|
|
|
Depuradora Silleiro 1 Ano, 10 Mess ago
|
Karma: 0  
|
|
Macrodepuradora e condena polÃtica
O proxecto da macrodepuradora en Cabo Silleiro é unha consecuencia máis da irresponsable maneira na que se elboran os Plans Xerais de Ordenación Municipal (PXOM). Neste caso a irresponsabilidade ven de mans do equipo de goberno presidido por Corina Porro. Moitas voces alertaban da contradicción entre o desmesurado crecemento demográfico que se estimaba para o concello de Vigo, en contraposición cos datos oficiais do INE e do IGE, que xustificaba unha intensa actividade edificadora, e a escasa dotación de infraestructuras para dar servicios a toda esa poboación. O 1 de marzo de 2006, Alternativa Veciñal presentaba un exame de legalidade do PXOM vigués. Neste exame, no que se conclúen a lo menos 43 factores de ilegalidade, no apartado de deficiencias no sistema de redes e equipamentos xerais punto 37 di: [i:ea1fc9f2da]Falta de localización dunha nova depuradora de augas residuais en terreos portuarios e ausencia de acordo co organismo competente a dito fin (infracción dos arts. 53 e 54.d) e h) da lei 9/2002 de Ordenación UrbanÃstica). [/i:ea1fc9f2da]3 meses despois de presentarse este exame sucede a revolta en Nigrán contra o PXOM. A paralización da tramitación deste Plan implicou a lamentable rotura do Concello polos veciños que non estaban dispostos a sacrificar o seu futuro por culpa dun PXOM irresponsable. Daquela o Concello de Baiona condenou a esta xente públicamente por bándalos. Curiosamente outros 3 meses despois e disfrazando a decisión con argumentos medioambientais de saneamento integral da marxe sur da RÃa de Vigo a macrodepuradora que Vigo non recollida no seu PXOM ven parar a Cabo Silleiro. A reflexión queda sobre a mesa: ¿Srs. PolÃticos que están a facer? ¿qué intereses defenden? ¿a quen condenan?
|
|
|
|
|
|
|
|
|