Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Convocatoria para participar no IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

Cartel-IV-Premio-Victoriano-TaiboO Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo de 2011, ao enderezo Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos. O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro do mesmo ano.

Axenda da Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

cartel_IV_dar_de_ler_senCon motivo da celebración do 23 de abril, Día do Libro, entre o luns 26 e o sábado 30 de abril de 2011, Espazo Lectura (en colaboración co Concello de Gondomar) organiza a Semana do Libro e a Lectura cunha programación de actividades para todos os días. O acto central será o venres 29 de abril, cando terá lugar o IV Dar de ler coma quen dá de beber, unha sesión de lecturas compartidas en voz alta para celebrar o Día do Libro, na que unhas 30 persoas lerán fragmentos de obras que queren compartir cos demais e recomendar. Será na xamonería Catro Camiños de Gondomar entre as 19.30 e as 22.00h.

Conferencia e xeira nocturna sobre os petróglifos de Salcedo.

Correo-e Imprimir PDF
petroglifo-do-matoEste venres 15 de abril, a partir das 20.30 horas, conferencia do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) sobre os petróglifos de Salcedo no local social de Cabanas-Salcedo (antigo preescolar). Despois haberá unha visita nocturna aos petróglifos do Penedo de Vilar de Matos (en Cabanas) e da Laxe do Outeiro do Mato das Cruces (na Esculca).

Festa do Cabalo en Camos o próximo domingo 17 de abril.

Correo-e Imprimir PDF
festa_do_cabaloA Comisión de Festas de Corpus Christi organiza para este domingo 17 de abril a Festa do Cabalo na Parroquia de  Camos, no torreiro de festas de San Roque (Nigrán). As actividades comezarán ás 10 da mañá con jinkana e carreiras. Máis información no número 605 020 725

Gondomar prepara a II edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez

Correo-e Imprimir PDF

concello_gondomarA Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Ignacio Troncoso, anuncia a celebración da segunda edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez, que este ano chega cargada de novidades con respecto á edición de 2010, celebrada no mes de setembro. As actividades darán comezo a mediados de xuño e prolongaranse durante varias semanas. Así, os Encontros de Fotografía Dixital serán un dos grandes atractivos da programación cultural do verán de Gondomar.

Charla-coloquio sobre Saúde Mental no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
CARTEL-WEBA Asociación "Avelaiña" de axuda as persoas con problemas de saúde mental tamén traballa no Val Miñor realizando tarefas de rehabilitación psicosocial, escola de familias e programas de respiro familiar. O obxectivo desta charla é sensibilizar a poboación con estas enfermidades, dando a coñecelas de cerca. A charla será o próximo venres día 15 de abril, ás 20,00h no Centro Cultural do O Torreiro de Priegue: Será impartida por Eva Caparroz, psicóloga de Avelaiña, e Xosé Regueiro, vicepresidente de FEAFES de Galicia.

Certame literario de relatos curtos e contos en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

cartel-correxido-e-definitivo-concurso-literarioAta o próximo 30 de abril está aberta a convocatoria para presentarse ao “1ª Concurso Literario de relato curto e conto en galego”, organizado pola Asociación Veciñal Dunas, a Editorial Barafunda e mais o Concello de Nigrán. Os interesados poderán participar na categoría Xuvenil ata 18 anos ou na maior. Os gañadores recibirán premios cunha obra conmemorativa, lote literario, lote de produtos e a posibilidade de concertar acordo coa Editorial Barafunda para o desenrolo e publicación da obra. As bases poden retirarse no Concello de Nigrán ou descargarse na web do concello.

 

 

O documental "Arde Madrid" do cineasta miñorano Antonio Caeiro presentarase no Día da República.

Correo-e Imprimir PDF

CARTEL-ARDE-MADRID-NIGRANO filme "Arde Madrid. Un documental sobre la infancia perdida", do cineasta miñorano Antonio Caeiro, será estreado o vindeiro xoves 14 de abril ás 21 horas na Lonxa de Panxón, no concello de Nigrán. A obra ofrece unha retrospectiva do momento da toma de Madrid polas forzas franquistas a través da testemuña dos nenos e nenas daquela. O acto está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Nigrán coa colaboración da Asociación Cultural O Faiado da Memoria.

Espazo Lectura propón seis medidas mínimas aos partidos para fomentar a lectura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

rincon_espazo_lecturaEspazo Lectura quere comprometer aos partidos políticos que se presentan nas próximas eleccións municipais á cobertura de seis necesidades mínimas e imprescindibles para que o municipio de Gondomar remate de afirmar unha identidade a prol do fomento da lectura. A iniciativa contempla reclamos tales como a ampliación e mellora do espazo da biblioteca municipal, a contratación dun bibliotecario especializado, a dotación dun orzamento estable para biblioteca, a creación dun Concello Municipal de Lectura, a desafectación da antiga escola infantil de Donas onde actualmente se asenta a Casa da Lectura, todo isto para acadar os requisitos que permitirán a Gondomar convertirse na 1ª Vila do Libro en Galicia. A proposta xa está en mans dos líderes dos partidos políticos de Gondomar, e o colectivo cultural ofrécese para asesora e debatir os puntos que sexan necesarios. O primeiro obxectivo é moi claro: que estes seis puntos sexan asumidos nos respectivos programas electorais dos grupos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL