Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 07/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Re: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle (1 vendo) (1) Invitado(s)
Ir ao fondo Publicar resposta Favorito: 0
TEMA: Re: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle
#1092
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Re: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 8 Mess, 1 Semana ago Karma: 2  
Onte (27 de outubro de 2007) publicouse no Faro de vigo que o portavoz do PP, Alberto Valverde, “censura a fiscalización sobre Porto do Molle”. ¿Algué sabe qué quere dicir isto?

Se Cadra ó PP parécelle mal que despois de tantos anos desenvolvéndose un proxecto da embergadura do que se está facendo en Porto do Molle, se intenten corrixir algunhas cuestións que poderían ter graves consecuencias sobre o Medio Ambiente e sobre A Poboación. ¿Saberá o PP e Alberto Valverde do que estamos a falar? Non estaría mal que se atrevesen a enumerar os principais problemas que plantexa este Proxecto, ainda que ó mellor para eles todo está ben.

Ou, se cadra, ó PP parécelle mal que os seus compañerios de partido do anterior Goberno Municipal (PP-PINN) non se tiveran molestado en facer algún tipo de seguimento do desenvolvemento do Parque Empresarial. Non se fixo ningún tipo de comprobación de se as obras se axustaban ó proxecto. Non se fixo ningún tipo de evaluación dos riscos de asulagamentos, ainda hoxe non se sabe cales son efectos que poderá sufrir a poboación de Parada e Praia América polas modificacións das cotas do terreo nunha zona que sufríu inundacións toda a vida. Estes problemas, por non enumerar outros, que os hai e sobre os que non se traballou nada de nada.

¿Qué opina o PP de todo isto? ¿terán algún criterio sólidamente fundamentado?

Dame a impresión de que o PP está no non polo non.

Ó mellor o PP, o mesmo PP que sacou á exposición pública o Proxecto de Urbanización en plena campaña electoral, o mesmo PP que dificultou o acceso á documentación para elaborar as alegacións, o mesmo PP que quixo aprobar definitivamente o Proxecto de Urbanización antes de abandonar o Goberno de non ser porque lles faltaba documentación, o mesmo PP que endexamáis informou con trasparencia ós veciños do que se estaba a facer en Porto do Molle, o que que descoñece é que os colectivos veciñais presentaron unhas alegacións ó Proxecto de Urbanización do Parque Empresarial perfectamente documentadas e cun profundo coñecemento das mesmas.
Esas alegacións e a sensibilidade e responsabilidade do actual Goberno Municipal esixen a evaluación seria das posibles consecuencias que se poden producir por culpa do que en Porto do Molle se está a facer. Sensibilidade e responsabilidade dos veciños e actual Goberno Municipal que confronta coa arrogancia e irresponsabilidade de quen fala de algo que descoñece e que tivo unha enorme responsabilidade no pasado deste proxecto.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#1094
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Re: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 8 Mess, 1 Semana ago Karma: 4  
O mesmo PP que defende un proyecto de porto de pesqueiro deportivo que nin se quera foi quen de leelo antes de ir ao pleno. Menudo ridículo. En fin, por iso di as burradas que dí na prensa. O que non sei é como hai periódicos que son capaces de publicar semellantes burradas. Será que non hai nada que dicir no Val Miñor para encher as páxinas.??
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
#1095
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Re: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 8 Mess, 1 Semana ago Karma: 4  
A ligazón ao polígono de Nigrán arrasará unha zona verde municipal



A nova proposta da Xunta para conectar Porto do Molle coa autoestrada abrirá o debate político. A ligazón da autoestrada do Val Miñor co futuro parque empresarial de Porto do Molle afectará a máis de 20.000 metros cadrados de superficie que no proxecto de sectorización do polígono están contemplados como zona verde e de uso municipal.

A proposta foi remitida ao Concello o pasado día 9 pola Consellería de Política Territorial co obxectivo de que o goberno municipal emita un pronunciamento.

Nigrán perdería unha gran zona de uso municipal sen percibir ningunha contraprestación a cambio. Este espazo podía destinarse a unha zona de esparexemento como, por exemplo, un parque público.

A Consellería de Política Territorial enviou os planos da proposta ao Consisorio e fixou un prazo de dez días para que emita un informe que, en todo caso, non será vinculante. Devandito prazo finaliza mañá luns.

alguén sabe algo disto? Si non é vinculante para que preguntan? que nos pregunte aos veciños Isabel Dominguez, que lle imos responder, a ver a que se adican en esta consellería, que parecen que andan a durmir.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
#1096
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Re: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 8 Mess, 1 Semana ago Karma: 4  
Pois despois do de hoxe, co tema da neva de praia américa. O candidato do partido popular debería agachar as orellas, porque seguir defendendo o indefendible non parece de xente moi lista. Pero nada, que siga así, que el mesmo se vai enterrando de cara ás seguintes eleccións. Pero bueno, eu creo aos comentarios da xove e inexperta oposición tampouco hai que darlles moito pulo. Son comentarios que non se sustentan nin por eles mesmos, o que pasa que preteneder confundir a xente. Pero despois do PXOM coido que moita xente ten clariño onde está cada un, e quen esta a facer o traballo ben e quen o fixo mal durante 4 anos.
E así vai saindo todo o que vai saindo.

E volvendo ao de Porto do Molle, que é o que interesa nesta foro.
Finalmente alguén sabe se se constituiu un consello sectorial esclusivo para Porto do Molle? ou vai todo no mesmo lote do consello sectorial do PXOM?.

Eu sigo véndolle trabas a este asunto. O tema dos viais e o tráfico de camións.
O tema do consumo de auga potable.
Pero o que máis preocupa é o tema de asulagamento e a posible perda do areal da praia de Lourido.
A todo isto, que aquí nin guen dixo nada e tampouco lin nada na prensa.
Augas de Galicia non se supón que ten que opinar nisto dos cauces dos ríos e estas cousas? Non é obriga deles emitir os informes oportunos?

A ver se alguén bondadoso nos achega esa información.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
Ir ao comezo Publicar resposta

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.