Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

11 10/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Baiona (1 vendo) (1) Invitado(s)
Publicar unha nova mensaxe en "Baiona"
Nome:
Asunto:
ícono do tema:
non
Código de foro:
 Cor:  Tamaño:   Pechar todas as etiquetas
Mensaxe:

Emoíconos
B) :( :) :laugh:
:cheer: ;) :P :angry:
:unsure: :ohmy: :huh: :dry:
:lol: :silly: :blink: :blush:
:kiss: :woohoo: :side: :S
Máis Smilies
 Anotar código aquí   

Historial de temas de: Lixo en Baiona
Mostrando máximo as últimas publicaciónes - (Ultima publicación primeiro)
Autor Mensaxe
Pinto Sorprende que tiveran que ser os traballadores os que levantaran a lebre. Eu non sei como a xente non tiña montado un cristo na porta do concello. Sinceiramente non o entendo.
baionaconsciente Ao final estoupou o conflito do lixo en Baiona. Afortunadamente xa estamos acostumbrados a ver os contenedores cheos de merda, polo que non acusaremos moito a diferenza. É o que ten deixar en mans de Manolo Vilar a concellería de Medio Ambiente. Máis en baionaconsciente
Pinto Non é todo culpa dos veciños que por exemplo os contenedores teñan as tapas rotas e alimenten a gaterío e as ratas da contorna.

Tampouco é culpa dos veciños que xamais se valdearan e que estén cheiños de roña incrustada.

Tampouco é culpa dos veciños que sexa pequenos e insuficientes.

Tampouco é culpa dos veciños que o servizo de recollida deixe sempre os contenedores coa tapa aberta (os que o teñen).

Tampouco é culpa dos veciños, que non existas puntos verde con todos os seus contenedores para poder reciclar (o que ten papel, non ten plásticos, o que ten plásticos non ten organícos).

Tampouco é culpa dos veciños que non se limpen as contornas onde están ubicados os contenedores, onde papeis e pingos enxurrentos manchan toda a acera e fan proliferar todo tipo de moscas e mosquitos.

Pero sí e culpa dos veciños estar calados e pagar un imposto ante un servizo tan pésimo.

A min gostaríame saber que opinan por exemplo a Asociacións de Veciños Castro Ladeira de Sabarís. Porque cando foi do tema da depuradora que quería clavarnos Corina Porro, rápidamente se puxeron detrás da pancarta e pegaron papeis en todas as farolas. Pero xamais escoitei piar a ninguén por este tema.
Baionaconsciente Publicado na sección de Opinión de Valminor.info

Enviado por baionaconsciente.blogaliza.com



¿Xogamos? A ver se atopamos a sustancial diferenza entre a primeira imaxe, en branco e negro, tomada en Redondela (Faro de Vigo) e a segunda, a cor, tomada en Baiona.











O sustancialmente diferente é que en Redondela levan tres días de folga e en Baiona o servizo municipal non o está.



Para moitos unha vergoña, para outros, entre eles membros da corporación municipal, a culpa é dos veciños de Baiona, que tiran todo por fora.



Non podemos negar que algo de culpa temos todos ao non cumprir cos horarios para depositar o lixo, pero como ven se pode ver nesta foto en Sabarís, non só é ese o problema:



1º.- Moita xente descoñece a ubicación do punto limpo e a súa función.



2º.- A maioría da xente carece de medios para levar colchóns, mobles e outros refugallos de grandes dimensións ata o punto limpo de Baiña.



3º.- A unha inmensa maioría de xente non lle apetece ir ata o punto limpo cargado ata arriba, cando pode tiralo ao pé da casa do veciño.



4º.- Non existe un estudo de volume de lixo por zonas, ou non se está a aplicar, senón non se entende o escaso número de contenedores nalgunhas zonas e o exceso noutras.



O problema do lixo non é só cuestión dun servizo municipal deficiente, tamén implica posibles riscos sanitarios. Con isto non se pode xogar, sobre todo cando se trata do único servizo de recollida non privatizado no Val Miñor.
Juan Non quero parecer ruín pero tampouco deixar de dicir que cando detivemos a tramitación do PXOM en Nigrán, no que resultou roto o concello, o Concello de Baiona condenounos por violentos. O que agora está a sufrir o Concello de Baiona non é máis que outro episodio deste xeito de facer PXOMs de maneira irresponsabie, neste caso por parte de la Corina Porro. O que sucede é que agora por non ter contemplado este aspecto importante dentro do PXOM de Vigo, queren encasquetarlle o problema a Baiona e mandarlle toda a merda que non queren e que por extensión vai afectar a todo o Val Miñor.



O que agora tiñan que facer os do Concello de Baiona é CONDENAR a irresponsabilidade dun goberno que fixo un PXOM para atender as necesidades dos do ladrillo e que segundo un exame de legalidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo presentado por Alternativa Veciñal incumple a lei en alo menos 43 puntos.



Claro que como nos pasou ós veciños de Nigrán, ós de Baiona e ós de Vigo temos o que merecemos.



Un saúdo.
Juan Pois non vos preocupedes que agora la Corina Porro vaivos poñer unha megadepuradora de tódolos residuos da marxe sur da ría de Vigo e así por fin conseguirá Baiona parecerse a Pontevedra con ese fedor característico ó aproximarse. No inverno, os ventos predominantes do suroeste e o fedor asegurado en todo o Val Miñor anunciarán choivas, e no verán os ventos predominantes do norte e fedor en Oia anunciarán tempo soleado....

Joder se non hai ben que por mal non veña....... e vos veña criticar.....

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.