Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Villaza prepara a súa II Festa da Primavera cunha gran churrascada e actividades de lecer.

Correo-e Imprimir PDF

CASTELO_CULTURALO Centro Cultural O Castelo  organiza a  II FESTA DA PRIMAVERA, na parroquia de Vilaza, Gondomar. O evento comezará o vindeiro luns 16 de maio ás 20 horas cunha churrascada.

O xornalista Iago Martínez e o cineasta Alexandre Cancelo falan de Lois Pereiro e da súa obra no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

loisO próximo martes 10 de maio, as 20h na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" sede do Instituto de Estudos Miñoranos, o xornalista Iago Martínez, que entre outras redaccións traballou na de O Miñor con Nano Cambeiro e na actualidade é xefe de Cultura de Xornal de Galicia, presentará o seu libro Lois Pereiro. Vida e obra (Xerais) e o guionista e director Alexandre Cancelo falará do documental Contra a morte. Unha aproximación a Lois Pereiro que escribiu e dirixiu xunto a Iago Martínez. O acto será presentado pola membro da Xunta de Goberno do IEM, poeta e profesora Marta Dacosta. Ao remate do acto haberá unha cea cos convidados no Pazo da Escola de Mañufe, os interesados en asistir terán que reservar praza  no 986 360 575 (pola tarde) ou no 680 644 490; sempre antes do luns pola noite. A Aula Ponte de Rosas atópase na Avenida da Feira, Nº10 baixo, Gondomar.

Queda suspendida ata novo aviso a Xuntanza de Escaladores 2011 na Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
XUNTAZA-ESCALADORES2012A Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro anuncia a non realización de tódalas actividades programadas para o vindeiro sábado 7 de maio na serra con motivo da Xuntanza de Escaladores 2011. Por razóns de orde meteorolóxicas a actividade queda suspendida ata novo aviso.

Teatro para nenos con “Frankenstein” de Gazhafelhos, o sábado no Auditorio Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF

FRANKENSTEIN2A compañía ferrolá de teatro infantil Ghazafelhos presentará mañá sábado 7 de maio en Gondomar a súa última producción, “Frankenstein”. Seleccionada na última Feira das Artes Escénicas de Galicia, a obra xoga cos clixés das historias de terror para contar a historia de Igor, un ser diferente que se agocha nun castelo. Ata el chegarán dous intrépidos aventureiros na busca do monstro de Frankenstein. Escrita e dirixida por Pepablo Patinho, a obra fala das “diferencias que nos fan sentir mal” e de como conseguir que se convertan en algo positivo.

Fran Alosno e Xurxo Souto presentan o espectáculo "O meu gato é poeta" na libraría Libraida.

Correo-e Imprimir PDF

Xurxo_e_Fran_gatoO próximo sábado 7 de maio, ás 12,00 horas, a librería Libraida de Gondomar acollerá o espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta». A obra está baseada no libro do poeta Fran Alonso e a música de Xurxo Souto. O espectáculo está dirixido para nenos de 4 anos en diante, e por suposto, tamén para adultos.

O quecemento global, o desxeo polar e a acidificación da auga dos océanos en debate no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

Debora_IglesiasEste venres 6 de maio, na Aula de Cultura Ponte de Rosas o IEM recibe á oceanógrafa Débora Iglesias Rodríguez da Universidade de Southampton (UK). Iglesias, licenciada en Bioloxía pola USC, realizou a súa tese de doutoramento en Gales. Participou en varios proxectos de investigación da NASA (USA) e na Universidade de Nottingham. Na actualidade imparte aulas no National Oceanography Centre da Universidade de Southampton e dirixe un equipo de investigación de Bioloxía Molecular Mariña. No marco das TERULIAS do IEM 2010 - 2011, a convidada debaterá sobre o quecemento global, o desxeo polar e a acidificación da auga dos océanos, temas que integran algúns dos seus campos de investigación.

Convocatoria a lectura de poesía en homenaxe a Lois Pereiro no Café Rañolas

Correo-e Imprimir PDF

Vento-Lois-12-M-737x1024Espazo Lectura únese a unha iniciativa de ámbito galego de homenaxe a Lois Pereiro, o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano. Trátase de Vento Lois, un recital expansivo que se vai celebrar ao mesmo tempo en diferentes lugares o xoves 12 de maio a partir das 20.00 horas. En Gondomar, o lugar escollido é o café Rañolas e Espazo Lectura invita a escoller algúns poemas ou fragmentos de Lois Pereiro para ler ese día. Como o tempo é escaso,os organizadores solicitan a confirmación canto antes ao teléfono 637 923 703.

 

 

Candido Pazó chega ao auditorio Lois Tobío con " Memorias das Memorias dun Neno Labrego”.

Correo-e Imprimir PDF

MEMORIAS-DUN-NENO-LABREGO“Memorias das Memorias dun Neno Labrego” é o nome do espectáculo que abrirá mañá venres, 6 de maio, a nova programación de teatro da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar no Auditorio Municipal. Protagonizada por Cándido Pazó, autor do texto e director da obra, trátase dunha adaptación do clásico da literatura galega “Memorias dun neno labrego”, de Xosé Neira Vilas. Con este espectáculo Pazó rende homenaxe o texto orixinal no 50 aniversario da súa publicación. A representación de “Memorias das memorias...”, será ás 22.00 horas. O prezo da entrada é de 3.5 euros, á venta desde unha hora antes na taquilla do Auditorio Municipal Lois Tobío.

“O mar do fin do mundo” gaña o 1º premio do Ciclo Internacional de Cines Submarino de San Sebastián.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe do film

O mar da fin do mundo, documental científico galego sobre os cefalópodos das costas de Galicia vén de facerse co primeiro premio do Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián CIMASUB 2011. O reino dos cefalópodos, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acadou o galardón na categoría de traballos de máis de 25 minutos. Producido por José Irisarri, dirixido por Manuel Uhía e coa participación de Manuel E. García como cámara e documentalista, o documental, que constitúe unha completa produción audiovisual sobre a vida dos cefalópodos nas rías galegas, foi distribuído o pasado mes de marzo en todos os centros educativos de Galicia, co fin de achegarlles aos alumnos e alumnas contidos curriculares propios das ciencias naturais en galego.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL