrando que a través da música non só se pode conseguir cultura e riqueza emocional, senón tamén solidariedade e unión".