Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 10/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Outros (1 vendo) (1) Invitado(s)
Publicar unha nova mensaxe en "Outros"
Nome:
Asunto:
ícono do tema:
non
Código de foro:
 Cor:  Tamaño:   Pechar todas as etiquetas
Mensaxe:

Emoíconos
B) :( :) :laugh:
:cheer: ;) :P :angry:
:unsure: :ohmy: :huh: :dry:
:lol: :silly: :blink: :blush:
:kiss: :woohoo: :side: :S
Máis Smilies
 Anotar código aquí   

Historial de temas de: PLANES DE URBANISMO, EL NEGOCIO DE LOS POLÃ?TICOS
Mostrando máximo as últimas publicaciónes - (Ultima publicación primeiro)
Autor Mensaxe
Anónimo As penas de prisón por delitos urbanísticos é, a grandes trazos, de seis meses a dous anos cando se trata de levar a cabo unha edificación non autorizable en solo non urbanizable e de seis meses a tres anos cando se trata de construcións non autorizadas en solos destinados a viais, zonas verdes, bens de dominio público ou lugares que teñan legal ou administrativamente recoñecido o seu valor paisaxístico, ecolóxico, artístico, histórico ou cultural, ou polos mesmos motivos foron considerados de especial protección.

Non sei ben a que te referías co delito urbanístico, pero tamén hai privación de liberdade de seis meses a dous anos para os funcionarios ou autoridades que informan favorablemente proxectos ou conceden licenzas contrarias ás normas urbanísticas (ademais de inhabilitación de ata dez anos, igual que para os casos de prevaricación por outros asuntos).

Ben é certo que non é moito, pero eu particularmente dubido bastante de que aumentar a pena de privación de liberdade tivese un efecto disuasorio neste tema. E non é por entrar en filosofías penais, pero o cárcere como mero castigo non ten moi senso, se ao saír non se sacou nada en limpo (xa dicía Lombroso que "o cárcere é a universidade do crime").

Realmente, non sei cal pode ser a solución para rematar coa corrupción urbanística, porque na actualidade é unha actividade suxeita a moitos mecanismos de control. Quizais o cambio de sistema podería ser unha solución (houbo propostas interesantes hai anos por parte da esquerda no Estado, e tamén está ben botarlle unha ollada aos modelos europeos, especialmente os nórdicos, actuales, e antigos que viñeron abaixo pola evolución cara o capitalismo desas sociedades). O problema de raíz, non obstante, é na maior parte dos casos a falta de honradez dos políticos e iso é difícil de correxir cando median moitos cartos (non hai cárcere, nin inhabilitación, nin desprestixio público que poida con iso).

Respecto ao da criminalización das veciñas e veciños, nada máis lonxe da miña intención, sobre todo canto estamos a falar de Nigrán. O das leiras como soares era unha apreciación xenérica que non se pode negar (referíame aos solos indubidablemente rústicos, pensando nos municipios con parroquias enteiramente rurais, o que se dá bastante en moitas comarcas galegas, como a Terra Chá). No caso de Nigrán, claro que son lexítimas as protestas veciñais. Non vou comentar polo longo o que todos e todas (ou a maioría, ao menos) sabemos e defendemos, e é que carece de sentido aumentar a presión urbanística na costa co beneficio de entidades mercantís que mercaron o solo a catro patacóns, en detrimento de pequenas propietarias e propietarios do interior que teñen solos con características aptas para ser considerados como solo urbano ou de núcleo rural.

Con todo, non debemos esquecer que toda reivindicación neste eido é lexítima sempre que se realice un bo planeamento que garanta os servizos a toda a cidadanía (e entramos no polémico tema das EDAR-depuradoras-), que dote ao municipio de equipamentos de todo tipo, e que o deseñe de xeito harmonioso.

Agardemos que o seguinte PXOM de Nigrán cumpra eses requisitos e non obedeza a intereses partidistas de ningún bando (e sen entrar en controversias de novo, que a miña postura coido que está clara), nin de políticos, nin de promotores e contrutores, nin da cidadanía sen sentidiño.
Petrium [quote:6eccf9524b="aldara"]A triste realidade é que o urbanismo é, polo xeral (o que non quere dicir que non haxa excepcións) nas vilas pequenas, un negocio para moitos: os políticos, que queren sacar tallada, senón económica si vía "non importa estragar o municipio se os pequenos propietarios están contentos" (o tradicional deixar facer e mirar para outro lado); os pequenos propietarios que pensan que toda leira é un soar, e se saben que non é ásí, loitan por que o sexa; o sector da construcción...

Isto en canto á primeira mensaxe. No que se refire á segunda, para min é positivo que para a elaboración do Plan se conte coas asociacións veciñais (aínda que é obvio que non representan aos veciños e veciñas). Porén, non creo tampouco que sexa a panacea. Conste que descoñezo completamente o seu funcionamento interno e, no caso de Gondomar, ás persoas que ás integran, pero teño as miñas dúbidas de que a súa participación lle vaia a otorgar a Gondomar o premio do Programa Hábitat da ONU. Que a súa voz debe ser escoitada é indubidable, pero tamén é interesante que se conte con todos os axentes sociais. Debería participar ademais na redacción e elaboración do novo PXOM de Gondomar (e de todos os concellos do Val Miñor), o Instituto de Estudos Miñoranos, o Clube Mauxo, o movemento ecoloxista, as asociacións de mocidade...Falo dende a ignorancia, que quizáis si foron convidados, que me corrixa alguén se estou errada.[/quote:6eccf9524b]



Estou de acordo contigo en que deben ter voto e voz na redacción dun PXOM todos os activos sociais da comarca. O que si é certo é que esa voz en Nigrán, por exemplo, xa quedou anulada polo alcalde e a súa moción aprobada no último pleno.



Referente ao dos propietarios, e referente a unhas opinións xeneralizadas na que se fala dunha criminalizacion do cidadán non é certo. E isto é un agravio comparativo.

O paisano o que realemente pide e XUSTIZA para todos por igual, e iso é o que non se cumpre neste puñetero pais de ladróns e mafiosos.



A xustiza ten 2 varas de medir en todo isto. A pena máxima por delitos urbanísticos, e corríxeme se non é certo, vai de 6 meses ate 2 anos, máximo. Iso quere dicir, que se non tes antecedentes ate ao mellor con pagar somentes unha fianza sae libre da charanga.



Unha fianza que non se achega as cantidades recibidas polos teus delitos.

Co cal queda compensado.



Que che dan unha inhabilitación de cargo público por 4 ou 6 anos, non pasa nada. Ahí tes a Chicho en Baiona, inhabilitado non sei cantos anos e 8 anos leva de concellal en Baiona. Porque o políticos, ao contrario da xente, non teñen vergonza nin dignidade nengunha.



Por iso digo que as escopetas están apuntando mal. O veciño non quere construir na súa leira, o veciño quere construir na súa leira porque a leira do lado é igual a súa pero quen constrúe é a promotora Pepito Perez que é amiga de Fulanito Lopez.

Entón, se a el non lle deixan construir, na leira do veciño tampouco se debe construir porque ante a lei somos todos iguais.



E no medio disto están as picardías de moitos que compran a túa leira, a mesma que so vale para plantar patacas, e mandan unha mole de chales ilegais. Cando non tería o mesmo impacto o construir unha cas ade planta baixa.
Anónimo A triste realidade é que o urbanismo é, polo xeral (o que non quere dicir que non haxa excepcións) nas vilas pequenas, un negocio para moitos: os políticos, que queren sacar tallada, senón económica si vía "non importa estragar o municipio se os pequenos propietarios están contentos" (o tradicional deixar facer e mirar para outro lado); os pequenos propietarios que pensan que toda leira é un soar, e se saben que non é ásí, loitan por que o sexa; o sector da construcción...

Isto en canto á primeira mensaxe. No que se refire á segunda, para min é positivo que para a elaboración do Plan se conte coas asociacións veciñais (aínda que é obvio que non representan aos veciños e veciñas). Porén, non creo tampouco que sexa a panacea. Conste que descoñezo completamente o seu funcionamento interno e, no caso de Gondomar, ás persoas que ás integran, pero teño as miñas dúbidas de que a súa participación lle vaia a otorgar a Gondomar o premio do Programa Hábitat da ONU. Que a súa voz debe ser escoitada é indubidable, pero tamén é interesante que se conte con todos os axentes sociais. Debería participar ademais na redacción e elaboración do novo PXOM de Gondomar (e de todos os concellos do Val Miñor), o Instituto de Estudos Miñoranos, o Clube Mauxo, o movemento ecoloxista, as asociacións de mocidade...Falo dende a ignorancia, que quizáis si foron convidados, que me corrixa alguén se estou errada.
Anónimo ¿Como é a farsa ista dos representantes veciñais no concello de Gondondomar?

Di a prensa que o alcalde de gondomar e o concellal de urbanismo vaise reunir cos representantes veciñais das parroquias do concello de gondomar para que non lle pase, co PXOM, como a seu colega o alcalde de Nigran.

E preguntome eu?. ¿Quen son os representantes veciñais do Concello de Gondomaar? ¿Cantas asociacións veciñais hay nas parroquias do concello? ¿Cantas hay en Donas, e en Couso, en Chain? e en Pitieiros? etc. A canta xente representan?. A cantos veciños?. Quen lle otorgou esa representación?. ¿ O Sr. Alcalde con decirlle a prensa que se vai reunir cos representantes veciñais xa lle da unha pátina de legalidade o PXOM?. Ten vergoña o Sr. Alcalde? E o concellal de robanismo, ten vergoña? ou tela e un impedimento para ostentar o cargo?.

Que se reunan con quen queiran, que fagan o que lles de a gana. Que así vai ser coa miña autorización ou sin ela, pero que non o fagan no meu nome. Ninguen ten a miña representación porque no concello de Gondomar non hay ningunha institución, salvo o Concello, que me represente.

Sr. Alcalde, as mans as ten libres para facer o que queira co PXOM pero non intente convencernos de que as ten limpas. Polomenos, eu non o creo.
Anónimo planes de urbanismo, el negocio de los políticos .





Universidad Internacional Menendez Pelayo

«El urbanismo es un perverso método de financiación indirecta de los partidos»





El magistrado del Supremo Martín Pallín propone el incremento de penas para los «funcionarios que se dejan sobornar» y los promotores que se lucran ilegalmente



José Antonio Martín Pallín, magistrado del Tribunal Supremo, denunció ayer en la UIMP, que «el urbanismo es un perverso método indirecto de financiación de los partidos porque nadie ha querido agarrar el toro por los cuernos y hacer una ley de financiación equiparable a otras que existen en la Unión Europea». El magistrado se lamentó de las escasas penas con las que se condenan este tipo de conductas, que no pueden ser calificadas como «delitos menores», por lo que demandó una mayor persecución para «los funcionarios que se dejan sobornar» y «los promotores que se lucran con estas actividades». En concreto, propuso incrementar las penas actuales (de dos a cuatro años) para situarlas entre los ocho y los diez.



Pallín apostó por la creación de «un organismo centralizado» que colabore en la planificación urbanística y «pueda llamar la atención e incitar a los tribunales a actuar», lo que a su juicio se podría conseguir sin vulnerar el principio de la autonomía municipal, que se utiliza como «excusa demagógica» para no ejercer un control estricto sobre este tipo de actividades. Máxime cuando se trata ya de un problema «supranacional», puesto que «el más de medio millón de ciudadanos de la UE que viven en España ya ha puesto más de 15.000 quejas al Parlamento Europeo» por la actuación de los promotores, «que se han convertido en depredadores del terreno en connivencia con los ayuntamientos».



A su juicio, y siempre «respetando absolutamente» la autonomía municipal, ésta no se puede entender como la imposibilidad de «corregir, fiscalizar o paralizar planes urbanísticos» que signifiquen una fuente de ingresos para los ayuntamientos «a costa de vulnerar la legalidad».



«Detrás de eso vienen la corrupción, los sobornos, la especulación y destrucción del hábitat», denunció Pallín al referirse a muchas de «esas fastuosas promociones inmobiliarias que no llegan al 40% de viviendas habitadas», mientras que el 60% restante pertenece a «inversores que utilizan el ladrillo para lavar el dinero negro».



En este sentido, instó a que la Justicia paralice los planes urbanísticos «hasta que se decida sobre su legalidad», y puso como ejemplo el proceso que se ha seguido en la opa de E.ON. El miembro de la Sala Segunda señaló que si este tipo de actuaciones se analizaran «en un plazo razonable de un año» la paralización no supondría ninguna dificultad para que los ayuntamientos pudieran seguir prestando sus servicios. «No se puede resolver sobre un plan urbanístico a los diez años, cuando ya está prácticamente desarrollado, y volar todo lo que está hecho», se lamentó Pallín, para quien «el urbanismo es demasiado importante para dejarlo en manos de los ayuntamientos».



El magistrado apoyó estas afirmaciones con el ejemplo de Marbella, que a su juicio «está completamente extendido», también en la costa del Cantábrico, de la que citó como caso más evidente la provincia de Lugo. www.aedru.org

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.