Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 12/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Parque Empresarial Terciario Porto do Molle (1 vendo) (1) Invitado(s)
Ir ao fondo Publicar resposta Favorito: 0
TEMA: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle
#1060
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 1 Ano, 6 Mess ago Karma: 2  
Estanse a desenvolver as obras de execución para o Parque Empresarial de Porto do Molle. Despois das obras de explanación ven de pecharse o prazo de exposición pública do proxecto de urbanización. Os colectivos veciñais alertan da falta de adopción de medidas correctoras que limiten o impacto social e ambiental do parque.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#1061
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Parque Empresarial Terciario "Porto do Molle" 1 Ano, 6 Mess ago Karma: 2  
Onte 5 de xuño, mantivemos, os colectivos veciñais, unha reunión cun técnico que nos revisou o Proxecto de Urbanización e presentou as correspondentes alegacións ó mesmo.
A situación de desgoberno no que estivo e segue este Concello xerou unha situación tremendamente complicada en Porto do Molle, tanto polo avance das actuacións como polas deficiencias que acarrearán ó Concello a un máis que probable colapso social e medioambiental. A implantación do Parque de Porto do Molle pódese considerar sumamente salvaxe, tanto que altera o modelo de ordenación do territorio do Concello. Tan só Porto do Molle supón incrementar o solo urbanizable do Concello de Nigrán nun 50%.

Debido á dimensión do proxecto son dúas as grandes deficiencias nas que centramos a nosa atención e as nosas alegacións:

1.- Non houbo unha previsión axeitada das conexións externas do polígono.

1.1.- Viais perimetrais deficientes incapaces de satisfacer o tráfico estimado, xerado polo parque. Estímase que se xerará un tráfico duns 1000 camións/día entrando e saindo do parque por tan só dous viais exteriores. Esta situación creará un colapso e caos circulatorio no concello.

1.2.- Insuficiente rede de abastecemento (auga, luz, etc) e saneamento. A lei establece que é o promotor (Zona Franca) que ten que costear o redimensionamento das infraestructuras externas para dar abastecemento e saneamento á urbanización. Neste momento fóra do parque non é Zona Franca a que está dando solución a estes aspectos da urbanización, senon que se están costeando con diñeiro público a través das administracións públicas tales como a Deputación, Consellerías, etc.

1.3.- O parque interrumpe un sistema natural de drenaxe natural, proba directa disto é a dimensión do canal perimetral creado proxectado para canalizar un gran volumen de auga. O feito de que na zona de Porto do Molle so existise unha casa e un matadoiro revela que a zona non é apta para urbanizar debido non só as súas características xeotécnicas senon tamén á importancia do seu funcionamento como sistema natural. Isto acarrealle a Zona Franca a necesidade de resolver esta situación o que encarece enormemente a urbanización dos terreos dificultando a intención manifesta de poder ofrecer terreos baratos a empresas de fóra como reclamo. O impacto do encaise de un millón de metros cadrados na zona de Porto do Molle acarreará un impacto ainda non dimensionado de xeito creible. Zona Franca recoñece como medida a realizar para evitar as inundacións no fondo do val o encauzamento do río Muíños dende o límite do parque de Porto do Molle ata a súa desembocadura.
O problema de Porto do Molle é conseguir que sexa un sistema estanco e non influa negativamente no Medio Ambiente, e isto a día de hoxe non está garantido. De feito esta situación esixe a creación de extensas áreas de terreo rústico que amortiguarán os efectos medioambientais orixinados, en claro perxuicio dos veciños lindantes co parque.


2.- Declaración de Impacto Ambiental (DIA) anticuada. A DIA é do ano 1994 e a revisión que se fixo dela coa nova lei de Medio Ambiente no ano 2003-4 detectou tantas deficiencias que a propia Xunta de Galicia convalidoua a sabendas que era deficiente e escasa.

O Concello é o responsable de non ter exercido un control serio sobre o proxecto. Despois das alegacións o Concello debe pedir os informes técnicos pertinentes e, se se da o caso, esixir a modificación do proxecto de urbanización.

Os colectivos veciñais solicitan a toma de medidas correctoras para minimizar os efectos do desenvolvemento de Porto do Molle.

Poderedes consultar o proxecto de urbanización aprobado inicialmente, o informe técnico e as alegacións presentadas.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#1078
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 1 Ano, 3 Mess ago Karma: 4  
Por si alguán quere saber cales foron as alegacións dos veciños referente ao proxecto de urbanización de Porto do Molle, está publicado na web de www.salvemosmonteferro.org

Porto do Molle (Informe técnico e análise de deficiencias)

Apuntar que este informe foi pagado polas Asociacións veciñais, coa _meta_de do seu presuposto. Fronte a este informe as alegacións presentadas polo concello no seu momento, alá polo mes de maio foi de duas follas por unha carilla. Xa vedes.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
#1084
teresa (Usuario)
Recén chegado
Publicacións: 1
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Re: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 1 Ano, 2 Mess ago Karma: 1  
EL DELITO ECOCOLOGICO YA ESTA ECHO. EL IMPACTO MEDIOAMBIENTAL ES IMPRESIONANTE SOLO TENEIS QUE BAJAR EL CAMIÑO DO LABREGO.
MACOMUSA YA HABIA HECHO DE LAS SUYAS CON VERTIDOS PERO ES UNA ANECDOTA FRENTE A LO QUE SE AVECINA
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#1090
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Re: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 1 Ano, 2 Mess ago Karma: 4  
Isto podería ter outro final se se cambiar o uso de ese espazo e pasará a ser un 70% de uso residencial. E como dicía un home de nigrán en varias reunións...ahí tiñan que estar feitas viviendas de protección oficial para o rapaces.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
#1091
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Re: Parque Empresarial Terciario Porto do Molle 1 Ano, 1 Mes ago Karma: 2  
Pois eu non sei que vos diga, porque se se alerta dun risco serio de inundacións nesa zona, non creo que o maís apropiado sexa poñer ahi vivendas de protección oficial. En todo caso vivendas desas que só se ocupan na tempada de verán, tal e como son a _meta_de das que hoxe temos no municipio e están en mans dos que empregan a vivenda como inversión.
As vivendas de protección oficial hai que facelas nas mesmas unidades de actuación que se desenvolven por ahi e non crear una barrio de protección oficial (gueto) por un lado e chalés por outro.
A solución a Porto do Molle debería ser outra.
Vamos, creo eu.
Saúdos
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
Ir ao comezo Publicar resposta

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.