Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A Xunta multa con 1.200 euros diarios a Autoestradas de Galicia ata que repoña o cobro manual nos postos de peaxe .

Correo-e Imprimir PDF

peaxe-vincios-A Axencia Galega de Infraestruturas fixa un importe de 300 euros por día de retraso e praia de peaxe na que non se repoña o cobro manual 24 horas. A medida afecta ás áreas da Ramallosa I, Ramallosa II e Porto do Molle (autoestrada AG-57) e Pastoriza (AG-55)

Marisa Irimia presenta “O misterio das cinco portas” na VI Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

marisa-irimia- Será o mércores 24 de abril a partir das 18:30 horas. A entrada é libre.

Con motivo da celebración da Semana do Libro e a Lectura, organizada pola asociación Espazo Lectura en colaboración co Concello de Gondomar, a Casa da Lectura (Donas) acolle unha sesión de dinamización especial da man da contadora e ilustradora Marisa Irimia.

A Asociación de Empresarios do Val Miñor (OVALMI) crea a Asociación Hostaleira de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Empanadas gallegas-diversia- A iniciativa contará coa colaboración do Concello de Gondomar a través da Concellaría de Turismo e Comercio.

- A primeira actividade no municipio da nova asociación terá lugar os días 17, 18 e 19 de maio, coa celebración do I Certame da Empanada.

A escola infantil “As Dunas” de Panxón festexa o día do libro inaugurando a súa nova bibliioteca.

Correo-e Imprimir PDF

Este martes 23 de abril, día do libro, as 16:30, a escola de educación infantil “As Dunas” de Panxón inaugura a súa biblioteca escolar. No acto inaugural desvelarase o nome elixido para a biblioteca ehaberá unha animación para o alumnado, que contará coa presenza da escritora Olalla González e o ilustrador MarcTtaeger. O público poderá participar dunha charla a cargo de Patricia Rodríguez Hermello, titulada “Sementando lectores”.

Ex director de Caixanova Gondomar "os traballadores tamén fomos enganados coa venda de productos tóxicos"

Correo-e Imprimir PDF

garcia crego entrevista- Emilio García Crego, ex director da oficina de Caixanova en Gondomar desafía ao presidente de NovaGalicia Banco, José María Castellano, a que desminta publicamente a información relativa aos traballadores das caixas. "Foron tan enganados como os afectados na venda de produtos tóxicos", en referencia as accións preferentes e débedas subordinadas.

Anunciase ocupacións nos centros de ensino do Val Miñor para este xoves 25 de abril.

Correo-e Imprimir PDF

marea negra-Prográmanse peches nocturnos de docentes, alumnos e pais para o xoves 25 nos centros de ensino de Baiona, Gondomar e Nigrán organizados pola Coordinadora de Centros comarcal, encontra da LOMCE e os recortes orzamentarios ao ensino público.

-O mesmo día ás 17 horas, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público desenvolverá un peche con actividades culturais no IES Terra de Turonio de Gondomar.

350 nenos participarán nos “Contos na Coelleira” para celebrar o día do libro en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

 

Este próximo martes 23 de abril, Día Internacional do Libro, Espazo Lectura, coa colaboración do Concello de Gondomar, organiza Contos na Coelleira, unha acción lectora escolar na que van participar 350 nenos e nenas de sete colexios da zona: CEIP Souto-Donas, CEIP Chano Piñeiro, CRA Antía Cal, CEIP Serra-Vincios,  CEP Neira Vilas (Peitieiros), CEP de Sabarís e CEIP Carlos Casares (Vilariño). Esta actividade forma parte da programación especial que Espazo Lectura ofrece en Gondomar desde o 22 ata o 27 de abril para celebrar a Semana do Libro e a Lectura.

O Centro Neural de Gondomar acollerá unha charla coloquio sobre o autismo

Correo-e Imprimir PDF

autismo-Será o vindeiro xoves 25 de abril ás 19.30 horas

-No encontro participarán o psicólogo, Santiago Santos e a presidenta da Asociación Autismo Vigo, Esperanza Domínguez

O espectáculo “Tres contos e pico” do grupo Pavís Pavós abre a VI Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

fotoPavisPavosA Semana do Libro e a Lectura 2013, organizada por Espazo Lectura, comezará este luns, 22 de abril, cunha sesión especial do Contomar a cargo do grupo Pavís Pavós e o seu espectáculo Tres contos e pico. Será na Biblioteca de Gondomar a partir das 18:00 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL