|
|
|
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 4 Mess ago
|
Karma: 2  
|
|
[quote:472bb6ce20="romeo"]Juan,
Si fuese cierto, me alaga que les guste nuestra tierra tanto como para jubilarse en ella.
Aún asÃ, tu "planteamiento" suena bastante xenofogo, ¿te has parado a pensar que hay mas gallegos fuera de Galicia que extranjeros aquà residiendo?, ¿te has parado a pensar que a lo mejor en un futuro tus hijos se irán a vivir y trabajar a Alemania o Inglaterra?, ¿te has parado a pensar que esos extranjeros no vendrán con los bolsillos vacios...?, podrÃa seguir pero mejor no...
No estamos en la Unión Europea solo para ordeñar la vaca de las ayudas :roll: La ventajas de la UE son indiscutibles, por lo que no voy a explayarme sobre el tema, pero a juzgar por tus palabras estoy seguro que tu le encontrarás mas defectos que virtudes. En fin, por mucho que no te guste la idea, me alegro que no puedas evitarla...
romeo[/quote:472bb6ce20] Creo que PedrÃn si me entendeu ben, se ti Romeu deduciches ideas xenófobas das miñas palabras, ou me expresei mal ou non liches atentamente, polo primeiro pÃdoche desculpas. Eu son o primeiro encantado en que veñan quen queira e cando queiran, o mesmo que a min me gusta ir a donde queira e cando queira. O que me preocupa é o como xestionamos eses movementos de persoas. Ademáis de estar de acordo co que argumenta Pedrin gustarÃame engadir que unha das graves consecuencias do que comentaba é o envellecemento da poboación, un asunto grave que hai que abordar. Mentres dispoñemos vivendas para os xubilados que veñen de fora, e libres son de vir, faltarÃa máis, os de aquà teñen que irse porque non poden desenvolver as súas familias nestas condicións. Digo eu que postos a pensar en todo, por qué non facilitar tamén o acceso á vivenda de aqueles inmigrantes que veñen a traballar e a establecer as súas familias? Mirade como viven acinados neses apartamentos!!!! Iso vai en contra dos dereitos humáns. O que pasa é que deses non compensa ocuparse porque non compran pisos de 40 ou 50 millóns de pesetas. E esta é a esencia do que comentaba os constructores preocúpanse dos seus intereses e non de como quede estructurada a sociedade ou o tecido productivo. Cando dicÃa que xa queimaron Mallorca, me referÃa ós promotores que co mesmo argumento queimaron a illa e agora que a afluencia dos alemáns e ingleses en Mallorca decae en beneficio de, por exemplo, os paises do leste, os problemas xerados os teñen que dixerir os que alà viven, incluidos os xubilados do norte de europa. Eles simplemente móvense e buscan outra presa en que hincar o dente. Para rematar, permÃteme que te corrixa, romeu, ti mesmo dices que hai máis galegos fora que estranxeiros aqui ou mesmo que os meus fillos se terán que ir fora. En ámbolos dous casos esa xente foi ou irá a traballar non a un retiro de terceira idade. Eu son o primeiro que me declaro radicalmente a favor da libre circulación de personas, ogallá fose asÃ. Non fagas demagoxia por favor.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 4 Mess ago
|
Karma: 0  
|
|
Respecto das espectativas dos empresarios da construcción en canto a esa chegada de inmigrantes xubilados de Alemania e Inglaterra, teño que decirvos que non hay moito nesta web presentouse un traballo que fixen acerca das perspectivas demográficas de Nigrán. Pois ben, nesa previsión basada nos datos do INE e do IGE (as mesmas fontes que aseguran ter manexado os promotores) xa se incluian os balances migratorios, tal e como se asegura na metodoloxÃa do INE: "Partiendo de la población residente en un cierto ámbito geográfico y de los datos observados para cada uno de los componentes demográficos básicos, la mortalidad, la fecundidad y la migración..."
Polo tanto, é falsa a idea que nos queren transmitir de que haberá un forte crecemento demográfico debido á chegada desta poboación inmigrante. En caso contrario quero ver os números.....
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 3 Mess ago
|
Karma: 2  
|
|
Nigraneses, o PXOM morreu
O PXOM do PP/PINN de Nigrán fracasou. Despois da reunión das AA. VV. cos partidos polÃticos con representación no concello, é patente que o actual PXOM xa tan só conta co apoio do PP de Alfredo RodrÃguez Millares, dous tránsfugas do PINN (Carlos Quintas e José JoaquÃn Rial) e os grandes promotores inmobiliarios, verdadeiros artÃfices da elaboración do PXOM. Cómpre, polo tanto a retirada definitiva deste Plan Xeral. Pero, ¿só fracasou o Plan Xeral ou fracasou tamén a xestión do equipo de goberno? Consideracións personais a parte, o certo é que cando un grupo polÃtico se queda en minorÃa nas actuais condicións do PP, e non é quen de xestionar un concello (é patente o abandono e descuido que sofre o concello de Nigrán por parte dos seus gobernantes), e mesmo a súa xestión é cuestionada pola xusticia, o máis digno e respetuoso cos cidadáns é convocar inmediatamente novas eleccións. Por iso haberá que estar atentos ós últimos coletazos do agónico e deshauciado PXOM. Sen embargo, temos que mirar ó futuro e ós veciños non lles corresponde só participar expresándose nas urnas. Dende o 2 de xuño esiximos a elaboración dun novo PXOM dende o consenso o diálogo e a transparencia garantindo a participación dos cidadáns. Temos que definir o Nigrán que queremos para o futuro, unha complicada tarefa que esixe deixar de pensar en intereses particulares para definir o entorno que afecta a toda a comunidade, e limpar os presuntos delictos que está a investigar a FiscalÃa de Urbanismo. A participación veciñal que tan importante foi para paralizar este PXOM, é igualmente necesaria para que canalizada a través das AA. VV., se recollan, de todos e cada un dos veciños, todas e cada unha das suxerencias para o noso ordenamento urbanÃstico e todos os presuntos actos delictivos nos que se asentou o fracasado PXOM. Mentres os veciños seguimos traballando temos que prepararnos para que este denostado PXOM sexa utilizado polos polÃticos en campaña electoral, pero os seus argumentos non deben desviarnos nin un só milÃmetro do noso camiño, orientado a un deseño dun Nigrán que siga recollendo a nosa esencia e sexa o fiel reflexo do noso verdadeiro estilo de vida e personalidade, herdada dende tempos remotos.
Cristina Mejuto e Juan Hermida Portavoces das asociacións de veciños de Nigrán
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 3 Mess ago
|
Karma: 0  
|
|
Estando de acordo co que manifestas de que é necesario un novo Plan Xeral, penso que dende as Asociacións deberiades claramente pedir a retirada deste Plan e a contratación dun novo documento, asi como facer públicas as posicións de cada grupo politico xa que a cidadania tan so ten coñecemento do que publica a prensa, é xa sabemos como funciona a mesma.
Animo e a loitar por un Nigrán donde prime o benestar é a calidade de vida.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 3 Mess ago
|
Karma: 2  
|
|
Aquà están as posturas dos grupos polÃticos respecto do futuro do PXOM que querian aprobar no plano do 2 de xuño:
[b:3f0a92070e]POSTURA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE NIGRAN SOBRE O PXOM[/b:3f0a92070e]
[i:3f0a92070e]Despois dos acontecementos vividos no noso municipio e en función da imposibilidade de aprobar inicialmente o documento, para a súa posterior exposición a todo o pobo de Nigrán para a súa opinión, o grupo municipal do Partido Popular mostra o seu apoio ó ofrecemento da alcaldÃa, consistente en facilitar, ás asociacions de veciños, financiación para a contratación de equipos técnicos que valoren e propoñan, tomando como _base_ o documento actual, as sugerencias que entendan deban ser incluÃdas no documento en cada unha das parroquias. Asà mesmo, entendemos que todo o que non sexan traballar sobre este documento, xenerará un sustancial retraso, tanto no cambio como na elaboración definitiva do mesmo, co inconveniente evidente, e mais que posible, do cambio na lexislación vixente (Ley do Solo Estatal), que implicarÃa un novo marco lexislativo, o que nos levarÃa á redación dun novo documento cun trámite aproximado de cinco anos.[/i:3f0a92070e]
[b:3f0a92070e]EL PARTIDO INDEPENDIENTE DE NI GRAN (PINN), quiere manifestar su postura con respecto al futuro del PXOM.[/b:3f0a92070e]
[i:3f0a92070e]Para no perder tiempo y dinero habÃamos manifestado nuestro respaldo a continuar con el mismo equipo. El PINN ha manifestado públicamente en todo momento su total desacuerdo con el documento redactado del PXOM, reiterado en una reunión ante más de 1200 vecinos y que pasaba por la aceptación de más de sesenta modificaciones que proponÃamos al documento inicial, en las que se removÃa más de 2.000.000 de metros cuadrados de suelo protegido del interior, pasando a ser edificable. Nosotros siempre abogamos por la participación y el consenso entre todos. Llegados a éste momento creemos que procede hacer borrón y cuenta nueva y partir de cero, por ello nuestro grupo propone los siguiente: 1.- Que se redacte un nuevo pliego de condiciones y se saque a concurso público la redacción de un nuevo documento urbanÃstico, . 2.- Que se so_meta_ a su aprobación en próximo pleno de Setiembre y que se aceleren al máximo todos los trámites, dado que se llevan invertido más de siete años. 3.- Que se utilice toda la documentación posible, tales como cartografia y demás documentos de campo existentes.[/i:3f0a92070e]
[b:3f0a92070e]Grupo Municipal PSdG-PSOE Nigrán PLAN XERAL DE ORDENACIÃ?N MUNICIPAL DE NIGRÃ?N[/b:3f0a92070e] [i:3f0a92070e]Pasados dous meses dende o intento de aprobación inicial do Plan Xeral polo Partido Popular e o PINN e vistos os acontecementos que conlevou dito intento de aprobación, dos que son únicos e absolutos responsables aqueles que intentaron enganar á cidadanÃa cun Plan que beneficiarÃa a uDS poucos e non á comunidade e ao desenvolvemento ordenado e sostible para Nigrán, cómpre reflexionar sobre o novo Ordenamento para Nigrán. O PXOM non é un mero instrumento técnico de carácter aséptico, senón a manifestación da vontade dun municipio en canto ás suas grandes opcións de futuro, plasmadas nunha determinada alternativa de ordenación territorial. Ã? a mellor expresión dun "proxecto de municipio" exercida dende a mesma administración local. En definitiva, a clasificación do solo é unha planificación, a medio e longo prazo, sobre como se deben protexer, recuperar ou rehabilitar os núcleos urbanos existentes (solo urbano), como e por onde debe crecer o municipio en _base_ a un desenvolvemento ordenado (solo urbanizable) e que espacios se deben preservar do desenvolvemento urbano coa intención de asegurar e protexer noso patrimonio cultural e natural (solo non urbanizable). Se isto se encamÃña axeitadamente, estaremos ante un municipio que crece ordenadamente, o Plan Xeral é necesario, moi necesario e urxente xa que deste xeito evitaremos operacións urbanÃsticas caóticas e motivadas por evidentes obxectivos especulativos como as que levamos sufrindo en Nigrán dende hai moitos anos. O modelo de Plan Xeral polo que ten apostado o grupo de gobemo PP/PINN, e intentado aprobar aÃnda que fora pasando por enriba das cabezas dos veciños e veciñas, NON Ã? O MODELO DO PARTIDO SOCIALISTA DE NIGRÃ?N e polo tanto cumpre a elaboración dun Plan cun modelo de crecemento diferente, xa o temos demostrado coa nosa clara e explÃcita postura en todo momento, antes do intento de aprobación e despois da mesma e ata este momento. Aproveitemos deste Plan aquilo que sexa aproveitable (Traballo de Campo: Catálogo de Bens Culturais, Elementos Naturais, Fichas Xerais,...) e sentemos as _base_s de cal é o Modelo UrbanÃstico que queremos para Nigrán e fagamos unha Ordenación UrbanÃstica, unha Xestión UrbanÃstica, un Estudo Económico novo que reflecte o Nigrán que os veciños e veciñas queremos. Deixemos que unha nova corporación, limpa de sospeitas e entramados urbanÃsticos escuros, sexa a que teña que aprobar un Plan Xeral que raga que Nigrán crezca de xeito ordenado e sostible. Ata ese momento e nos próximos meses deberÃamos sentamos polÃticos, veciños e tecido social (as veces que sexa necesario) para definir que é o que facemos co documento actual e ata onde é aproveitable (ou non aproveitable) e reflexionar fondamente sobre cal é o modelo de municipio que queremos. Ã? necesario traballar dende xa co único obxectivo de que sexa a próxima corporación a que poida aprobar o Plan Xeral de Nigrán e non ter que esperar outros dez anos nos que poderán campar as súas anchas os especuladores e os polÃticos sen escrúpulos, xa que as normas das que dispomos están obsoletas e conlevan un crecemento desordenado e sen os mecanismos de control necesarios. [b:3f0a92070e]O Partido Socialista comprométese a que o novo Modelo de Plan Xeral e o novo Plan Xeral de Nigrán elaborarase coa máxima transparencia e participación de todolos partidos polÃticos representados no conceDo e dos veciños e veciñas de Nigrán através dos/das seus representantes veciñais[/b:3f0a92070e].[/i:3f0a92070e]
[b:3f0a92070e]BLOQUE NACIONALISTA DE NIGRÃ?N[/b:3f0a92070e]
[i:3f0a92070e]Estimados/as presidentes e demais membros das Xuntas Directivas das Asociacións Veciñais do Concello de Nigrán: En relación co seu escrito do 2-8-2006, con núm. 5505 de rexistro de entrada no Concello de Nigrán, o Bloque Nacionalista Galego de Nigrán desexamos comunicarlles as seguintes aclaracións: Primeira.- Que non compartimos a súa afirmación de que "non tiveron ningunha comunicación por parte de ningún grupo polÃtico con representación no concello acerca da súa postura sobre o actual PXOM",xa que o BNG de Nigrán o pasado 26 de xuño na nosa Sede Local, mantivemos unha reunión con vostedes na cal lle expresamos de forma clara e precisa a postura da nosa agrupación politica respecto ao PXOM. Segunda.- Que o concelleiro do BNG representado na Comisión Informativa de Urbanismo asistiu a Sesión Extraordinaria do 28 de xullo convocada polo alcalde e votou en contra da proposta presentada pola alcaldia- presidencia relativa ao PXOM. Acompañase copia do dictame da comisión asà como da acta do resultado da votación. Terceira.- Respecto a súa petición para que os partidos polÃticos, nunha reunión a manter o dÃa 4-8-2006 ás 12 horas, lle comuniquen por escrito a súa postura sobre o futuro do PXOM, desde o BNG reiterámoslles o que xa lle manifestamos na reunión celebrada na Sede o 26-6-2006 e que resumidamente é: O BNG DE NIGRAN COMO SAÃ?DA A ACTUAL SITUACIÃ?N CONSIDERA COMO MAIS CORRECTO A RETIRADA TOTAL E DEFINITIVA DO DOCUMENTO DO P.X.O.M. REDACTADO POLA OFICINA DE PLANEAMENTO S.A. E PRESENTADO NO CONCELLO DE NIGRAN EN DECEMBRO DE 2005, PARA DESPOIS PROCEDER, MEDIANTE CONCURSO PUBLICO, Ã? CONTRATACIÃ?N DA REDACCIÃ?N DUN NOVO PLAN XERAL DE ORDENACIÃ?N MUNICIPAL.[/i:3f0a92070e]
Tódalas valoracións serán ben recibidas. Unha aperta a todos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 3 Mess ago
|
Karma: 0  
|
|
Gracias por facer públicas as distintas opinións dos nosos representantes politicos respecto o Plan xeral. Sen entrar a profundizar nas mesmas, sorprendeme a posición do PINN, xa que hai dous meses apoiaban este Plan Xeral e agora piden a redacción dun novo documento, esta e a mesma posición que ven defendo o BNG, ainda que con todo o respeto hacia os demais grupos politicos, pareceme que neste tema os nacionalistas están sendo os mais coherentes e quizais os que teñan as ideas mais claras.
Sobre a posición do PSOE, pareceme que segue a navegar entre duas correntes e non se definen claramente, e o PP, segue defendendo o indefendible.
Gracias e cando compare os escritos, notas de prensa etc. volverei a facer unha valoración mais profunda.
|
|
|
|
|
|
|
|
|