Vou achegar un documento que me chegou hoxe polo emilio.
A ver que opinades.
_base_S PARA A TRAMITACIÓN E XESTIÓN AMBIENTAL DOS PARQUES EÓLICOS DE GALICIAPáxina 64
Medio cultural e etnográficoOs recursos culturais e etnográficos non son renovables, e isto, por se mesmo, constitúe o motivo de que se consideren especialmente importantes.
Nalgúns proxectos o principal inconveniente para o seu desenvolvemento estriba no impacto que causan sobre os recursos culturais, tanto arquitectónicos, como lugares históricos, xacementos arqueolóxicos ou áreas de importancia singular pola información ecolóxica, científica ou xeolóxica que conteñen.
Por esta razón o estudo do medio cultural e etnográfico debe incluír ademais dos límites estritos da área de proxecto, as zonas lindantes, xa que poden verse afectadas polas actuacións realizadas.
Incluirá tamén as actividades de carácter recreativo ou turístico, así como festas e tradicións.
Dependendo das características do proxecto e a súa localización, frecuentemente a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural require o desenvolvemento dunha prospección arqueolóxica superficial intensiva, de acordo co establecido no Decreto 199/1997, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Do mesmo modo pode pedir un inventario exhaustivo do patrimonio cultural afectado, obtido como resultado da recollida de datos bibliográficos e do traballo de campo.
Para determinar con precisión o obxectivo dos estudos arqueolóxicos conducentes á elaboración dun EsIA, parécenos oportuno recorrer ó concepto de arqueoloxía preventiva que xa se utiliza nalgunhas lexislacións, a esencia do devandito concepto consiste en describir a realidade de calquera posible xacemento arqueolóxico e a súas manifestacións superficiais, garantindo a súa inalterabilidade.
En consecuencia, dentro do estrico marco dos estudos ambientais orientados á implantación de parques eólicos, consideramos que todo estudo arqueolóxico debe conter os seguintes apartados:
• Descrición e delimitación do ámbito de información.
–Plano de situación.
–Planta xeral indicando as zonas sensibles.
–Fotografías do estado actual.
•Antecedentes históricos e arqueolóxicos da zona estudada.
•Metodoloxía e técnicas aplicadas, con expresa indicación de se responden a un protocolo determinado de actuación.
•Medidas de protección e consolidación do patrimonio.
Equipo redactor
DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL:
José Manuel Álvarez-Campana Gallo
Ángel Antonio García Arias
Jesús Santamarina
José Luis García Ares
ASOCIACIÓN EÓLICA DE GALICIA:
Enrique Anchústegui Quintela
Fernando Quirós González
María Luz Lozano Cerezo
Victoria Villoch Vázquez
Aitxiber Céspedes Casero
Edita
Consellería de Medio Ambiente
Asociación Eólica de Galicia
Depósito Legal
C-0000-2004
© da edición: Xunta de Galicia e Asociación Eólica de Galicia