Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

05 09/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Val Miñor (1 vendo) (1) Invitado(s)
Publicar unha nova mensaxe en "Val Miñor"
Nome:
Asunto:
ícono do tema:
non
Código de foro:
 Cor:  Tamaño:   Pechar todas as etiquetas
Mensaxe:

Emoíconos
B) :( :) :laugh:
:cheer: ;) :P :angry:
:unsure: :ohmy: :huh: :dry:
:lol: :silly: :blink: :blush:
:kiss: :woohoo: :side: :S
Máis Smilies
 Anotar código aquí   

Historial de temas de: Plan Xeral Ilegal
Mostrando máximo as últimas publicaciónes - (Ultima publicación primeiro)
Autor Mensaxe
Juan Tes razón no que dis.

A paralización da tramitación do PXOM o 2X foi un logro da movilización dos veciños. Daquela, todos estaban convencidos que urxía un PXOM e que había que traballar para acadalo. A irresponsabilidade do equipo de goberno que meteu o PXOM nun caixón non foi consecuentemente respostada polos veciños debido, principalmente ás discrepancias no seo da asamblea das Asociacións de Veciños. Pola súa banda tampouco os partidos políticos, principalmente o principal grupo da oposición, fixeron presión para desbloquear a situación creada. O distanciamento creado entre a política e a vida dos cidadáns crea este tipo de situacións.



Creo que a xente está espectante co que vai pasar. A decisión está nas mans de quen nos goberna e esperemos que non tomen decisións equivocadas porque estou seguro que os veciños sairán á rúa sen dubidalo. Dito isto, tamén é necesario dicir que os cidadáns pasan bastante dos políticos e de participar máis activamente na vida cotiá do concello. A desidia creada por culpa da mediaocridade dos políticos fai que a participación nesta democracia sexa tan só cada 4 anos.



Quédanos moito camiño por percorrer.
indio ¿Que esta a suceder en Nigrán?, tanto falar e desproticar contra o alcalde e o seu equipo de goberno é agora que retira o PXOM, tan só temporalmente, parece que todo rematou e a calma volve a reinar neste concello.

Non vos dades conta de que isto era precisamente o que desexaba Alfredo,el non queria que se chegase a maio falando do PXOM por iso o retirou, e agora con todo en calma pode ir preparando o camiño cara as vindeiras eleccións, con comidas, agasallos etc.

Veciños de Nigrán o PXOM segue vixente, despois das eleccións poden aprobalo en calquer momento e se iso ocorre nos seremos os culpables por baixar a garda, por calar e deixar as nosas esixencias metidas nun caixón é por non decirlle a este puñado de delincuentes que eles sobran neste concello de Nigrán.

Pensadeo pero hai que volver a carga, se queremos conseguir o obxetivo de vivir nun pobo do cal nos sintamos orgullosos temos que reaccionar e nunca calar como estamos facendo nestes intres.

O próximo venres hai pleno e debemos encher o salón.
Juan Estupefactos quedamos ó abrir os periódicos e ver, nalgúns deles a toda páxina, unha â??declaración oficial do Alcalde de Nigránâ?? como se fose a mensaxe da S.A.R. no Nadal, e a esperpéntica acción de quen chora a financiación para que os veciños poidan traballar polo interés xeral e gasta en dous días case 15.000 euros entre pleno Extraordinario e Urxente e anuncios no periódico. Pero non queremos centrar a atención neste particular, outros o faránâ?¦ Por segunda vez temos que aclararlle ó Alcalde de Nigrán públicamente que tanto a A.VV. â??A Irmandadeâ?? de Priegue, â??Dunasâ?? de Nigrán, â??Arribas Brancas, Seixos Negros e Portoceloâ?? de Panxón e mesmo â??A Uniónâ?? de San Pedro, definiron a súa postura respecto do PXOM e de cómo desbloquear a tramitación do mesmo en ASAMBLEA PÃ?BLICA, mediante votación que non deixa lugar a dúbidas debido á contundencia do seu resultado. Afirmar que estas asambleas, de participación pública e libre, están manipuladas polos grupos políticos é tan grave como cuestionarse a capacidade intelectual dos veciños, é como chamarlles estúpidos. Os mesmos veciños que maioritariamente rexeitaron o PXOM na histórica manifestación do 17 de xuño e reclamaban a súa dimisión, os mesmos que, tempo ó tempo, recordaranllo alá polo mes de maio cando teñan que coller unha papeleta e depositala na urna electoral. Pero do que afirma o Alcalde ainda se tira algo moitísimo máis grave, a súa verdadeira intención de despreciar ós que define como un grupo minoritario de veciños, que por discrepar con él, estaría disposto a machacar e castigar. Ese é o verdadeiro valor que temos para vostede, ningún. O Pleno Extraordinario Urxente foi unha provocación para buscar as protestas veciñais e suspendelo, intentando quedar así coma un mártir. Doutro xeito non se entende que no mesmo momento de sair lle entregue ós medios uns números do censo para xustificar o da minoría das AA.VV. Estaba todo premeditado. E falando de números, o seu partido, o PP, acadou 2517 votos nas últimas eleccións (nin sequera foi a lista máis votada, PSG-PSOE: 2769, PINN: 2530), na manifestación do 17 de xuño foron entre 3000 e 4000 veciños os que sairon á rúa, moitos déronlle o seu voto e hoxe están arrepentidos. ¿Quén está en minoría?. Do mesmo xeito que se lle pediu â??por favorâ?? para que suspendese o Pleno Extraordinario e Urxente, pedímoslle POR FAVOR que dimita, que os que queden xa se apañarán, que desapareza da vida pública deste Concello porque vostede xa ten demostrado a qué veu, cómo nos trata (e cómo trata ós seus, como lle dixo a vostede Aurora en Praia América) e que é incapaz de gobernar este concello. VAIASE SR. ALFREDO!!!!!!



A.VV. â??Dunasâ?? de Nigrán

A.VV. â??A Irmandadeâ?? de Priegue

A.VV. â??Arribas brancas, Seixos Negros e Portoceloâ?? de Panxón
Anónimo Dúas preguntas:



¿Qué facían reunidos no Fidalgo (restaurante de Sabarís) o xoves antes do pleno Chema Figueroa, Corina Porro, Alfredo Rodríguez e Avelino Fernández? Piensa mal y acertarás. Todo encaixa coas votacións do pleno.



¿Cál vai ser o apoio económico das promotoras inmobiliarias á campaña electoral do PP en Nigrán? Pderán se o desexan, ir casa por casa botando fogos artificiais.



TEMOS O QUE NOS MERECEMOS
Anónimo Ese fue el motivo de la renuncia del secretario de la A.VV. de Parada, ya que el defendia la retirada del Plan y sus compañeros de directiva querian modificar el mismo.

Desde luego que la cordura y claridad de ideas de sus ex-compañeros de A.VV. está entre dicho y con personajes como Nande dios sabra que propuestas van a salir de esa directiva.
Anónimo Hola, ahora Nande y los que están con él dicen que la validez del Plan la deben definir políticos y técnicos, y la fisaclía?, pero que el 2 de junio no permitieron su aprobación inicial porque para ellos no era válido. ¿En qué quedamos? ¿Quien decide la validez del Plan? Se contradicen, huyen hacia delante, metieron la pata y no saben como quedar bien. Sobran las justifiaciones, se les ve el plumero......

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.