A ligazón ao polígono de Nigrán arrasará unha zona verde municipal

A nova proposta da Xunta para conectar Porto do Molle coa autoestrada abrirá o debate político. A ligazón da autoestrada do Val Miñor co futuro parque empresarial de Porto do Molle afectará a máis de 20.000 metros cadrados de superficie que no proxecto de sectorización do polígono están contemplados como zona verde e de uso municipal.
A proposta foi remitida ao Concello o pasado día 9 pola Consellería de Política Territorial co obxectivo de que o goberno municipal emita un pronunciamento.
Nigrán perdería unha gran zona de uso municipal sen percibir ningunha contraprestación a cambio. Este espazo podía destinarse a unha zona de esparexemento como, por exemplo, un parque público.
A Consellería de Política Territorial enviou os planos da proposta ao Consisorio e fixou un prazo de dez días para que emita un informe que,
en todo caso, non será vinculante. Devandito prazo finaliza mañá luns.

alguén sabe algo disto? Si non é vinculante para que preguntan? que nos pregunte aos veciños Isabel Dominguez, que lle imos responder, a ver a que se adican en esta consellería, que parecen que andan a durmir.