Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

15 10/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Val Miñor (1 vendo) (1) Invitado(s)
Publicar unha nova mensaxe en "Val Miñor"
Nome:
Asunto:
ícono do tema:
non
Código de foro:
 Cor:  Tamaño:   Pechar todas as etiquetas
Mensaxe:

Emoíconos
B) :( :) :laugh:
:cheer: ;) :P :angry:
:unsure: :ohmy: :huh: :dry:
:lol: :silly: :blink: :blush:
:kiss: :woohoo: :side: :S
Máis Smilies
 Anotar código aquí   

Historial de temas de: O Concello de Nigran imcumple a Lei do Solo de Galiza
Mostrando máximo as últimas publicaciónes - (Ultima publicación primeiro)
Autor Mensaxe
Anónimo Venres 2 de xuño ás 12 do mediodía (salvo que cambien a hora normal de tódolos plenos) Pleno sobre o Plan Xeral de Nigrán no Concello de Nigrán
Anónimo Non estou moi de acordo co que dis, sempre dende un punto de vista estrictamente xurídico (porque semella que estou a cotío a defender ao membros da corporación municipal, cando non hai nada máis lonxe da miña intención, pero hai que cavilar ben o que se comenta).

Respeito aos dous apartados presuntamente infrinxidos do artigo 100 da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural da Galiza (tamén chamada LOUG, ou coloquialmente, Lei do Solo) coido que hai que diferenciar ben entre ambos, xa que un deles non dá lugar a dúbidas. Refírome ao apartado 2. Na miña opinión non se pode considerar en absoluto infrinxido, dado que o seu significado práctico é que ti podes pedir no Concello o que se vén denominando unha "cédula urbanística" dunha parcela. � obriga da Administración entregar no prazo máximo de tres meses unha ficha desa finca na que se detallen as condicións urbanísticas da mesma (clasificación do solo, uso, edificabilidade -se a houbese-,...). Esa cédula urbanística faise sobre o planeamento ou normas subsidiarias vixentes que, na actualidade, mália todo, son as do ano 1991 (aproximadamente, non lembro o ano con exactitude). Polo tanto, non vexo o problema co apartado 2 do artigo 100 LOUG.

En canto ao artigo 100.1 LOUG, coido que debemos ser máis cautelosas e cautelosos na súa interpretación. Segundo doutrina autorizada (como din os e as xuristas lerchos e lerchas), citando por exemplo a Ricardo Santos e Julio Castelao, enténdese que existe planeamento unha vez foi aprobado inicialmente. � dicir, é certo que se pode consultar e obter copias e demais do Plan durante a súa tramitación, pero esta enténdese iniciada unha vez fose aprobado, ao menos, inicialmente. Non estaríamos aínda no caso e, en conclusión, non habería infracción.

Non embargantes, a hermenéutica é cousa dos e das xuices e xuizas, a única interpretación válida é a dos tribunais. Por se te animas, aí foi a miña humilde opinión, co ánimo de que evites os riscos innecesarios.

Un saúdo.
Anónimo O Concello de Nigran incumple a Lei do Solo no seu artigo 100



Como poden ver nos apartados 1 e 2 son incumpridos polo Concello o non facer

publico o novo PXOM





DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Lei do Solo de Galiza



Artigo 100.

Publicidade

1. Os instrumentos de ordenación urbana, con tódolos seus documentos, tanto se se atopan aprobados coma durante a súa tramitación, serán públicos e calquera persoa poderá, en todo momento, consultalos, obter copias deles logo do pagamento do prezo correspondente e solicitar información sobre eles no concello.

2. Toda persoa terá dereito a que o municipio correspondente a informe por escrito sobre o réxime e condicións urbanísticas aplicables a un terreo concreto ou ó sector, polígono ou ámbito de planeamento no que se atope incluído.

Esta información deberá ser facilitada por parte da Administración municipal no prazo máis breve posible e, como máximo, no de tres meses, contados desde a presentación da solicitude no rexistro municipal.

3. Os concellos deberán regular, mediante a correspondente ordenanza, a cédula urbanística dos terreos ou edificios existentes en solo urbano e urbanizable.

� expedi-la cédula, se o plan estivese en proceso de modificación ou revisión, farase constar expresamente esta circunstancia nela.

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.