Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 12/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Plan Xeral Ilegal (1 vendo) (1) Invitado(s)
Ir ao fondo Publicar resposta Favorito: 0
TEMA: Plan Xeral Ilegal
#572
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 2 Mess ago Karma: 0  
Coido que te equivocas o manifestar que ningun grupo politico deixara clara a súa postura sobre o pxom, xa que o BNG dixo sempre que nunca apoiaria este proxecto de plan xeral, namentres o PSOE divagaba e na asamblea de Parada decia que estaban dispostos a negociar ata o ultimo minuto, en Camos opinaban que este plan xeral non valia é que habia que empezar de cero i en Nigrán decian que ian acudir a fiscalia ( cousa que de momento non fixeron ).

E dos outros dous grupos xa nin falo, por que pa min non existen.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#573
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 2 Mess ago Karma: 4  
[quote:20101ea36b="Josefa"]Coido que te equivocas o manifestar que ningun grupo politico deixara clara a súa postura sobre o pxom, xa que o BNG dixo sempre que nunca apoiaria este proxecto de plan xeral, namentres o PSOE divagaba e na asamblea de Parada decia que estaban dispostos a negociar ata o ultimo minuto, en Camos opinaban que este plan xeral non valia é que habia que empezar de cero i en Nigrán decian que ian acudir a fiscalia ( cousa que de momento non fixeron ).

E dos outros dous grupos xa nin falo, por que pa min non existen.[/quote:20101ea36b]

Si certo que o BNG dixo que non quería o PXOM, pero tamén ameazou de levar o PXOM a fiscalía e non o fixo.
Aquí hai para todos, que ao final teñen que verse as caras e tamén toman o café no Venus. En fin eu dos políticos xa non espero nada.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
#574
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 2 Mess ago Karma: 2  
� verdade que o BNG foi o máis coherente na súa postura fronte ó futuro do PXOM e mesmo llo comunicou ás AA. VV. o 26 de xuño. O que pasa que agora creo que non é momento de reproches e sí o de avanzar.
Os reproches teremos unha oportunidade magnífica alá por marzo de facelos e mesmo non só iso senon que tamén se fan no día a día, manifestándose e traballando para votar toda esta trapallada fora de Nigrán.
Sen embargo agora creo que o intelixente e práctico é concentrar enerxías en avanzar, denunciando todas as trapalladas das que temos coñecemento (que non serán poucas) na fiscalía e acadando compromisos que favorezan as peticións dos veciños non só cos que de momento forman o equipo de goberno senon pensando en que eses compromisos queden asegurados despois das eleccións, sexa o que sexa o que gañe, ainda que como di Petrium, e con razón, eu dos políticos non espero gran cousa, alomenos ata que demostren o contrario.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#576
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 2 Mess ago Karma: 2  
Nesta noticia do Faro, http://www.farodevigo.es//secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2745&pIdSeccion=3&pIdNoticia=85841, "El Todopoderoso" afirma que veu facer [b:d89a16c166]UNHA XESTI�N [/b:d89a16c166]e que non a rematou, e ademáis quere que lla deixemos facer....

¿Alguén sabe de que xestión fala E.T.?
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#577
indio (Usuario)
Recén chegado
Publicacións: 6
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 2 Mess ago Karma: 0  
Petrium escribiu que o BNG ameazou con levar o PXOM á fiscalía e non o fixo. Esta afirmación non é certa, chega con repasar as hemerotecas, mais ben todo o contrario. O BNG manifestou que non iria a fiscalía ( e non por falta de ganas ) senón porque este tipo de delictos urbanísticos son moi dificiles por non dicir imposibles, de probar. ¿ ou se o fiscal chama para interrogar ao "ilustre" equipo redactor da Coruña este vaille a dicir que "colocaron" moi ben os terreos dos do Celta, Mario Puentes, Fajo etc. porque llo mandaran ou suxeriran o alcalde, Carlos Quintas e demais tropa?. Tomar café no Venus non é malo, o malo é dicir unha cousa publicamente e despois intentar negociar, con mesa e mantel, prebendas do PXOM, e iso non o fixo o BNG cousa da que non poden presumir os restantes grupos representados no Concello de Nigrán.
Dis que non te fias dos politicos pero tes uns posicionamentos e opinións moi politicas e que ademais coinciden plenamente co grupo que elixiu este " honestisimo " equipo redactor.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#578
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 2 Mess ago Karma: 4  
Gracias indio por recordarmo, non lembraba con exactitude o que habían dito. Efectivamente, non vamos o fiscal porque non creemos que se poida demostrar, pero imos dicir publicamente que este PXOM é ilegal porque temos probas delo.

Non intentar denuncialo é como non dicir nada, é peor que non facer nada.
Porque se non acodes nin se quera o podes dubidar porque nin o intentaches.

E que conste que defendo a postura do BNG porque foi a máis coherente den o principio.

Eu non teño nada a favor do Equipo redactor, dios me libre, pero coido que vos non vedes que o PP pretende pasarlle a eles a pelota ao seu tellado e limpar as mans. "Yo no fui, lo hizo el equipo redactor que contrató el PSOE", pero tranquilo que xa te convencerás de que o que digo é verdade, ti agarda a que saia toda a merda e xa verás o que aparece.

Se digo iso sobre o equipo redactor non é porque o diga eu, que non teño nin puta idea de cal é mellor ou peor. Quizais ti o sepas millor e podas sacar outras conclusións, eu limítome a información que fun recollendo...e quen me dixo que ese equipo redactor era un dos millores foi alguen que pertence ao brazo político da FPG, ... xa me dirás tí cantos graos á dereita está este partido. E quen mo dixo sei que entende disto.

Entón non lle carguemos o morto a outros e fagamos responsable a quen é responsable, se non estaredes dándolle a razón as palabras de Quintas e compañía que dixeron que eles NON fixeron o PXOM, que era un PXOM que xa estaba feito polo PSOE e que todo é cousa do equipo redactor. Caca de la vaca. Iso non o cree ninguén.
Ti coñecías o avance do PXOM, ese que estaba na fotocopiadora de Nigrán, o que redactara o PSOE...ben ese foi redactado polo mesmo equipo redactor. Agora dime...viches o PXOM do PP?
Que conclusións sacaches deses 2 PXOMS?

Logo de que saques as conclusions volvemos a falar do equipo redactor outro anaco.

As miñas opinións como as túas poden ser interpretadas políticamente, pero se fas unha consulta das miñas mensaxes nestes foros verás que eu xa viña fungando do urbanismo dende fai anos, moito antes de que pasara nada no PXOM...polo que che recomendo que os leas e logo me digas a favor de que bando estou.

http://www.valminor.info/modules.php?name=Forums&file=search&search_author=Petrium

E volvo a dicir, non me fío dun político porque eles atenden a unha estratexia política encauzada en gañar as elecións. PUNTO indiscutible.
E tamén sei que moitos políticos fan cousas porque así llas ordea o partido, cousas coas que non están de acordo.
E tamén sei que as veces mirán para outro lado ou absteñense de comentarios porque así llo ordean o seu partido.

Por estes motivos eu digo que estes bailan ao son do que mellor lles veña.. Agora yogur, agora postre...

En non te cabrees home que estamos no mesmo bando
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
Ir ao comezo Publicar resposta

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.