No que respecta á Axenda 21, vaia por diante que me parece unha iniciativa moi louvable por parte do Concello de Nigrán, mais iso non quer dicir que sexa preciso esaxerar a realidade. É posible que sexa verdade que é o único municipio da Galiza en redactar o PXOM e a Axenda 21 simultaneamente, pero iso implicaría que o Goberno municipal de Curtis está a mentir (ou eu non entendo ben o alcance de cadansúa afirmación, que tampouco é descartable). En calquera caso, recomendo ler o seguinte enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2007/09/25/0003_6172310.htmEn calquera caso, esta é unha discusión totalmente baleira de virtualidade práctica. O importante é que se fagan a Axenda 21 e o PXOM, e que se fagan ben.
Salvo mellor opinión.