Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Parques eólicos ... por tierra már y aire. (1 vendo) (1) Invitado(s)
Ir ao fondo Publicar resposta Favorito: 0
TEMA: Parques eólicos ... por tierra már y aire.
#1083
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Parques eólicos ... por tierra már y aire. 9 Mess, 1 Semana ago Karma: 4  
A min me sorprende, e non gratamente, a discusión xerada en torno ao futuro eólico e enerxético en Galicia.
A última noticia que saía publicada referente a isto comentaba:


A Xunta ameaza ao Goberno central para impedir os parques eólicos no mar. Un estudo do Goberno central sobre as áreas potencialmente máis valiosas neste campo incluíu no seu día un sector da costa de Lugo e o litoral de Oia dende Baiona ata a fronteira portuguesa.

A instalación de aeroxeneradores no mar, unha realidade en países como Holanda e o Reino Unido que empeza a tomar forma nalgúns puntos da costa andaluza, resulta moi apetitosa para as empresas do sector. Aínda que a creación destes parques é máis cara que en terra, resultan máis rendibles porque os ventos no mar garanten unha produción sostida de enerxía.



A min me parece que isto de comparar con outros paises non é bo.
Se ben é certo que en Dinamarca existen este tipo de instalacións teño que aclarar que a orografía deste pais non é comparable á orografía de Galicia, e menos a súa realidade económica e de infraestructuras.

Por exemplo, en Dinamarca moitos dos parques eólicos son de fornecemento de áreas locais. É dicir, que producen a súa propia enerxía. Un plantexamento máis lóxico e que dista moito do plantexamento dos parques eólicos en Galicia, no que o fornecemento dos concellos onde están instalados estes trebellos soe ser precario. E o Val Miñor non é alleo a isto. Prentender colcar un parque eólico, cunha infrestructura de transporte da producción eléctrica con torretas de cables de alta (altísima) tensión cruzando todo o Val Miñor de extremo a extremo polo aire, e non soterrado. Pasando por riba das casas,...e depois ter parroquias en Nigrán e Parada onde teñen problemas de estabilidade da tensión electríca con picos de tensión (subidas e baixadas) que estraga todo tipo de maquinaria e electrodomésticos, pois parece non ter sentido ningún.

O caso dos parques eólicos no mar..por exemplo en Dinamarca. Son parques que están bastante afastados da liña de costa, e onde o calado é dun 35 metros de profundidade, algo que dista da realidade de Galicia. Por iso que o de pretender ser europeos a medias é unha política nefasta e de absoluta ignorancia.

É como dicir que en España custa máis barato a gasolina, ou que teñen que subir os prezos dos coches porque son os maís baratos de europa. Esa non é a forma de comparar. A forma de compararnos con Europa é, cantas horas ten que traballar un empregado en españa e cantas horas traballa un en francia para pagar un litro de gasolina ou para mercar un coche. Ahí é onde esta a difrencia de España do resto da Unión Europea.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
#1100
Redaccion (Administrador)
Grazas por participar en valminor.info
Administrador
Publicacións: 17
graphgraph
Usuario en liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Valminor.info valminor@gmail.com Locación: Sabarís Data de nacemento: 1978-04-08
Re: Parques eólicos ... por tierra már y aire. 8 Mess ago Karma: 0  
Escrito por Roxel.

pois o dito, é penoso que o monte sexa un negocio.Pareceme incrible que a decisión de consentimento esté en mans dun facho de comuneiros.(o monte é deles).pois mui ben!!!pero estes muiños afectan a todo omundo.E un problema de todos.!!!!!O MONTE É UN ESPAZO NATURAL!!!!!
POR FAVOR COMUNEIROS REFLEXIONADE, O ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL E UNHA CHUFLA.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Grazas por participar en valminor.info
  Reply Quote
#1101
Redaccion (Administrador)
Grazas por participar en valminor.info
Administrador
Publicacións: 17
graphgraph
Usuario en liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Valminor.info valminor@gmail.com Locación: Sabarís Data de nacemento: 1978-04-08
Re: Parques eólicos ... por tierra már y aire. 8 Mess ago Karma: 0  
escrito por EU

O penoso é que haxa quen queira manipular aos propietarios do monte.
O vento é un aproveitamento máis das CMVMC e polo tanto, son elas quen deciden se deixan ou non instalar os parque eólicos nas súas comunidades, respetando iso sí, previos os informes que sexan necesarios de medio ambiente, patrimonio, etc.
Por certo, no caso deste parque eólico, a resolución pola que se lle concede a Eurovento, fai esplícito que para a súa autorización administrativa condicionase EXPRESAMENTE o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio.

Reflexionai vos, ecoloxistas de 4x4
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Grazas por participar en valminor.info
  Reply Quote
#1102
Redaccion (Administrador)
Grazas por participar en valminor.info
Administrador
Publicacións: 17
graphgraph
Usuario en liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Valminor.info valminor@gmail.com Locación: Sabarís Data de nacemento: 1978-04-08
Re: Parques eólicos ... por tierra már y aire. 8 Mess ago Karma: 0  
Escrito por PINTO.

Unha cousa é ser ecoloxista e outra é ser tonto, parvo ou ignorante. E aquí haiche moito ignorante do tema. Que o monte é propiedade das CCMM certo é, pero iso non quere dicir que poidan facer o que queiran nel. Falemos por exemplo de Monteferro e aquel estupendo circuito de rally, ou falemos da finca do Rapón e a súa recalificación para facer un hotel no monte. dito isto, a min a noticia do presidente da CCMM do Val Miñor a paso polo arco do triunfo porque neste caso a CCMM do Val Miñor non ten moito que dicir xa que representa só un 26% de ocupación do parque eólico, o resto toca en Oia e en Tomiño.

Segundo os informes do proxecto, que eu o lin, e sobre todo o de patrimonio é unha auténtica burla cando por exemplo a dirección xeral de patrimonio non sabe que existe un petroglifo chamado da Laxe cruzada que contén o petroglifo de círculos concéntricos máis grande de Europa. E por iso agora botan as máns á cabeza e contrataron a unha empresa para catalogar todo o patrimonio que hai na Groba porque non tiñan nin puñetera idea.

Terceiro, se partido deste informe temos que fiarno do que di o resto, apaga e vámonos.

Cuarto, para colocar 21 muiños fan falla 2 millóns de metros cadrados? pero aquen queren enganar, porque non din que van a colocar 80 muiños en varias fases. E si é así están incumprindo a lei por ocultar un proxecto de marioes dimensións.

Quinto, os comuneiros non creo que decidiran nada, porque aposto o que queiras á que esas reunións onde se decidiu o cotarro do asunto non foron 6000 comuneirosa votar.

Sexto, certo é que a explotación do monte confirese ás comunidades de montes, pero é que resulta que en medio da groba vive xente, Torroña, Burgueira,... e a este xente non lle preguntaron si queren ou non un parque eólico preto da casa. Pero aquí como o Sr. Latino, víveche na parte baixa do monte, como se arde a Groba porque a el non lle afecta.

Séptimo. Non se pode chimpar un parque eólico no mellor patrimonio natural e arqueolóxico que temos enganando aos veciños, aos poucos, de que isto é riqueza e postos de traballo...isto é só un negocio nada máis, e os que fan o negocio non son os veciños. Ese son os que apandan cas consecuencias.

O que SI da cartos, e iso está demostrado, por exemplo en Asturias, son os Parques Naturais, que empregan por cada parque a máis de 300 persoas, directa e indirectamente, pero iso non interesa, o que interesa é chimpar un muiño enriba dun petroglifo sin catalogar pola xunta, que non quere dicir que non exista, gañar 1 millón de euros por cada muiño, pagarlle 6000 euros ás CCMM e ser donos de 2 millóns de metro cadrados para futuras ampliacións. O que esté debaixo, que se joda.

Pois eu digo NON ao paruqe eólico na Groba. digo sí a que lle coloquen un muiño en cada unha das leiras dos que están a favor porque o que non queiras para ti, non o queiras para os demais.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Grazas por participar en valminor.info
  Reply Quote
#1103
Redaccion (Administrador)
Grazas por participar en valminor.info
Administrador
Publicacións: 17
graphgraph
Usuario en liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Valminor.info valminor@gmail.com Locación: Sabarís Data de nacemento: 1978-04-08
Re: Parques eólicos ... por tierra már y aire. 8 Mess ago Karma: 0  
Escrito por EU

1- Que te pases polo arco do triunfo o que di un representante dunha CM afectada, da mostras do teu talante e falla de respeto polo que din os propietarios do monte.
Tes o mesmo criterio que as empresas que montan o parque. Curiosamente, en certas reunións utilizades eso como argumento, para decir que se aproveitan de certas comunidades de montes, pois non teñen % suficiente para ser decisivas.

2.- Non dubido que a dirección xeral de patrimonio non coñecera absolutamente todos os xacimentos que hai na Groba, algo normal, pois non hai ningún organismo en ningún pais que teña catalogado todo o seu patrimonio, maxime en Galicia, que das unha patada a unha pedra e seguro que é catalogable. A ver cando montades unha plataforma contra as pistas forestais, que mira que se teñen cargado patrimonio.

3.- Non hai por que fiarse de ningún informe, nin siquera dos que algúns achegaron sobre patrimonio.

4.- Os 2 millóns de m2 aos que te refires non son para colocar 21 nin 80 muiños, senón, a zona de estudio para a instalación. Presumes de ter lido o informe, pero empezo a dudar de queasí sexa.

5- Eu pertenzo a unha CM, e o normal e delegar na xunta rectora a negociación. Non estou de acordo co que se lle vai pagar as CCMM, 6900 euros é unha miseria. Coido que deberian ter negociado sobre potencia instalada. Pero iso non deslexitima os acordos.
Preguntachedes vos aos veciños para constituir unha plataforma contra o parque eólico?. Consultaches siquera cos comuneiros?.

6- Resulta que o parque eólico non se vai meter nas casas, senón no monte, a quen lle ten que preguntar son aos comuneiros. E resulta que para ser comuneiro na CMVMC de Torroña, hai que vivir en Torroña, para ser comuneiro de Burgueria, hai que ser de Burgueira, e asi.....

7- Estou de acordo que o parque non debe ir enriba do patrimonio, e para iso, repito o dito, para a autorización administrativa do Albariño I condicionase EXPRESAMENTE o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio. E si, é un negocio, que permite que a ti te funcione a vitroceramica e te libere de limpar a cociña de butano e teñas tempo para escribir aqui, como a min.
Aos veciños xa non se enganan tan fácil, a quen pretendes enganar ti?

Estou de acordo con que un parque natural da cartos, si, a uns cantos tamén, e non aos veciños, e senón vaille preguntar aos do Courel. Si xa sei, a ti gustate ir la co teu 4x4 de "finde", pero os que viven la maldita gracia que lle fai, por que ao final teñen que traballar nas pizarreiras. Conste que a min tamén me gusta ir o Courel, é precioso, nada que ver coa Groba, que sendo un lugar intersante, non se pode comparar.

Por iso eu digo, que salvaguardando o patrimonio e os valores medioambientais, SI o parque eólico se os propietarios do monte así o queren e se cumpre con todos os requisitos legais. Pois o de "enerxia eólica si, pero non aqui" xa esta moi gastado e dalle argumentos aos que defenden a enerxia atómica, e como ben dis, o que non queiras para ti non o queiras para os demais.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Grazas por participar en valminor.info
  Reply Quote
#1104
Redaccion (Administrador)
Grazas por participar en valminor.info
Administrador
Publicacións: 17
graphgraph
Usuario en liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Valminor.info valminor@gmail.com Locación: Sabarís Data de nacemento: 1978-04-08
Re: Parques eólicos ... por tierra már y aire. 8 Mess ago Karma: 0  
Escrito por EU

No punto 6) cando digo que para ser comuneiro en Torroña e Burgueira hai que ser desas parrqouias, realmenterefirome a CMVMC de Burgueira, pois Torroña non ten CMVMC, xa que pertence a parroquia de Burgueira.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Grazas por participar en valminor.info
  Reply Quote
Ir ao comezo Publicar resposta

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.