Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 10/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Nigrán (1 vendo) (1) Invitado(s)
Publicar unha nova mensaxe en "Nigrán"
Nome:
Asunto:
ícono do tema:
non
Código de foro:
 Cor:  Tamaño:   Pechar todas as etiquetas
Mensaxe:

Emoíconos
B) :( :) :laugh:
:cheer: ;) :P :angry:
:unsure: :ohmy: :huh: :dry:
:lol: :silly: :blink: :blush:
:kiss: :woohoo: :side: :S
Máis Smilies
 Anotar código aquí   

Historial de temas de: Xestión do alumeado e outras infraestructuras en Nigrán
Mostrando máximo as últimas publicaciónes - (Ultima publicación primeiro)
Autor Mensaxe
Juan Hola a todos,



despois do que sae na prensa acerca da recollida do lixo en Nigrán, coido que deberiamos asistir ó pleno do concello este venres onde, posiblemente se aprobará a duplicación da taxa por recollida do lixo neste concello.



Como non sexamos os veciños os que nos movamos e vexamos polo noso concello, IMOS APA�ADOS.
picolino [b:1a4eaa4f6f]Unha pequena ollada á xestión do alumeado e outras infraestructuras públicas no Concello de Nigrán.[/b:1a4eaa4f6f]



[i:1a4eaa4f6f]Conceptos chave: alumeado público, Nigrán, Praia América, Panxón, Camos, Chandebrito, Parada, Ramallosa, Gondomar, pavimento empedrado, contaminación acústica, política enerxética.[/i:1a4eaa4f6f]





[u:1a4eaa4f6f]O alumeado eléctrico estradal está mal e inxustamente distribuído e deteriorado[/u:1a4eaa4f6f].



A falta de mantemento da rede de alumeado público de Nigrán é un feito constatable por calquera que transite as súas rúas. O estado das instalacións de alumeado estradal é deficiente. Unha parte importante das farolas non funciona axeitadamente, sendo habitual que as bombillas estean fundidas ou parpadeen indefinidamente. Por outra banda, a distribución dos puntos de luz é heteroxénea e non se adapta ás necesidades dos distintos núcleos de población do Concello. En moitas das estradas principais, que soportan o maior tránsito rodado da comarca, hai numerosos puntos escuros na calzada polas bombillas fundidas, como acontece por exemplo nas estradas que confluyen no centro da Ramallosa: avenida Manuel Lemos, avenida de Portugal (que comunica Nigrán co Concello veciño de Gondomar), estrada pola Vía. Tamén son chamativos os contrastes entre os lugares da comarca, pois as carencias que comentei non afectan curiosamente a tódalas víaspor igual. Mentres que en vías importantes o alumeado é insuficiente e está deteriorado, nas zonas máis turísticas, como nos paseos marítimos de Panxón e Praia América, existe unha iluminación excesiva. Nalgúns lugares as farolas atópanse espaciadas entre sí apenas uns poucos metros, como ocorre na rúa cidade de Vigo, en Panxón. Máis graves todavía son as carencias de alumeado que sofren os lugares de interior, os non costeiros, particularmente nas parroquias de Camos, Chandebrito e Parada, unhas zonas que a pesar de seren privilexiadas en moitos aspectos, son historicamente as â??grandes esquencidasâ?? na política local. Abonda dar unha volta de noite polas rúas e camiños destas parroquias para decatarse da apariencia descoidada que presentan. Naturalmente, as carencias tamén afectan a outras infraestructuras, como as estradas, o sistema de saneamiento e a recollida de lixo.





[u:1a4eaa4f6f]Outras infraestructuras. Deficiencias e propostas para mellorar [/u:1a4eaa4f6f]



As vías públicas das zonas rurais de Nigrán son na súa maioría camiños, todavía en bastantes casos en condicións pésimas para a circulación, cheos de buratos, gravilla� A cotío están a medio asfaltar, arranxados cos habituais parches de piche ou sinxelamente son camiños de terra. Sabido é que o asfalto nestas vías estrágase en menos tempo pola presencia de diferentes axentes: terra e area dos campos, tránsito de animais, erosión debida á abundante vexetación� ¿Cómo se poderían acondicionar as vías rurais como se merecen?



En Portugal hai pobos de camiños empedrados con adoquíns, coma os que atopamos en tantas cidades e pobos nos cascos vellos (Vigo, Gondomar,� ). O pavimento de empedrado, lonxe de ser un sinal de atraso, semella unha boa alternativa fronte ó moderno asfalto nas zonas rurais. Por unha banda adáptase mellor ás súas necesidades pola súa maior durabilidade e por outra respecta a concepción orixinal destes camiños, como paso entre as vivendas do lugar a velocidades moderadas e sen delimitación de carrís, o que contribúe a preservar certos aspectos da calidade de vida no rural, onde a contaminación acústica debería ser mínima. Deste xeito ninguén tería que lamentarse dos conductores ruidosos amantes dos rallies rurais, que tanto abondan. Pola contra, quizáis o principal inconvinte deste pavimento sexa o seu maior coste, unha inversión que, sen embargo, podería vir amortizada co tempo por parte dos Concellos. Naturalmente, todos sabemos que as políticas de conservación do patrimonio e optimización do gasto público (criterios de calidade, durabilidade, aforro de enerxía, inversións ó longo prazo�) non son habituais en Galicia, tanto menos canto máis descendemos á escala local. En Italia, debido a políticas enerxéticas equivocadas no pasado, o prezo da enerxía eléctrica e da gasolina é casi prohibitivo para os cidadáns e os Concellos. Resulta curiosísimo ver que as farolas das rúas, por todas partes dunha cidade, teñen bombillas de aforro. ¿Imaxínanse una situación así en Galicia, coa abundancia de enerxía que temos?



Continuará�













Senén Costas (ACREXOVAL)

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.