Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

11 10/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Gondomar (1 vendo) (1) Invitado(s)
Publicar unha nova mensaxe en "Gondomar"
Nome:
Asunto:
ícono do tema:
non
Código de foro:
 Cor:  Tamaño:   Pechar todas as etiquetas
Mensaxe:

Emoíconos
B) :( :) :laugh:
:cheer: ;) :P :angry:
:unsure: :ohmy: :huh: :dry:
:lol: :silly: :blink: :blush:
:kiss: :woohoo: :side: :S
Máis Smilies
 Anotar código aquí   

Historial de temas de: La obra interminable
Mostrando máximo as últimas publicaciónes - (Ultima publicación primeiro)
Autor Mensaxe
Pinto Nestes días poidemos escoitar aos populares de Gondomar queixándose do avance das obras do saneamento.

Y que lonxe de xustificar a súa actitude, a verdade é que a situación non é alentadora.



Eu a verdade é que non entendo como existen persoas que ainda dan a cara para esixir cousas deixandose en evidencia a eles mesmos. Xa sei que o Val Miñor é sitio distinto, ou mellor dito España é sitio distinto, pero non concibo que en 3 meses se poda esixir a un goberno que faga todo o que non fixo o anterio en 4 anos, por non remontarnos. O que si é certo é que o estado de Borreiros é lamentable. Pero iso non é outra cousa que a falta de control por parte da adminsitración local sobre estes paisanos. Eu non sei realmente cales son os posotos que existen no concello de Baiona pero estou seguro de que ten un xefe de servizos vias e obras,...pois machiño, terá que xustificar o seu soldo si é esta a súa función e se está a altura do seu posto de traballo. REVISAR que todo vai como ten que ir.



O certo é que todos sabemos que traballar para a adminsitración son as ventaxas que ten, se o teu xefe non che aprieta no trabllo non te preoucpes que a adminsitración non o vai facer , salvo que teñen eleccións á vista. E iso é o que pasa en borreiros. Hoxe picamos alí, marchamos a tomalo bocata, volvemos, entre que recollemos media hora antes, entre que un vai buscar unha pala o outro a piquyeta, e o outro non pode traballar porque lle falta un guante, a cosa se alarga no tempo indefinidamente ata que alguen dá un golpe na mesa e lles pon as pilas. Si é que pode, porque moitas veces os contratos son de real impotencia como ocorre co servizo de lixo en Nigrán con CESPA. Ante isto, pois non queda outra que presión cidadá para que as cousas se fagan como teñen que ser e non sigamos sendo concellos de outras latitudes non acordes aos impostos que pagamos.



Isto xa se padeceu na estrada de subida a Viso de Calvos. Un treito que tardou máis de 8 anos en asfaltarse. E que segundo á diputación provincial foi un tema de cartos. Pero ninguén se fixo a seguinte pregunta. ¿Como é posible que non cheguen os cartos para facer unha estrada presupuestada? Dito doutra maneira ¿Como é posible que si se presupeusta que unha estrada de X km custa X diñeiro, con ese diñeiro sómentes dea para asfaltar a _meta_de? Onde están os cartos, ou dito doutra forma, que fixeron cos cartos do custe de asfaltar a outra _meta_de?...



Por si alguén ainda segue sen entender o asunto.

Poñamos un exemplo.

Sacan a concurso a licitación dunha obra pública.

Pavimentado, asfaltado e saneamento de 5 km de estrada...patatín patatán.

Preséntanse ás empresas ao concurso e din. Pois fulanito de tal fai a obra por 20 millóns, o outro fai a obra por 22 pero ademáis da servizo de reparación de baches durante o primeiro ano, etc...

A adminsitración provincial elixe a quen darlle o concurso. Isto sin non é un negociado (outra modalidade de adxudicar as obras).



Entón a empresa Machiño S.L. fai a obra completa por 25 millóns.

Comezans as obras e ao chegar á _meta_de, é dicir aos 2,5 Km dinlle a adminsitración. Amigos, ata aquí podo asfaltar, o que queda non chegan os cartos.

Carallo? entón quen fixo mal as contas?

Se a fixo a empresa ten que comerse o marrón, diso non hai dúbida.



O que non se entende é que adminsitración volva a por diñeiro para rematar a estrada.

E iso foi o que pasou na subida a Viso de Calvos. A carretera que vai den Sabarís a Tomiño.

Tardou 8 anos en facerse por mor de que non chegaban os cartos. Alguén concibe isto?



O que por desgracia non fixemos os mundanos foi calcular a como saiu o Km desta carreteriña, ao mellor levamos a sorpresa de que é un tramo de ouro.

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.