|
|
|
Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 1 Ano ago
|
Karma: 2  
|
|
Estanse a desenvolver as obras de execución para o Parque Empresarial de Porto do Molle. Despois das obras de explanación ven de pecharse o prazo de exposición pública do proxecto de urbanización. Os colectivos veciñais alertan da falta de adopción de medidas correctoras que limiten o impacto social e ambiental do parque.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Parque Empresarial Terciario "Porto do Molle" 1 Ano ago
|
Karma: 2  
|
|
Onte 5 de xuño, mantivemos, os colectivos veciñais, unha reunión cun técnico que nos revisou o Proxecto de Urbanización e presentou as correspondentes alegacións ó mesmo. A situación de desgoberno no que estivo e segue este Concello xerou unha situación tremendamente complicada en Porto do Molle, tanto polo avance das actuacións como polas deficiencias que acarrearán ó Concello a un máis que probable colapso social e medioambiental. A implantación do Parque de Porto do Molle pódese considerar sumamente salvaxe, tanto que altera o modelo de ordenación do territorio do Concello. Tan só Porto do Molle supón incrementar o solo urbanizable do Concello de Nigrán nun 50%.
Debido á dimensión do proxecto son dúas as grandes deficiencias nas que centramos a nosa atención e as nosas alegacións:
1.- Non houbo unha previsión axeitada das conexións externas do polígono.
1.1.- Viais perimetrais deficientes incapaces de satisfacer o tráfico estimado, xerado polo parque. Estímase que se xerará un tráfico duns 1000 camións/día entrando e saindo do parque por tan só dous viais exteriores. Esta situación creará un colapso e caos circulatorio no concello.
1.2.- Insuficiente rede de abastecemento (auga, luz, etc) e saneamento. A lei establece que é o promotor (Zona Franca) que ten que costear o redimensionamento das infraestructuras externas para dar abastecemento e saneamento á urbanización. Neste momento fóra do parque non é Zona Franca a que está dando solución a estes aspectos da urbanización, senon que se están costeando con diñeiro público a través das administracións públicas tales como a Deputación, Consellerías, etc.
1.3.- O parque interrumpe un sistema natural de drenaxe natural, proba directa disto é a dimensión do canal perimetral creado proxectado para canalizar un gran volumen de auga. O feito de que na zona de Porto do Molle so existise unha casa e un matadoiro revela que a zona non é apta para urbanizar debido non só as súas características xeotécnicas senon tamén á importancia do seu funcionamento como sistema natural. Isto acarrealle a Zona Franca a necesidade de resolver esta situación o que encarece enormemente a urbanización dos terreos dificultando a intención manifesta de poder ofrecer terreos baratos a empresas de fóra como reclamo. O impacto do encaise de un millón de metros cadrados na zona de Porto do Molle acarreará un impacto ainda non dimensionado de xeito creible. Zona Franca recoñece como medida a realizar para evitar as inundacións no fondo do val o encauzamento do río Muíños dende o límite do parque de Porto do Molle ata a súa desembocadura. O problema de Porto do Molle é conseguir que sexa un sistema estanco e non influa negativamente no Medio Ambiente, e isto a día de hoxe non está garantido. De feito esta situación esixe a creación de extensas áreas de terreo rústico que amortiguarán os efectos medioambientais orixinados, en claro perxuicio dos veciños lindantes co parque.
2.- Declaración de Impacto Ambiental (DIA) anticuada. A DIA é do ano 1994 e a revisión que se fixo dela coa nova lei de Medio Ambiente no ano 2003-4 detectou tantas deficiencias que a propia Xunta de Galicia convalidoua a sabendas que era deficiente e escasa.
O Concello é o responsable de non ter exercido un control serio sobre o proxecto. Despois das alegacións o Concello debe pedir os informes técnicos pertinentes e, se se da o caso, esixir a modificación do proxecto de urbanización.
Os colectivos veciñais solicitan a toma de medidas correctoras para minimizar os efectos do desenvolvemento de Porto do Molle.
Poderedes consultar o proxecto de urbanización aprobado inicialmente, o informe técnico e as alegacións presentadas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 10 Mess, 2 Semanas ago
|
Karma: 4  
|
Por si alguán quere saber cales foron as alegacións dos veciños referente ao proxecto de urbanización de Porto do Molle, está publicado na web de www.salvemosmonteferro.orgPorto do Molle (Informe técnico e análise de deficiencias)Apuntar que este informe foi pagado polas Asociacións veciñais, coa _meta_de do seu presuposto. Fronte a este informe as alegacións presentadas polo concello no seu momento, alá polo mes de maio foi de duas follas por unha carilla. Xa vedes.
|
|
|
|
|
|
|
Soy la monda.
|
|
|
|
|
|
|
Re: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 9 Mess ago
|
Karma: 4  
|
|
Isto podería ter outro final se se cambiar o uso de ese espazo e pasará a ser un 70% de uso residencial. E como dicía un home de nigrán en varias reunións...ahí tiñan que estar feitas viviendas de protección oficial para o rapaces.
|
|
|
|
|
|
|
Soy la monda.
|
|
|
|
|
|
|
Re: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 8 Mess, 1 Semana ago
|
Karma: 2  
|
|
Pois eu non sei que vos diga, porque se se alerta dun risco serio de inundacións nesa zona, non creo que o maís apropiado sexa poñer ahi vivendas de protección oficial. En todo caso vivendas desas que só se ocupan na tempada de verán, tal e como son a _meta_de das que hoxe temos no municipio e están en mans dos que empregan a vivenda como inversión. As vivendas de protección oficial hai que facelas nas mesmas unidades de actuación que se desenvolven por ahi e non crear una barrio de protección oficial (gueto) por un lado e chalés por outro. A solución a Porto do Molle debería ser outra. Vamos, creo eu. Saúdos
|
|
|
|
|
|
|
|
|