Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

05 09/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Re: Estoupido de lixo baionés (1 vendo) (1) Invitado(s)
Ir ao fondo Publicar resposta Favorito: 0
TEMA: Re: Estoupido de lixo baionés
#549
Redaccion (Visitante)
Principiante
Publicacións: 33
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Lixo en Baiona 2 Anos ago Karma: 0  
O servizo do lixo en Baiona está levantando fortes crí­ticas non so dos membros da oposición do concello se non que os turistas decátanse que a situacón é precaria e repercute moi negativamente na imaxe dun concello de excelencia turística.

Fai tres anos que valminor.info advertía deste problema en Baiona e parece que a situación en contra de mellorar empeorou considerablemetne nos últimos anos, sen ter noticia algunha de que vaia mellorar.

Que opina vostede?
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#552
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Lixo en Baiona 2 Anos ago Karma: 4  
Son moitos os "slogans" os que acompañan o nome de Baiona nas suas campañas de promocion ou nos vistosos carteis de benvida que se atopan na rotonda de Sabarís, pero os que vivimos neste concello todo o ano, os de aquí de toda a vida, estas frases chegan a ser un insulto ou unha burla para todos e todas.

Municipio de Excelencia Turística de la España Verde, Tesoro Atlántico, Municipio de Excelencia Turísticas de Galicia, Sistema de Calidad Turística en Destino, Pequeños Puerto Atlánticos (Itereg III),

Os motivos que fan dudar destes galardóns é ver o estado dos servizos básicos deste concello.

Baiona crece pero moito me temo que o concepto de crecemento que manexan os nosos políticos centráse no urbánistico e as suas miras non chegan a ver as necesidades latentes deste crecemento desordeado.

Cando chega a tempada estival todas estas carencias acentúanse convertendo o concello nun vergoña internacional, xa que os turistas tamén comezan a darse de conta da situación.

O lixo: dende a concellería de medioambiente fai tempo anunciou que xa estaban solicitados novos contenedores de lixo, pero vese que non saben medir as necesidade de Baiona porque seguen sendo insuficientes, e non sustituiron os antigos contenedores que están rotos, vellos e suxos.

O lixo acumúlase en calquer curruncho deste municipio. Tanto as beirarúas como as zonas onde se deposita o lixo. En Baiona o lixo remata sempre depositado no chan por non haber capacidade nos contenedores.

Os contenedores que actualmente ten Baiona parecen reflexar unha nova division política territorial. Por unha banda están os contenedores de Baiona,insuficientes pero grandes, con pulsador de tapa co pé, con contenedor selectivo de plástico e papel, e aparentemente mais noviños.
Se saimos cara a Sabarís podemos ver contenedores rotos polo uso ou as prisas do persoal da basura, con mais de 10 anos, suxos porque xamais foron valdeados, alguns sen tapas para favorecer a insalubridade do lugar e o achegamento de moscas, cans, gatos, gaivotas e mesmo de ratas. Si digo ben, ratas. Os chans destes sitios son negros do lixo despoitados no chan, do que cae do contenedor e de non haber sido limpados nunca.

Todo un ambiente de calidade turística.

En Sabaris non se pode facer unha reciclaxe selectiva porque non existe nengún punto de reciclaxe conxunto. O contenedor de papel está a 300 metros do de plástico, co cal ao final eu non reclico, porque non estou disposto a pasear todos o os dias o meu lixo no coche fancedo paradas en cada un dos contenedores.

O fedor xa non distingue de parroquias. Cheira mal en todo o concello. Cando chegan as 2 da mañá todos os restaurantes da zona vella apilan o lixo dos banquetes á porta do local, todas elas fora do contenedor (que non existen) e comezan a bailar os líquidos do marisco, peixe e demáis pingos das ceas. Pero iste fecro perdura durante todo o dia onde se poder ver que o chan da rúa está totalmente negro por mor destes pingos.
Toda unha aventura infecciosa para o que queira pasear por Baiona en chanclas ou sandalias.

No caso dos supermercados paso o mesmo. Normalmente soen ser caixas que enchen os poucos contenedores da zoa provocando que os veciños non podan colocar o lixo no contenedor.

Eu lembro cando en Vigo estaban de folga o servizo de limpeza de contenedores, a alcaldesa clamaba ao ceo polo grande perigo infecioso que supuña, pero os de Baiona debemos estar feitos doutra pel, ou o noso ADN debeu mutar despois de tantos anos de paciencia porque aquí non se limparon nunca. � máis coido que non existe dito servizo.

Outro dos puntos que presentan unha imaxe lamentable é o Camping de Baiona Playa. Este establecemento turístico acumula o lixo nun garaxe con portalón, supoño que para liberar aos campistas do fedor pero para asquear lamentablemente aos que visitamos á Ladeira.
O cheiro que sale daquel portal é inmundo e coa calor un foco inaceptable. Cando sacan o lixo daquel portal van regando o camiño có líquido elemento apestoso ennegrecendo toda a area e deixando o perfume para vindeiros días.
Lixo que cae ao chan lixo que pasa a decorar tal apestoso lugar.
E digo eu -Se fan uso e proveito de tan fermoso lugar non deberían mantelo limpo?. E ao mesmo tempo uns cursiños de decencia e hixiene aos campistas para dicirlle que os restos do churrasaco e da sardiñada non se tiran á Foz nin aos camiños de acceso que bordean o Camping.

A min sinceiramente caeríaseme a cara de vergoña ler na prensa como un arganización do miñor, o IEM, por iniciativa propia organiza un paseo pola foz e unha limpeza altruista do seu entorno. Sen mais apoio que a vontade dos excursionistas.

Os veciños estamos máis que fartos de oir que non hai cartos e logo ler os orzamentos en turismo, en soldos etc... ou escoitar que teñen que subir os impostos porque non chegan.
Por que os que vivimos en Baiona temos que pagar un servizo precario e mal xestionado como o lixo?
Acaso temos menos dereitos que os que viven en Nigrán?
Pagamos menos por este servizo?
Onde está a excelencia turística deste concello?
Realmente eses títulos son gañados con méritos palpabeis?
Os entes que otorgan eses títulos coñecen esta situación?

Señores póliticos a excelencia turistica dun concello mídese precisamente nos servizos e en Baiona son precarios e insuficientes.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
#575
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Lixo en Baiona 1 Ano, 12 Mess ago Karma: 2  
Pois non vos preocupedes que agora la Corina Porro vaivos poñer unha megadepuradora de tódolos residuos da marxe sur da ría de Vigo e así por fin conseguirá Baiona parecerse a Pontevedra con ese fedor característico ó aproximarse. No inverno, os ventos predominantes do suroeste e o fedor asegurado en todo o Val Miñor anunciarán choivas, e no verán os ventos predominantes do norte e fedor en Oia anunciarán tempo soleado....
Joder se non hai ben que por mal non veña....... e vos veña criticar.....
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#583
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Lixo en Baiona 1 Ano, 12 Mess ago Karma: 2  
Non quero parecer ruín pero tampouco deixar de dicir que cando detivemos a tramitación do PXOM en Nigrán, no que resultou roto o concello, o Concello de Baiona condenounos por violentos. O que agora está a sufrir o Concello de Baiona non é máis que outro episodio deste xeito de facer PXOMs de maneira irresponsabie, neste caso por parte de la Corina Porro. O que sucede é que agora por non ter contemplado este aspecto importante dentro do PXOM de Vigo, queren encasquetarlle o problema a Baiona e mandarlle toda a merda que non queren e que por extensión vai afectar a todo o Val Miñor.

O que agora tiñan que facer os do Concello de Baiona é CONDENAR a irresponsabilidade dun goberno que fixo un PXOM para atender as necesidades dos do ladrillo e que segundo un exame de legalidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo presentado por Alternativa Veciñal incumple a lei en alo menos 43 puntos.

Claro que como nos pasou ós veciños de Nigrán, ós de Baiona e ós de Vigo temos o que merecemos.

Un saúdo.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#1097
Redaccion (Administrador)
Grazas por participar en valminor.info
Administrador
Publicacións: 21
graphgraph
Usuario en liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Valminor.info valminor@gmail.com Locación: Sabarís Data de nacemento: 1978-04-08
O xogo das diferenzas 10 Mess, 1 Semana ago Karma: 0  
Publicado na sección de Opinión de Valminor.info
Enviado por baionaconsciente.blogaliza.com

¿Xogamos? A ver se atopamos a sustancial diferenza entre a primeira imaxe, en branco e negro, tomada en Redondela (Faro de Vigo) e a segunda, a cor, tomada en Baiona.





O sustancialmente diferente é que en Redondela levan tres días de folga e en Baiona o servizo municipal non o está.

Para moitos unha vergoña, para outros, entre eles membros da corporación municipal, a culpa é dos veciños de Baiona, que tiran todo por fora.

Non podemos negar que algo de culpa temos todos ao non cumprir cos horarios para depositar o lixo, pero como ven se pode ver nesta foto en Sabarís, non só é ese o problema:

1º.- Moita xente descoñece a ubicación do punto limpo e a súa función.

2º.- A maioría da xente carece de medios para levar colchóns, mobles e outros refugallos de grandes dimensións ata o punto limpo de Baiña.

3º.- A unha inmensa maioría de xente non lle apetece ir ata o punto limpo cargado ata arriba, cando pode tiralo ao pé da casa do veciño.

4º.- Non existe un estudo de volume de lixo por zonas, ou non se está a aplicar, senón non se entende o escaso número de contenedores nalgunhas zonas e o exceso noutras.

O problema do lixo non é só cuestión dun servizo municipal deficiente, tamén implica posibles riscos sanitarios. Con isto non se pode xogar, sobre todo cando se trata do único servizo de recollida non privatizado no Val Miñor.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Grazas por participar en valminor.info
  Reply Quote
#1098
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Re: O xogo das diferenzas 10 Mess, 1 Semana ago Karma: 4  
Non é todo culpa dos veciños que por exemplo os contenedores teñan as tapas rotas e alimenten a gaterío e as ratas da contorna.
Tampouco é culpa dos veciños que xamais se valdearan e que estén cheiños de roña incrustada.
Tampouco é culpa dos veciños que sexa pequenos e insuficientes.
Tampouco é culpa dos veciños que o servizo de recollida deixe sempre os contenedores coa tapa aberta (os que o teñen).
Tampouco é culpa dos veciños, que non existas puntos verde con todos os seus contenedores para poder reciclar (o que ten papel, non ten plásticos, o que ten plásticos non ten organícos).
Tampouco é culpa dos veciños que non se limpen as contornas onde están ubicados os contenedores, onde papeis e pingos enxurrentos manchan toda a acera e fan proliferar todo tipo de moscas e mosquitos.
Pero sí e culpa dos veciños estar calados e pagar un imposto ante un servizo tan pésimo.
A min gostaríame saber que opinan por exemplo a Asociacións de Veciños Castro Ladeira de Sabarís. Porque cando foi do tema da depuradora que quería clavarnos Corina Porro, rápidamente se puxeron detrás da pancarta e pegaron papeis en todas as farolas. Pero xamais escoitei piar a ninguén por este tema.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
Ir ao comezo Publicar resposta

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.