Baiona (1 vendo) (1) Invitado(s)
|
Historial de temas de: Parques eólicos ... por tierra már y aire. Mostrando máximo as últimas publicaciónes - (Ultima publicación primeiro)
|
anduriña |
Será a partires do día 9 de marzo - que casualidade- cando comeze a carreira para levarse o trozo máis grande do pastel das eólicas. Si se analiza un pouco polo muido o tema e para botarse a chorar, pois non é facíl de entender que o discurso da necesidade de máis enerxía para consumir se faga a costa do valor máis importante que temos, a natureza. Co discurso das enerxías renovables metese a machado unha fenda na paisaxe e na natureza que non vai a ter cura. Isa moda de minimizar os impactos en aras de grandes beneficios, non é toloerable por calquera que se diga ou se teña por un chisco intelixente e minimamente sensible. Agás, claro, os que son capaces de venderlle a súa vida ao diaño por un puñado de euros, que polo que se ve, inzan coma os fungos cando se súa codicia.
Xa SOS a Serra da Groba da algunha opinión no seu Blog, www.sosagroba.blogspot.com
Botádelle unha ollada e opinade. |
|
Homo sapiens miñorensis |
A verdade é que a capacidade de sorprenderse coas noticias e superada día a día.
Hoxe (01/03/08) publícase en El País, que as grandes fortunas galegas tratan de repartirse o novo Plan Eólico (2.000 novos muíños de vento para os próximos anos) e o máis curioso é que din que confían en que o BNG lles favoreza frente ás eléctricas foráneas.
Parece que estas empresas amosasn certa complicidade coa filosofía nacionalista, pero simplemente se trata dunha cuestión mercantilista. Non se trata de que lles importe Galicia, trátase de intentar convencer de que as empresas, supostamente galegas teñan, a patente para depredar o seu país. Digo empresas supostamente galegas porque saben, coma nós, que os grandes capitais non teñen fronteiras neste mundo globalizado. ¿Cómo contribúen á mellora da calidade de vida de Galicia estas grandes fortunas empresariais? Si conseguisen responder a esta pregunta quizás poderiamos medir o grao de galegas que son. Ó mellor se reflexionásemos un pouco, nos dariamos conta que RENFE como empresa que desenvolve un dos transportes públicos máis sostibles podería contribuir en maior medida a un incremento da calidade de vida dos galegos que as que pretenden secuestrar o vento e que agora resulta que son de corte nacionalista.
Resulta chamativo que no mesmo día que se celebra o día da arribada en Baiona e comenzaba a concepción dun mundo globalizado, nos veñan a falar de localismos anacrónicos e argumentos que só poden convencer a políticos mediocres ou corruptos.
Se de verdade os políticos tiveran un mínimo de sentidiño e responsabilidade non permitirían, en nome do desenvolvemento sostible e a aposta polas enerxías renovables, desfacer o territorio como o están facendo. Se de verdade as multinacionais "galegas" se preocupasen por Galicia apostarían por unha explotación racional dos recursos enerxéticos renovables, sen destruila paisaxe, sen destruir o patrimonio, sen destruir o territorio, garantindo unha mellor eficiencia das infraestructuras eléctricas, contribuindo a un menor consumo enerxético, investindo na eficiencia dos aparellos eléctricos, pero sobre todo dando un servicio eléctrico de calidade |
|
homo sapiens miñorensis |
E mentres as Comunidades de Montes fregan as mans esperando a que lle cheguen os 8000 € por aeroxenerador que fixeron dende que se queimou o monte para rexeneralo? En Oia volven ter problemas coas inundacións por culpa, según din do mal estado do monte, e en Baiona advirten de que poderían volver a ter problemas en Sabarís.
Ó mellor é que pensan usar os muiños de vento como secadores de pelo para secar os barrios que se inunden.
En menudas mans estamos en pleno século 21 !!!!!! pero como sempre: TEMOS O QUE NOS MERECEMOS. |
|
Pinto |
Vou achegar un documento que me chegou hoxe polo emilio.
A ver que opinades.
_base_S PARA A TRAMITACIÓN E XESTIÓN AMBIENTAL DOS PARQUES EÓLICOS DE GALICIA
Páxina 64
Medio cultural e etnográfico
Os recursos culturais e etnográficos non son renovables, e isto, por se mesmo, constitúe o motivo de que se consideren especialmente importantes.
Nalgúns proxectos o principal inconveniente para o seu desenvolvemento estriba no impacto que causan sobre os recursos culturais, tanto arquitectónicos, como lugares históricos, xacementos arqueolóxicos ou áreas de importancia singular pola información ecolóxica, científica ou xeolóxica que conteñen.
Por esta razón o estudo do medio cultural e etnográfico debe incluír ademais dos límites estritos da área de proxecto, as zonas lindantes, xa que poden verse afectadas polas actuacións realizadas.
Incluirá tamén as actividades de carácter recreativo ou turístico, así como festas e tradicións.
Dependendo das características do proxecto e a súa localización, frecuentemente a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural require o desenvolvemento dunha prospección arqueolóxica superficial intensiva, de acordo co establecido no Decreto 199/1997, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Do mesmo modo pode pedir un inventario exhaustivo do patrimonio cultural afectado, obtido como resultado da recollida de datos bibliográficos e do traballo de campo.
Para determinar con precisión o obxectivo dos estudos arqueolóxicos conducentes á elaboración dun EsIA, parécenos oportuno recorrer ó concepto de arqueoloxía preventiva que xa se utiliza nalgunhas lexislacións, a esencia do devandito concepto consiste en describir a realidade de calquera posible xacemento arqueolóxico e a súas manifestacións superficiais, garantindo a súa inalterabilidade.
En consecuencia, dentro do estrico marco dos estudos ambientais orientados á implantación de parques eólicos, consideramos que todo estudo arqueolóxico debe conter os seguintes apartados:
• Descrición e delimitación do ámbito de información.
–Plano de situación.
–Planta xeral indicando as zonas sensibles.
–Fotografías do estado actual.
•Antecedentes históricos e arqueolóxicos da zona estudada.
•Metodoloxía e técnicas aplicadas, con expresa indicación de se responden a un protocolo determinado de actuación.
•Medidas de protección e consolidación do patrimonio.
Equipo redactor
DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL:
José Manuel Álvarez-Campana Gallo
Ángel Antonio García Arias
Jesús Santamarina
José Luis García Ares
ASOCIACIÓN EÓLICA DE GALICIA:
Enrique Anchústegui Quintela
Fernando Quirós González
María Luz Lozano Cerezo
Victoria Villoch Vázquez
Aitxiber Céspedes Casero
Edita
Consellería de Medio Ambiente
Asociación Eólica de Galicia
Depósito Legal
C-0000-2004
© da edición: Xunta de Galicia e Asociación Eólica de Galicia |
|
baionaconsciente |
Non hai discusión sobre se se queima o monte para que se faga ou non. Cáseque nadie sabía do proxecto, a pesares de que se levan máis de 10 anos tomando medións do vento na zona.
O deixa ven claro a exposición pública da Xunta. Trátase dunha declaración de ben de interese público e iso se salta todos os supostos da Lei do Monte. |
|
Pinto |
isto sí é un aproveitamente racional do monte. O modelo de xinzo debería ser un modelo a seguir por todas as comunicades de montes, onde realmente se demostra que o monte poder dar emprego e riqueza ás poboaciósn rurais.
A Xunta apoia con 193.000 euros o proxecto de biomasa de Xinzo
Medio Rural destinará 193.000 euros para a execución do proxecto de aproveitamento de biomasa forestal no monte de Xinzo, en Ponteareas. O custo total do proxecto será de 321.000 euros e pretende apoiar esta iniciativa, que queren estender ao resto de municipios de Galicia. Medio Rural achegará tamén o equipamento necesario para a planta e difundirá a experiencia entre expertos e o sector. Este apoio forma parte dun plan máis ambicioso no que se inclúe o apoio a outras sete plantas para as que se dedicará un total de seis millóns de euros a repartir en tres anos. A intención é que este modelo de aproveitamento da biomasa esténdase por Galicia en 2008. |
|