Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

20 11/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
plan xeral (1 vendo) (1) Invitado(s)
Ir ao fondo Publicar resposta Favorito: 0
TEMA: plan xeral
#400
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
plan xeral 2 Anos, 8 Mess ago Karma: 0  
8O estou abraiada co que esta a acontecer no concello de nigran e a falla de informacion na paxina web do concello.Estamos a esperar para poder facer a nosa casiña pero xa estamos cansos de tanto silencio,non debe de vivir xente guerrilleira por ali que defendan o seu,
xa que estase a mangonear o futuro dos veciños ante a impasibidadde dos veciños,manda carallo. bicocs
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#402
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
plan xeral 2 Anos, 8 Mess ago Karma: 0  
Sol, entiendo tu enfado, estoy en la misma situación... La no publicacion del plan crea dudas y da paso al enfado y las sospechas, y todo lo hacen con la escusa de evitar supuestas especulaciones...

No me gusta desconfiar, pero dado la importancia que tiene el plan para el futuro del pueblo (o de algunos...), no creo que se lo dejen "escapar"...,
habrá que esperar los acontecimientos.

romeo
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#414
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
plan xeral 2 Anos, 7 Mess ago Karma: 0  
Non chego a comprender exactamente as demandas de parte da cidadanía de Nigrán respecto ao Plan Xeral que se está a elaborar.
O PGOM pode publicarse, unha vez redactado a grandes trazos, como Avance. A continuación os e as veciñas teñen un prazo dun mes para formular suxestións. Pasado este tempo proseguiría a elaboración do Plan, que previo informe da Xunta, sería aprobado con carácter inicial polo Concello. Neste intre abriríase otro prazo dun mes para que a cidadanía formule alegacións. A continuación, o Concello debe aprobalo inicialmente (coas modificacións que fose preciso realizar) e despois é a Xunta quen ten que aprobalo con carácter definitivo.
Este é, moi a grosso modo (sen contar que pasa cando as modificacións son relevantes ou se a Xunta non está plenamente conforme) a tramitación dun PXOM.
¿Cal é o problema en Nigrán? ¿Teñen previsto aprobalo directamente con carácter inicial e saltarse a fase do avance? Senón é así non entendo o conflito. Que alguén mo explique, por favor.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#415
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
plan xeral 2 Anos, 7 Mess ago Karma: 0  
[quote:bd747d13f3="aldara"]Non chego a comprender exactamente as demandas de parte da cidadanía de Nigrán respecto ao Plan Xeral que se está a elaborar.
O PGOM pode publicarse, unha vez redactado a grandes trazos, como Avance. A continuación os e as veciñas teñen un prazo dun mes para formular suxestións. Pasado este tempo proseguiría a elaboración do Plan, que previo informe da Xunta, sería aprobado con carácter inicial polo Concello. Neste intre abriríase otro prazo dun mes para que a cidadanía formule alegacións. A continuación, o Concello debe aprobalo inicialmente (coas modificacións que fose preciso realizar) e despois é a Xunta quen ten que aprobalo con carácter definitivo.
Este é, moi a grosso modo (sen contar que pasa cando as modificacións son relevantes ou se a Xunta non está plenamente conforme) a tramitación dun PXOM.
¿Cal é o problema en Nigrán? ¿Teñen previsto aprobalo directamente con carácter inicial e saltarse a fase do avance? Senón é así non entendo o conflito. Que alguén mo explique, por favor.[/quote:bd747d13f3]

todo o que dis soa ben. Pero coido que estás confundida nalgo, os veciños non están a pedir algo ilegal. Están pedindo eses grandes trazos, porque saben que a cousa non pinta ben, e as súas leiras non van poder desfrutalas como eles quería, se non que van ser para o desfrute doutros. As famosas recalifiacións. ¿Por que se venderon a importantes empresas constructoras zoas como Condominguez, Cean, ....? Unhas terras que agora non valen nada de nada, porque so sirven para esplotación agrícola ou incluso para explotación forestal. ¿Por que?. ¿Que interese teñen nesas leiras que non valen nada?... Esa é a información que queren os veciños, que non se lles engane, e se lle diga... miren señores de Chandebrito, ate que non estea aprobado o plan xeral non vendan nada, porque ista zona está afectada, ou por aquí imos pasar un vial que ven dende a Tarela e pasa por Priegue, e logo aquí o lado pode ser que fagamos o campo de golf e unhas urbanizacións....

Non, iso non se di a grandes rasgos, pero o problema está en que é que as promotoras están presionando aos donas das leiras a vender, estanos amezandoos de expropiacións, dandolles falsos consellos para forzar as ventas por catro pesos.
ESE é o problema, esa é a desconfianza da xente. Por iso a xente quere saber que pasa, porque os políticos e os amigos dos políticos SI QUE O SABEN DENDE FAI TEMPO.

Enton non desvirtuemos a mensaxe como están facendo alguns medios de prensa, que se lles nota o seu compromiso có concello. Nos desinformemos. A xente ten o mesmo dereito en saber en IGUAL condicións que o amigo do alcalde ou do concellal de turno. Esa é a única realidade, o resto do procedemento é de cara ao exterior, a realidade é dinstinta, e funcionamento tamén.

O avance publicado, unha folliña de coloríns que circula por ahí non ten nada que ver co fututo PXOM, os cambios máis inportante non están reflexados. As recalificacións de Portocelo para facer outro porto desportivo, as recalificación dalgunas leiras en Monteferro, Cahndebrito, Cean Condominguez, e despois están as construcións ilegais que con plan Xeral pasan a ser Legais, por obra y gracia desta mafia ...

Por iso a xente está indignada, pola DESINFORMACION. A xente tamén ten dereito a saber, e como ti cuestionas a súa pretensión, eles tamén están no dereito de cuestionar a versión que os nosos políticos estan a dar da situación. Non hai máis interese e máis aquel.

titulares como o de "Avelino, desconfia de que haxa sombras especulativas en Nigrán". O recibimento de Florentino Perez en Nigrán como se fose unha autoridade, etc... Normal que a xente desconfía. Totalmente normal.

Por certo Aldara- ¿Ti estudaches dereito en Madrid?
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#420
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
plan xeral 2 Anos, 7 Mess ago Karma: 2  
[quote:6134686b19="aldara"]Non chego a comprender exactamente as demandas de parte da cidadanía de Nigrán respecto ao Plan Xeral que se está a elaborar.
O PGOM pode publicarse, unha vez redactado a grandes trazos, como Avance. A continuación os e as veciñas teñen un prazo dun mes para formular suxestións. Pasado este tempo proseguiría a elaboración do Plan, que previo informe da Xunta, sería aprobado con carácter inicial polo Concello. Neste intre abriríase otro prazo dun mes para que a cidadanía formule alegacións. A continuación, o Concello debe aprobalo inicialmente (coas modificacións que fose preciso realizar) e despois é a Xunta quen ten que aprobalo con carácter definitivo.
Este é, moi a grosso modo (sen contar que pasa cando as modificacións son relevantes ou se a Xunta non está plenamente conforme) a tramitación dun PXOM.
¿Cal é o problema en Nigrán? ¿Teñen previsto aprobalo directamente con carácter inicial e saltarse a fase do avance? Senón é así non entendo o conflito. Que alguén mo explique, por favor.[/quote:6134686b19]

Hola Aldara, creo que o que xa che aclararon chega de abondo, pero a min gustaríame engadir que se a xente está molesta por tanto ocultismo do Plan é porque nos tememos que cando nolo _meta_n o fagan a todo correr e non poderemos discutilo nin actuar convintemente.Ademais deses formalismos que ti reseñas que están moi ben e que por certo non se cumplen, o importante do Plan é o modelo de pobo que se quere diseñar. Porque aquí, Aldara, algúns vivimos todo o ano e nos preocupa seriamente a nosa calidade de vida. Moito me temo que segundo as últimas noticias o modelo que se pretende para Nigrán é o anacrónico e fracasado modelo urbanístico que se fixo no Mediterráneo nos anos 70-80. Non sei se vivirás en Nigrán pero si saes a pasear un domingo por Nigrán poderás darte conta de que non hai ninguén nas casas, non hai servicios públicos (bibliotecas, plaza de abastos, comercio, etc, etc) e esta é a situación na meirande parte do ano. NIGR�N ESTA DISE�ADO PARA OS DE FORA.
Aldara, non sei se saberás que un Plan destas características compromete o futuro de quen vivmos aqui, así que queremos que sexa un plan transparente, discutido, repousado e sobre todo un Plan sostible e non como están sendo as cousas, ó servicio dos especuladores do ladrillo.

Para rematar Aldara, unha reflexión, ás veces dame a impresión de que os nosos políticos esquecen que están ahi para traballar ó servicio dos cidadáns, porque para eso os puxeron ahí as urnas e non por vontade divina. Dame a impresión de que pouca diferencia hai entre os nosos políticos e os allatolás do islám.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#421
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
plan xeral 2 Anos, 7 Mess ago Karma: 0  
Vivo no Val Miñor (dende hai pouco) e estudei Dereito na Galiza. O que dicides está moi ben nun plano estrictamente formal e se vivisemos en Suecia daríavos a razón pero, mal que nos pese, estamos a falar de Nigrán e non de Estocolmo. Simplificando un pouco o que dixen na miña anterior mensaxe, a información pública do avance dun PXOM (que serve para que os veciños e as veciñas formulen ideas sobre o que aínda é debe ser un esbozo do Plan) é potestativa para o Concello. Polo que se infire da mensaxe de Juan, si houbo unha publicación do avance (e de non tela habido, o Concello non estaría vulnerando ningunha lei). O procedemento normal é que ata a aprobación inicial a cidadanía non teña por que ter acceso ao documento. � nese intre cando os veciños poderán formular as súas alegacións e facer valer os seus dereitos se consideran que o Plan lles está a prexudicar nalgún senso.
En consecuencia, non están sufrindo indefensión nin privación dos seus dereitos lexítimos. Ese é o trámite normal. Outra cousa é que os membros da Corporación local estean a proporcionar información privilexiada a promotores e outras entidades. Iso é o grave. Porén, no fondo, non me dan mágoa os e as nigranenses nese senso. �s veces é certo que cada un ten o que merece. Se os concelleiros e alcalde son os que son é porque a xente decidiu democraticamente que fosen eles e non outros. Se nos condearon aos demais a ter que vivir baixo o xugo do populares e de Avelino, que apanden tamén coas consecuencias que outros temos que sufrir noutros aspectos.
Non me dan mágoa, polo tanto, eses veciños, pobriños, que votaron a determinados candidatos por terlles permitido subirlles dúas alturas ás súas casas ilegalemente e que esperaban lles permitesen dar agora o pelotazo urbanístico. Para a próxima que voten coa cabeza e non co peto.
De todos os xeitos, se o medo da cidadanía é o que expuséchedes nas vosas mensaxes, que agarden a vender ata a aprobación inicial do PXOM (dai ata a aprobación definitiva seguro que aínda vai chover) e que procuren se informar ben. Que collan un libro de Urbanismo e que estuden ben o tema, que o saber nunca está de máis, xa que o saber de taberna normalmente adolece de moitas lagoas e imprecisións importantes.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
Ir ao comezo Publicar resposta

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.