Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

13 10/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Val Miñor (1 vendo) (1) Invitado(s)
Publicar unha nova mensaxe en "Val Miñor"
Nome:
Asunto:
ícono do tema:
non
Código de foro:
 Cor:  Tamaño:   Pechar todas as etiquetas
Mensaxe:

Emoíconos
B) :( :) :laugh:
:cheer: ;) :P :angry:
:unsure: :ohmy: :huh: :dry:
:lol: :silly: :blink: :blush:
:kiss: :woohoo: :side: :S
Máis Smilies
 Anotar código aquí   

Historial de temas de: Campo de Golf en Nigrán
Mostrando máximo as últimas publicaciónes - (Ultima publicación primeiro)
Autor Mensaxe
Petrium A RUÃ?NA de PRIEGUE, CAMOS e CHANDEBRITO.



Historia dunha idea.



A intención de facer un campo de golf nesta zona é coñecida dende 1988. Lembremos o que publicaba o Faro de Vigo o 15 de marzo de 1989. Daquela, o alcalde de Nigrán ofreceu ós veciños 150 pesetas por metro cadrado, Logo, duplicou esta oferta inicial polo terreo e, dada a negativa dos afectados, chegou a ameazar con abrirlles expedientes polas obras que daquela se estaban a construír, sobre todo, en Chandebrito.



INDICIOS ESPECULATIVOS. A operación encuberta estaría en que o grupo promotor faise con 1 millón de metros cadrados a 300 ptas. Dese conxunto colleríanse 300.000 que se venderían a 5.000, 7.500 ou 10.000 ptas o metro cadrado polo que se recadarían 2.500 millóns de ptas. Todo, cunha inversión de só 90 millóns [de pesetas]. Outros 200.000 m2 destinaríanse a vivendas e hotel. O campo de golf contaría cos 500.000 m2 restantes. Suponse que para esta operación habería unha modificación das Normas Urbanísticas.



"Por otra parte los vecinos de Camos, asesorados jurídicamente, sacaron la conclusión de que era un proyecto inviable. «A pesar de estas posturas tan claras, el alcalde llevó al pleno, la modificación puntual de las Normas del monte de Chandebrito que fue aprobada por los votos del".



Fonte: Montejano, V., Faro de Vigo, 15/08/1989 páxina 14. Máis información en: FdV, 07/03/1989 p. 18. FdV 08/03/1989 p. 19. FdV, 29/07/1989 p. 17. FdV, 20/08/1989 p. 23. FdV, 21/08/1989 p. 12. FdV, 30/10/1989 p. 13. FdV, 03/11/1989 p. 22 e moitos máis...



Logo 16 anos, proponse

Máis información, por ex., en: La Voz de Galicia. Ed. Vigo, 14/12/2004, p. L11.





Campo de Golf de 700.00 metros cadrados e "Sector Residencial" de 127.000 m2.



Campos de Golf: Negócio de Poucos, Ruína de Todos. Monte galego.

Independentemente de como se resolva o problema da propriedade, o monte afectado pasaría de feito a converterse nunha grande finca particular en mans dunha empresa proprietária ou concesionária. Chegarán peches e axentes de seguridade para que, mentres un poucos xogan, os demáis botemos de menos o que supón o monte comunal:



* Un espacio aberto ao tránsito de toda a veciñanza e forasteiros. Lugar onde disfrutamos do ar libre, do deporte, da natureza, do patrimonio cultural, das áreas de lecer...

* Unha fonte de recursos para comuneiros e comuneiras: castañas, recolección de fruma ou pico, cogumelos, piñas, leña, madeira...

O Negocio está no metro cadrado.



O grande negocio dos campos de Golf non está nas cuotas proibitivas que pagan os seus socios. As contas non saen a non ser que o proxecto se acompañe dunha recalificación do terreo; aproveitando a modificación dun PXOM por exemplo. Articúlase así un proxecto urbanístico privado que multiplica por catro (e máis) os beneficios.

O Ouro e o Mouro.



Amortizando o investimento inicial e os gastos ordinários, un campo de golf destas magnitudes ten, de promedio, uns beneficios netos anuais de 1.160.000 euros (192 millóns de pesetas). Según revelóu a prensa de finais do ano pasado 2004 (vid. p. 1), as Comunidades de Montes afectadas cobrarían 84.000 euros (pouco menos de 14 millóns de ptas). Noutras palabras: o 7'4 % (sí, só o sete coma catro %) entre as tres parroquias. Non é mal negocio para estar na ribeira sur da ría de Vigo, no centro dun espacio en proceso de urbanización acelerado, desbocado, desfasado, especulativo, desarrollista e INSOSTIBEL.



Pérdense 70 (setenta) hectáreas de producción de madeira ¿Con que benefício?. Pérdense setenta hectáreas de potenciais produccións complementarias como mel, castañas, landras, cogomelos, carne ecolóxica, etc. ¿A quen interesará o abandono da terra? Normalmente os campos de golf veñen acompañados de grandes promesas de postos de traballo e negócio. A realidade é que a plantilla média dun campo de golf componse dunhas 23 persoas, a maior parte das cales han de acreditar formación específica. Por enriba, as adicadas ao golf soen ser EMPRESAS ENDOG�MICAS que ademáis da súa élite non só montan as súas propias tendas e bares, etc., senón que se dan moitos casos de entrar en competéncia co comércio e a hostelería locais, primeiro con prezos de ganga e logo tirando dos prezos cara arriba.



A água tamén a queren.



Un campo de golf como o que se pretende aquí ten un CONSUMO ANUAL entre 700.000 e 1.000.000 de metros cúbicos (de 700 a 1.000 millóns de litros de água). A mesma cantidade de água que unha nova vila de 8.400 a 12.000 habitantes. Se lle sumamos as novas casas e instalacións que acompañen o proxecto a cifra aproximaríase á do consumo duns 17.000 habitantes.



Os defensores do proxecto recoñecen a dificultade de traela de Zamáns. Consideran aproveitar as águas residuais da depuradora de Nigrán [¡como?] ou abrir pozos para collela dos manantiais da zona. O problema é que estes MANANTI�IS son os mesmos que surten de água ás parróquias afectadas dende tempos inmemoriáis. ¿Cando escasee a auga, con invernos como este 2004-05, quen terá prioridade no seu uso? ¿Os veciños e veciñas ou o Campo de Golf?



Contaminación.



Un campo destas características consume unhas 49 toneladas por ano de fertilizantes; productos con contaminantes abondosos derivados do nitróxeno e de fosfatos. Ademáis consume toneladas de herbicidas, funxicidas, nematicidas, aracnicidas ou mesmo rodendicidas. Tamén se empregan retardadores do crecemento e xéranse lixo, restos de corta contaminados e vertidos accidentais.



A súa TOXICIDADE e variabel, mais cando falamos de grandes superficies con numerosos manantiáis e regatos, acontece que todo este "arsenal" químico ameaza moi seriamente a potabilidade deste recurso vital.

Desmontar o Monte.



A preparación do terreo para a implantación dun campo de Golf deste tipo supón, primeiro, a tala masiva. A CORTA A MATARRASA. Se o impacto ambiental destas talas pode ser mui forte, a posibilidade de cortar as novas fragas de carballos e de castiñeiros que se estiveron a recuperar nestas últimas décadas sería imperdoabel. Logo, efectúase un subsolado, NIV�LASE O TERREO en función da morfoloxía que se lle pretenda dar ó campo de golf. Un campo de golf é un MONOCULTIVO. Excepto, a herba seleccionada como céspede, DESTR�E TODO O QUE HAI. Aplícanse herbicidas sistemáticamente.



O anunciado "Sector Residencial" que acompaña o campo de golf sería unha nova MONSTRUOSIDADE PAISAX�STICA, estilo Gaifar (Nigrán), Toralla (Vigo), etc.

Voces que se Apagan



O campo de Golf pode representar outro exemplo de PRIMAVERA SILENCIOSA. A aplicación masiva de productos químicos conlevaría a desaparición das especies vexetais existentes e a morte da fauna invertebrada. Anfibios, réptiles, mamíferos e aves corren perigo e veriamos ameazado o noso ecosistema.



Patrimonio Arqueolóxico directamente afectado.

Aqueles que planifican a idea dun campo de golf nesta zona, presupónselle deberían coñecer xa o seu valor como patrimonio arqueolóxico e natural. Xacementos do Paleolítico á Idade Moderna. Un legado de máis de 300.000 anos, diverso e ben exemplifcado nun marco paisaxístico de recoñecida beleza. Obsérvese no mapa o sobranceiro número e disposición dos petroglifos, BENS DE INTERESE CULTURAL, e o número dos outros tipos de xacementos ó aire libre e covas afectados.

Obrigados polo espacio dispoñible, esquecéndonos agora das inmediacións -das covas do Folón, de Porteliña, de Peneites... dos petroglifos de Fragoselo, do Carballoso, da Mámoa, do Sueido... dos castros de Priegue, Saiáns, Coruxo, Chandebrito...- que viría a ser a parte do patrimonio arqueolóxico aquí non representada pero igualmente afectada por razóns xeográficas evidentes.















Máis información en: CEM (Coord.) Historia de Chandebrito.Ed. CMVMC de Chandebrito e Concello de Nigrán, 1997; CEM (Coord.) O Folón (Coruxo) e as outras do sur de Vigo. Ed. A.Veciñal de Coruxo, 2004.



EDITORIAL.

¿Por que Concello e promotores non informan directamente e con claridade á cidadanía dos seus propósitos? ¿Estamos dispostos a desentendernos deste plan?



A riqueza desta parte do Val Miñor está na súa natureza e na cultura inmaterial e material de seu. O pretendido TURISMO DE CALIDADE que se busca, fuxirá dun campo de golf maldito por facerse en contra da água, do monte, do patrimonio e da paisaxe herdados. En contra da tranquilidade; potenciando o tráfico privado excesivo. En contra dun territorio tan ricamente dotado de historias e paisaxes que merecen seguir sendo disfrutadas con proxectos e promocións públicos sostibles e máis

respectuosos. O Concello de Nigrán conta dende novembro de 2004 cunha Memoria Preliminar que propón a REVALORIZACI�N patrimonial de Chandebrito. O Concello de Vigo pedíulle en xaneiro de 2004 á Xunta que se integre esta zona no Parque de Arte Rupestre de Galicia. Un campo de golf por desarrollista e insostibel medioambientalmente é incompatible con estes anuncios. Nó C.E. Maúxo levamos publicitando os valores desta parte da nosa veciñanza dende 1990. Por facelo unha vez máis que non quede. En vez de planexar obras absurdas; os políticos - xestores deberían escoitar as reclamacións polo arranxo das estradas xa existentes, pola construcción do alcantarillado, pola recuperación de camiños, fontes e lugares de interese planificando con respecto a nosa terra.



Boletín Especial Informativo editado polo C. E. Maúxo. Vigo 2005.

Enderezo : mauxo@mauxo.com. SELO CEM, 2005
Redaccion [i:7b7f38c519]Por Carlos Méixome. Publicado no Xornal A Peneira





Contra do que se acostuma a dicir, nalgúns aspectos os galegos somos xentes ás que nos gusta a desmesura. Por exemplo, na comida. � ben certo que en xeral somos máis ben retraídos. Mesmo hai quen, medio en broma medio en serio, situou ao pobo galego nunha fase anal caracterizada pola pusilanimidade, polo retraemento, apoucamento e introversión, en contraste coa fase fálica do pobo vasco, en plena explosión expansiva.



Reiteramos pois que consideraríamos o â??sentidiñoâ?? un trazo significativo da personalidade colectiva do pobo galego, se isto existise. Así e todo, dende que a autonomía nos permite xestionar unha parte importante dos cartos públicos téñense producido unhas desaforadas ansias por iso das â??infraestructurasâ??, estradas ata a aldea máis cativa, piscina e pavillón polideportivo por concello, universidade case que por provincia e xa se sabe que aquela vila un pouco grande e que se prece ten que ter aeroporto. Curioso é que outras infraestructuras, que noutros países consideran imprescindibles, como recollida de lixo e reciclaxe, rede de sumidoiros ou mesmo traídas de auga públicas, non sexan situadas no nivel de importancia social das anteriores. Neste val noso a recollida do lixo é un desastre, a reciclaxe non existe, cando menos a _meta_de das parroquias â??ou máis- non teñen rede de sumidoiros e noutras tantas as traídas de auga fixéronas os veciños e polo tanto son privadas.







Pode que no que sexamos decididamente fálicos sexa no de comer e no das festas gastronómicas. Aquí si que superamos todos os â??record Guinnesâ?? habidos e por haber. E que ninguén se nos poña diante. Ese outro día tiven unha reunión cunha asociación de veciños parroquial que nos comunicou, non sen certa fachenda, que tiñan decidido promover a parroquia organizando unha festa gastronómica. ¡Tarde piache! En efecto, o principal problema que tiñan era decidir que froito da terra ou do mar, do río ou do ar, ían escoller para devorar na celebración. Xa que todos estaban collidos. Aquí, na miña parroquia, nas faldras do Galiñeiro, xa tiveron que optar polo xurelo. Non quedaba outro.

[/i:7b7f38c519]
Petrium >>>Ver noticia Nigrán alerta dun perigo de escasez de auga en setembro



>>>Ver noticia El consumo en Nigrán reduce la reserva de Zamáns



Inicialmente el golf era un deporte que buscaba el paseo para desarrollar un juego en un medio donde la naturaleza era el escenario de la actividad. Actualmente es una actividad que se desarrolla en un paisaje artificializado idílico, pero que no tiene nada que ver con su medio natural.



O sea se ha pasado de un juego que usaba el paisaje natural (en otras latitudes diferentes a las nuestras) a una actividad que recrea un espacio de forma artificial, y que hace un uso insostenible de los recursos naturales. La mayor parte de las tecnologías y técnicas que se aplican en los campos de golf provienen de países con unos recursos hídricos y una pluviometría superiores a la nuestra y más en los últimos años que hemos vivido de sequía.



Las especies de hierba utilizadas son importadas de los países centroeuropeos con unos consumos medios de más de 10.000 m3 por hectárea al año. Hay que tener en cuenta que con una alta insolación y la elevada evapotranspiración, esos valores podrían ser mucho mayores. Algunos autores las elevan hasta 15.000m3 por ha.



Hay que añadir a ese consumo del césped la evaporación de los numerosos lagos artificiales que se insertan en los campos de golf o entre estos y las urbanizaciones. Teniendo en cuenta que la superficie de un campo de golf oscila entre las 50 y 150 hectáreas, el consumo anual de agua un campo de golf es del orden de 1 millón de metros cúbicos al año, o el equivalente de una ciudad de 12.000 habitantes.



Muchas veces se ha dicho que los campos de golf consumen aguas residuales depuradas, pero eso no es siempre cierto. La alta salinidad de las aguas residuales las hace muchas veces no apta para el riego del "green", lo que obliga a mezclarlas con agua potable o agua subterránea en proporciones a veces del 50%.



Otro tema a discutir sería si las aguas residuales depuradas sometidas a un tratamiento terciario para regar el campo de golf, deberían utilizarse en actividades agrícolas, de mayor beneficio social, con prioridad sobre los campos de golf.
odolin Desde Málaga, y sabiendo bien de lo que se habla...ya que estamos rodeados de Campos de Golf... totalmente de acuerdo con Taurozen. A saber que aparte de la falta de agua que podemos padecer por aquí en los sures... normalmente cuando se hace un Campo de Golf éste va acompañado de unas construcciones inmobiliarias que desde luego no estan al alcance de cualquier bolsillo... os lo dice alguién que trabaja para más inri en una Promotora Inmobiliaria... y nuestros clientes suelen ser extranjeros y especuladores que dan escalofríos (cuando aparecen con maletines para pagar al contado...). Nuestra riqueza va quedando en manos de todos pero no en las de los ciudadanos autóctonos...
taurozen O pretendido campo de golf vai ser perxudicial para os veciños de Nigrán en diversos aspectos:



En primeiro lugar é unha privatización de feito do monte comunal, polo tanto pasa de ser unha riqueza ecolóxica e forestal que pertence os veciños como propriedade comunitaria, a ser explotado por unha empresa privada, presumiblemente de fora do Val Miñor.



Como non é un Campo municipal, como os que existen no Reino Unido ou Irlanda, os veciños non o van a disfrutar, polo que en compensación do expolio so van a ter eses pagos durante 25 anos, que xe se vería a onde van parar...



Do suposto turismo de inverno que vai xerar, mais vale nin comentar porque a idea debeuselle ocorrer a alguén que fumou porros demais.... ¿de verdade alguén no seu sano xuicio pensa que os xeques do petroleo van trocar Marbella por Candebrito??? anda, deixadevos de coñas...



Un dos atractivos turisticos do que se presume na web do Concello de Nigrán e a biodiversidade deses montes comunais, concretamente falase de raposos, coellos etc en Camos. Non e preciso ser moi listo para saber onde vai ir a parar esa riqueza, se ese plan disparatado segue adiante. E tamén podemos falar do patrimonio forestal deste concello, que para que vamos a enganarnos, fai moitos anos que é mais ben escaso. E recentemente, a autopista e as continuas tomadas para construir o teñen reducido mais ainda, e esta tendencia non parece que se vaia frear, tendo en conta o precio das fincas. Esto fai ainda mais grave a salvaxada que se pretende facer nos montes comunais.



Falase de que o enorme consumo de auga das instalacións non vai reducir a auga da traida do Concello de Nigrán, porque non se vai sacar do rio senón das augas subterraneas. Aqui xa nos están tomando por parvos e ofrecendo a galiña dos ovos de ouro. E unha lección que deberían ter aprendido na ESO, o ciclo da auga. Esta non está en compartimentos estancos, ven toda da chuvia e vai parar o rio, augas subterraneas de onde se saca polos pozos, manantiales que son utilizados nas traidas veciñais, fontes etc. Se sacamos enormes cantidades de auga subterranea, a agua da chuvia ou dos outros sitios onde se almacena vai ter que repoñer a que se sacou, polo tanto vai faltar auga nos pozos ou no rio. E polo tanto vai a escasear a auga ainda mais do que escasea agora.
Redaccion O Concello de Nigrán ultima coas comunidades de montes de Chandebrito, Camos e Priegue a cesión dun terreno de 700.000 metros cuadrados para a creación dun campo de golf.



As autoridades locais mantiveron até a data dous xuntanzas cos comuneiros e esperan chegar a un acordo sobre a sua ubicación definitiva en outro encontro que se celebrará antes de finalizar o ano.



¿Que lle parece?

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.