Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A parroquia de Valadares organiza o vindeiro sábado o seu 11º Serán.

Correo-e Imprimir PDF

 

Serán en ValadaresA Comisión de Veciños de Valadares organiza o seu 11º Serán o vindeiro sábado 11 de maio a partir das 22 horas. A comisión de Cultura e festexos convida a persoas e institucións que desexen participar a  achegarse ese día á “Casa de Montes”  (Baile Vello) para gozar dunha xornada de canto e bailes tradicionais. Haberá servizo de comida e bebidas para os participantes.

Este martes o Club de lectura Sete Vidas adéntrase nunha viaxe literaria polo continente africano.

Correo-e Imprimir PDF

 

Andre KaminskiO martes 7 de maio, ás 20:00h, o club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, reunirase de novo na Biblioteca de Gondomar para falar da lectura recomendada para este mes. Trátase da obra Os xardíns de Mulai Abdalá, do escritor e reporteiro suízo, André Kaminski , editada pola editorial Rinoceronte. A versión orixinal en alemán foi levada ao galego pola tradutora Ana María Abeleira Liste, residente na Suíza.

Inscricións abertas para un curso gratuíto de operador de carretillas en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

slide1 carretilla_elevadora-628x400A Concellería de Formación e Emprego de Gondomar xunto coa Antena da Cámara de Comercio de Vigo ofrecen 20 prazas para un curso gratuíto de operador de carretillas elevadoras . O mesmo, de 8 hora de duración se impartirá os días 20 e 21 de maio de 9:30 a 13:30 horas.

A Escola de cine e teatro Val Miñor inaugura este sábado os seus cursos no Casino de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

rodaje-2Os amantes das artes escénicas terán na bisbarra un espazo onde dar os primeiros pasos na actuación diante cámaras ou nas táboas teatrais. Os actores Antela Cid e Fran Peleteiro acaban de lanzar a Escola de cine e teatro Val Miñor que a partir deste sábado ás 12 horas comezará a impartir cursos no Casino de Sabarís.

Convocatoria 2013 ao VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

 

Díptico 2013 Página_1O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.

Escrache e persecución dos preferentistas aos alcaldes do Val Miñor por impedirlles o acceso ao pleno da Mancomunidade.

Correo-e Imprimir PDF

Alcaldes e concelleiros de Nigrán e Gondomar escoltados á saída do plenoMedio centenar de afectados polas preferentes e subordinadas manifestáronse este martes ás portas do Concello de Baiona onde tiña lugar o pleno da Mancomunidade do Val Miñor. Un  cordón policial integrado por membros da policía local de Baiona e Nigrán e da garda civil foi o encargado de impedir o acceso dos manifestantes e incluso de algúns concelleiros, á sesión plenaria. Á saida do pleno, os alcaldes de Gondomar e Nigrán foron seguidos polos aforristas, mentres a casa do alcalde de Baiona foi obxecto dun “escrache”.

Libro de Alberto Quian (Galicia Confidencial) analiza o impacto mediático e político de WikiLeaks

Correo-e Imprimir PDF

WIKILEAKS-O responsábel de redes sociais do xornal colborador Galicia Confidencial, Alberto Quian, publica un libro no que analiza polo miúdo a estratexia de comunicación e de difusión de WikiLeaks para facer impactar as filtracións masivas de documentos secretos de gobernos e corporacións na opinión pública.

Representantes da CUT ocupan a sede da Confederación de Empresarios de Galicia en Compostela.

Correo-e Imprimir PDF

 

altRepresentantes da CUT están ocupando nestes momentos a sede da Confederación de Empresarios de Galicia en Compostela. Durante esta ocupación ofrecerán unha rolda de prensa para presentar a manifestación do 1º de maio convocada por CUT, CNT e as Asembleas Abertas de Estudantes.

Torneos de Tute, bingo social e unha cea con baile animan a semana na parroquia de Parada.

Correo-e Imprimir PDF

A Comisión de Festas de Santiago e Santa Ana 2012/2013 de Parada, Nigrán, celebra un variado programa de actividades para esta semana:

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL