Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 09/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
A túa opinión (1 vendo) (1) Invitado(s)
Publicar unha nova mensaxe en "A túa opinión"
Nome:
Asunto:
ícono do tema:
non
Código de foro:
 Cor:  Tamaño:   Pechar todas as etiquetas
Mensaxe:

Emoíconos
B) :( :) :laugh:
:cheer: ;) :P :angry:
:unsure: :ohmy: :huh: :dry:
:lol: :silly: :blink: :blush:
:kiss: :woohoo: :side: :S
Máis Smilies
 Anotar código aquí   

Historial de temas de: Creando unha rede horizontal de acción+reflexión
Mostrando máximo as últimas publicaciónes - (Ultima publicación primeiro)
Autor Mensaxe
picolino Hai moita xente que sí participa, e moita outra que non está ó tanto. Sinceramente creo que vivimos con demasiadas presas. � dificil pararse a cambiar algo ou a pensar cando fas mil cousas nun día. Os estudiantes de hoxe, que se supón que son o futuro do mundo, poñamos por caso os universitarios que é no círculo no que me movo. Din que nunca teñen tempo para adicarlle a estas labores sociais, e sen embargo moitos están plenamente concienciados dos problemas do mundo e teñen ben claro a súa opstura. Cando formamos acrexoval fai uns meses houbo compañeiros que se interesaron moitisimo e pareceulles estupendo, pero lamantabanse de non ter temop para colaborar de xeito continuado. � comprensible, ainda que non o defendo, que a xenet prefira tomarse unhas cañas antes que asistir a unha reunión (aínda que se cadra poderíanse face-las dúas cousas...) Non creo que falte xente disposta. Outra idea: se cadra o que falta é cohesión de todas esas organizacións que funcionan independentes, falla a difusión, o movemento da información (tamén é certo que o que non quere non se entera de nada), as relacións interpersoais, cooperación... (¿andaremos máis á nosa bola? ¿somos máis individualistas?) A comunicación de calidade é vital en todo este asunto





¿qué vos parece?



taurozen Non sei, a min pareceme moito supoñer que as persoas que escreven aqui pasan o resto do tempo traballando ou mirando as moscas voar... quero pensar que a maior parte están nas organizacións que citas ou en outras da sua eleción. O que pasa é que no Val hai o qua hai... podese ver nas elecións, na afiliación de calquera das iniciativas que citaches ou no número de socios que ten este sitio depois de tantos anos de andaina gracias o amigo Petrus... Non hai mais cera...
picolino ¿Qué pasa coa xente?





Os usuarios desta web que teñen conciencia do mundo onde viven e non se cortan en criticar o que non aproban. Teñen ben amobladas as ideas na testa e parecen pensar con maior claridade que os políticos, eses "profesionais" da xestion dos servicios e bens públicos.



Este espacio web foi creado gracias a unha persoa e ela soa aportou grandes beneficios á nosa comunidade. Cunha enorme xenerosidade, adica grandes esforzos e horas de traballo para manternos oportunamente informados do que nos importa, do que acontece ó noso arredor máis inmediato. Eu estou profundamente agradecido.



Isto, por outra banda, dame bastante que pensar... Fixate o que conseguiu unha soa persoa. Este é un espacio virtual no que a xente, coas súas aportacións puntuais (críticas comentarios, novas...) manifestan dalgún xeito o modelo ideal de concello que teñen. O seu modelo de vida. Toda ista producción literaria, nos foros e demáis, quizáis sexa para moitos unha vía de escape ás súas revindicacións, á frustración de non poder participar nas decisións políticas, que moitas veces aparecen incoherentes, desmesuradas, grotescas, absurdas, pouco meditadas... Todos estamos ocupados nas nosas cousas, e aproveitamos os momentos libres, tal vez, para participar nestes espacios aproveitando a comodidade e rapidez que as novas tecnoloxías da información posibilitan.

A carga se alixera cada vez que nos expresamos, que comunicamos ó mundo as nosos puntos de vista, os desacordos, as críticas. Expresarnos nos deixa en paz, ó menos temporalmente. E nos reafirma atopar outras persoas que comparten as nosas inquedanzas.





Aquí temos un lugar onde escribe xente comprometida coa relidade do seu entorno, con aptidtudes para sacar boas conclusións. Pero... ¿que trascendencia real teñen as palabras que escriben aquí? Quizás deberiamos pensar para qué nos manifestamos ¿Para realizar un cambio?Tal vez tan só polo impulso de expresarse libremente ¿Cal é o compromiso que temos con esas opinións?





As reflexión son moi necesarias para comezar, son un inicio. E hai que trasladar estes modelos á realidade. Non deixa de ser certo que as palabras as leva o vento...



Por iso asociamonos. Hai asociacións con fins sociais, culturais,etc. Dentro do Val está o Instituto de Estudios miñoranos, as asociacións de veciños, culturais... Tántas cabezas traballando independentemente... Buscando fins persoais e o mesmo tempo sociais. O ben para un, e para os demáis. Nós formamos acrexoval, e temos algunhas ideas na web www.valminor.info/acrexovalweb




¿Qué ten máis valor, a acción ou a reflexión?



Ningunha sen a outra son efectivas





Unha soa persoa deunos esta oportunidade



¿qué pasa coa xente? (e volta e a empezar)







Conceptos chave: iniciativa, participación cidadá, asociación, política, modelo de vida.

:roll:

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.