Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 07/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Parques eólicos ... por tierra már y aire. (1 vendo) (1) Invitado(s)
Ir ao fondo Publicar resposta Favorito: 0
TEMA: Parques eólicos ... por tierra már y aire.
#1123
eu (Visitante)
Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
Re: no me cuadra la suma 7 Mess, 3 Semanas ago  
Pinto escribiu:
eu escribiu:
Estimado Pinto:
E manteño o dito, pois só se vai levar un parque adiante. Ti mesmo o dis na tua resposta, "...habia proxectados..." e a eso me referin. Fuches ti quen dixestes que se ian facer "dous, tres, ....". Polo tanto es ti quen di falacias.


eu escribiu:
Esperemos polo informe da Dirección Xeral de Montes sobre esta cuestión e non adiantes acontecementos.

O Plan Eólicao é moi anterior aos incendios, se xuridicamente se entende que iso e ter previsto o cambio de uso é perfectamente legal, se se entende que non non é legal. Punto.


Respeito ao fraccionamento, ao levarse un só parque adiante, non existe tal fraccionamento.

Vaste aclarando?


Vamos a ver si nos centramos.
Había, e hai. Ou acaso os rechazaron as CCMM?.
O único que seica é inviable é o terceiro, que tocaba a parte de Loureza e quedou afectado por culpa dunha futura ampliación de Rede Natura.
Co cal, sí. Hai dous proxectos de parques eólicos, un con cartos enriba da mesa. O outro pendente, ainda está pendente de que os poñan na mesa.

Eu non adiantei acontecementos amigo meu. Cartos tampouco. Diso estou certo.
O que é, é. E se é unha infracción cruzar un semáfaro en vermello, o é, ainda que esta pendente de valoración. Pero a priore sabes que estas a meter a pata nalgo. E nisto o mesmo, o que pasa que é mellor calar non vai ser que salte a lebre

o tema do lume, dí que non se pode recalificar un monte depois dunha queima. E o monte polo de agora ten o mesmo uso que tiña fai 10 ou 20 anos. Unha recalificación do uso de ese chan é o que intenta prever esa lei, para que ninguén lle prenda lume ao monte e logo diga que como xa non hai pasto nin árbores, chantamos un hotel en riba. Como ocorría antes.

E vos teríades que ter claros ese puntos, porque se non, como vades a valorar semellante actuación. Para vos cumple eses puntos ou non?.
Porque si é non, xa está claro a favor do que estades, do parque eólico por riba de todos estes puntos. É ou non é compañeiro?


Habia e hai? en que quedamos, fuches ti quen dixeches que habia.

Pois eu non son xurista para saber si o Plan Eólico, que é anterior aos lumes, se pode entender como un cambio de uso, e polo tanto, entre dentro das excepcións que a lei de montes prevé. Se nono é, eu estou moi tranquilo, non se fai o parque e punto. En nin gano nada nin perdo nada, en todo caso, ganamos ou perdemos todos.

De todos xeitos, neste punto, hai que ter moito coidado, pois alguén pode entender que os montes arderon para que non se levara adiante o parque eólico, que tamén é posible, ou non?
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#1124
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Re: no me cuadra la suma 7 Mess, 3 Semanas ago Karma: 4  
Ahí che dou toda a razón EU. Ter coidado porque se pode entender que os montes arderon para que non se levara adiante o parque eólico, ou ao revés, dado que o terreo está queimado e arrasado e non hai posibilidade de outro uso do chan, un parque eólico non afectaría xa tanto. ou non?
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
#1125
eu (Visitante)
Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
Re: no me cuadra la suma 7 Mess, 3 Semanas ago  
Pinto escribiu:
Ahí che dou toda a razón EU. Ter coidado porque se pode entender que os montes arderon para que non se levara adiante o parque eólico, ou ao revés, dado que o terreo está queimado e arrasado e non hai posibilidade de outro uso do chan, un parque eólico non afectaría xa tanto. ou non?

Efectivamente, vexo que por unha vez estamos de acordo. Pero cos argumentos sobre o lume, hai que ter cuidado como se utiliza, por que pode queimar, en ambolos dous sentidos.

Saúdos, un placer discutir contigo
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#1126
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Re: no me cuadra la suma 7 Mess, 3 Semanas ago Karma: 4  
isto sí é un aproveitamente racional do monte. O modelo de xinzo debería ser un modelo a seguir por todas as comunicades de montes, onde realmente se demostra que o monte poder dar emprego e riqueza ás poboaciósn rurais.

A Xunta apoia con 193.000 euros o proxecto de biomasa de Xinzo

Medio Rural destinará 193.000 euros para a execución do proxecto de aproveitamento de biomasa forestal no monte de Xinzo, en Ponteareas. O custo total do proxecto será de 321.000 euros e pretende apoiar esta iniciativa, que queren estender ao resto de municipios de Galicia. Medio Rural achegará tamén o equipamento necesario para a planta e difundirá a experiencia entre expertos e o sector. Este apoio forma parte dun plan máis ambicioso no que se inclúe o apoio a outras sete plantas para as que se dedicará un total de seis millóns de euros a repartir en tres anos. A intención é que este modelo de aproveitamento da biomasa esténdase por Galicia en 2008.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
#1127
baionaconsciente (Usuario)
Recén chegado
Publicacións: 2
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Lei de Montes 7 Mess, 2 Semanas ago Karma: 1  
Non hai discusión sobre se se queima o monte para que se faga ou non. Cáseque nadie sabía do proxecto, a pesares de que se levan máis de 10 anos tomando medións do vento na zona.

O deixa ven claro a exposición pública da Xunta. Trátase dunha declaración de ben de interese público e iso se salta todos os supostos da Lei do Monte.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#1130
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Re: Parques eólicos ... por tierra már y aire. 7 Mess, 2 Semanas ago Karma: 4  
Vou achegar un documento que me chegou hoxe polo emilio.
A ver que opinades.

_base_S PARA A TRAMITACIÓN E XESTIÓN AMBIENTAL DOS PARQUES EÓLICOS DE GALICIA

Páxina 64


Medio cultural e etnográfico

Os recursos culturais e etnográficos non son renovables, e isto, por se mesmo, constitúe o motivo de que se consideren especialmente importantes.
Nalgúns proxectos o principal inconveniente para o seu desenvolvemento estriba no impacto que causan sobre os recursos culturais, tanto arquitectónicos, como lugares históricos, xacementos arqueolóxicos ou áreas de importancia singular pola información ecolóxica, científica ou xeolóxica que conteñen.
Por esta razón o estudo do medio cultural e etnográfico debe incluír ademais dos límites estritos da área de proxecto, as zonas lindantes, xa que poden verse afectadas polas actuacións realizadas.
Incluirá tamén as actividades de carácter recreativo ou turístico, así como festas e tradicións.

Dependendo das características do proxecto e a súa localización, frecuentemente a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural require o desenvolvemento dunha prospección arqueolóxica superficial intensiva, de acordo co establecido no Decreto 199/1997, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Do mesmo modo pode pedir un inventario exhaustivo do patrimonio cultural afectado, obtido como resultado da recollida de datos bibliográficos e do traballo de campo.
Para determinar con precisión o obxectivo dos estudos arqueolóxicos conducentes á elaboración dun EsIA, parécenos oportuno recorrer ó concepto de arqueoloxía preventiva que xa se utiliza nalgunhas lexislacións, a esencia do devandito concepto consiste en describir a realidade de calquera posible xacemento arqueolóxico e a súas manifestacións superficiais, garantindo a súa inalterabilidade.
En consecuencia, dentro do estrico marco dos estudos ambientais orientados á implantación de parques eólicos, consideramos que todo estudo arqueolóxico debe conter os seguintes apartados:

• Descrición e delimitación do ámbito de información.

–Plano de situación.
–Planta xeral indicando as zonas sensibles.
–Fotografías do estado actual.

•Antecedentes históricos e arqueolóxicos da zona estudada.
•Metodoloxía e técnicas aplicadas, con expresa indicación de se responden a un protocolo determinado de actuación.
•Medidas de protección e consolidación do patrimonio.




Equipo redactor
DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL:
José Manuel Álvarez-Campana Gallo
Ángel Antonio García Arias
Jesús Santamarina
José Luis García Ares
ASOCIACIÓN EÓLICA DE GALICIA:
Enrique Anchústegui Quintela
Fernando Quirós González
María Luz Lozano Cerezo
Victoria Villoch Vázquez
Aitxiber Céspedes Casero
Edita
Consellería de Medio Ambiente
Asociación Eólica de Galicia

Depósito Legal
C-0000-2004
© da edición: Xunta de Galicia e Asociación Eólica de Galicia
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
Ir ao comezo Publicar resposta

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.