Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Mesa redonda sobre o futuro estatuto de autonomía na Capitanía Marítima de Ba

Correo-e Imprimir PDF
Participarán portavoces dos tres grupos parlamentarios
O venres 16 de xuño, ás 20:30, na Capitanía Marítima de Baiona (r/ Elduayen, 21) terá lugar unha mesa redonda acollida baixo a denominación de “Visións para un novo Estatuto”na que participarán portavoces dos tres grupos parlamentarios representados na cámara galega.:
  • IGNACIO LÓPEZ-CHAVEZ CASTRO, deputado do Partido Popular e membro da Comisión para a reforma do Estatuto.
  • ABEL LOSADA ÁLVAREZ, viceportavoz do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE.
  • CARLOS AYMERICH CANO, portavoz do grupo parlamentario do BNG

Xornadas sobre o Estatuto en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Bandeira de GaliciaO 28 de xuño de 1936 o Estatuto de Autonomía de Galicia era referendado por absoluta maioría. Os datos non deixan lugar a dúbida: 0 99,05%votou afirmativamente cunha elevada participación que superou o 74% do censo. Aquel estatuto de autonomía non puido tomar corpo xa que a sublevación fascista o impediu.

En decembro de 1980 de novo foi aprobado outro estatuto de autonomía, o actual. Naquela altura a participación popular foi moi minguada, un 71% de abstención.

Lois Tobío, fillo adoptivo de Gondomar, será homenaxeado en Compostela.

Correo-e Imprimir PDF
O diplomático e intelectual viveirense Lois Tobío Fernández será obxecto dun acto de recoñecemento en Santiago de Compostela que terá lugar ás sete da tarde o martes 13 de xuño, data do centenario do seu nacemento, no Museo do Pobo Galego.

Lois Tobío ten unha especial vinculación con Gondomar xa que dedicou moitos anos da súa vida ao estudo da figura de don Diego Sarmiento de Acuña. Os seus traballos viron a luz nalgunhas obras fundamentais para o coñecemento da época e da personalidade do 1º Conde de Gondomar, entre as que compre salientar Gondomar y su triunfo sobre Raleigh e Gondomar y los católicos ingleses.

Tobio e a vangarda

Correo-e Imprimir PDF
Por Carlos Méixome  - Publicado no xornal A Peneira

O 13 de xuño de 1906 naceu, en Viveiro, Lois Tobío Fernández. Andamos mediado o seu centenario (1906-2003) e poucos foron os actos públicos de recoñecemento dunha das figuras máis representativas do galeguismo nacionalista e, ao tempo, un activista cultural de primeira orde. Agardemos, temos confianza e seguridade, que no que resta deste 2006, sexamos quen de corrixir a falla e que as institucións, ás que lles corresponda, poñan os medios para que a personalidade de Tobío goce dunha ampla difusión, cando menos nos círculos cultos da sociedade galega que se recoñece como tal. A súa fecunda lonxevidade mesmo permite seguir na súa intensa traxectoria persoal os devalares dun non menos intenso, e tráxico, século que se nos foi. Os mesmos cen anos que cumpre a Academia Galega, na que nunca pousou Tobío, cumpriría don Lois de podelo ter entre nós.

O PXOM de Nigrán recalifica chan rústico comprado por dous conselleiros do Cel

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - La Voz de Galicia

Adquiriron 20.000 metros de chan a baixo prezo días antes das municipais do 2003
Os terreos, que antes eran case inservibles, multiplicarían agora o seu valor de mercado.
Alfredo Rodríguez volveu ao seu despacho e preferiu gardar silencio.
Dous directivos do Real Club Celta de Vigo, o vicepresidente Ricardo Barros Hermida, e o conselleiro Antonio Juan Rosendo Martínez, realizarán importantes negocios urbanísticos en Nigrán se se aproba o plan xeral de ordenación municipal que promueve o actual alcalde, Alfredo Rodríguez, que ata o pasado martes ocupaba a dirección xeral do Celta, ademais de ser membro do seu consello de administración.

VII Xornadas de Montes e Medio Ambiente

Correo-e Imprimir PDF
O 10 e o 11 de xuño, no Centro Sociocultural de Vincios -Gondomar celebraranse as VII Xornadas de Montes e Medio Ambiente do Val Miñor. 

Nas mesmas debaterase sobre urbanismo e campos de golf ademais de homenaxear aos iniciadores da loita pola recuperación dos montes veciñais

Organizadas pola Mancomunidade de Montes veciñais en Man común do Val Miñor, que preside Latino Rodríguez, e coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos o próximo sábado 10 e domingo 11 terán lugar nas instalacións do Centro Cultural da parroquia gondomareña de Vincios as VII Xornadas de Montes e Medio Ambiente do Val Miñor.

Conferencia - A muller na pintura. Na galería de arte Iván Morillas

Correo-e Imprimir PDF
O Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa asociación de mulleres "Area Loura" e a galería de Arte "Iván Morillas" organizan o venres día 1 de xuño unha conferencia do prof. Manuel Caldas Fernández sobre "A muller na pintura" na que abordará o tema da invisibilidade da muller como pintora. 
O prof. Manuel Caldas Fernández é licencidado en Xeografía e Historia pola U. Complutense de Madrid, exerceu durante anos no IES Escolas Proval de Nigrán e na actualidade no IES San Paio de Tui. É membro activo do Instituto de Estudos Miñoranos.

Queremos tanto aos libros - A Terra Cantada con Antonio Araúxo e Camilo Nogueir

Correo-e Imprimir PDF
TERTULIA LITERARIA  “QUEREMOS TANTO OS LIBROS”
 
A nosa proposta para maio é : “A TERRA CANTADA”  de  Camilo Nogueira (Ed. Xerais) 
con Antonio Araúxo 30 de maio  (martes), as 20:30 h. en Libraida (Gondomar)
 CONTAREMOS COA PRESENZA DE CAMILO NOGUEIRA
 


 

Chan do Cereixo - Escavación e Curso de Extensión universitaria

Correo-e Imprimir PDF
Investigación Arqueolóxica en Prehistoria: 
Chan do Cereixo
 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL