|
Primeriamente agradecer a Valminor.info por atender á miña petición:
Pois aproveitando isto do internet vou pegar aquí o texto sobre este pleno que publicou o BNG de Baiona.
O salón de plenos estaba hoxe algo máis concurrido que en pasadas citas, o sorprendente era ver alí a unha parexa de Policías Municipais, xa que nos últimos plenos non tiña estado nin un só, resulta que xa estaban en sobreaviso o Sr. Alcalde de que hoxe posiblemente os vendedores de peixe da praza de abastos de Baiona fosen a manifestarse. Pois uns intres antes de que comezase o pleno un grupo de unhas 15 persoas accederon o salón de plenos e deixaron que este comezase sen maior problema.
Tratouse entón o primeiro punto que foi aprobado por unanimidade, e cando comezaba o Sr. Rodal coa exposición do 2º punto estas persoas que se atopaban todas elas de pé por non existir cadeiras baleiras despregaron uns papeis onde se podía ler que pedía Xustiza ante a situación na que se atopan, logo tras un par de minutos cos papeis despregados e cando todos os medios xa lle sacarán fotos, decidiron acercarse ata colocarse xusto diante do Alcalde, para logo de uns intres retirarse eles mesmos do salón de plenos, sen que se tivese que empregar en ningún momento a forza. Recordar que esta reivindicación dos vendedores de peixe da praza de Abastos, vai ligada a da concentración da semana pasada diante da casa do Concello, reclamando que se elimine a venta ambulante ilegal de peixe que existe en Baiona, ademais de melloras nas instalacións da praza de Abastos.
Queremos aproveitar para felicitar a todos e todas as persoas que hoxe protagonizaron esta reivindicación polo seu saber estar, e manifestarse sen ter que recorrer o insulto, nin a descalificacións a ningún dos membros da corporación.
Despois de este pequeno altercado, continuou o pleno e neste segundo punto da orde do día o PSoE abstívose e os dous concelleiros do BNG votarón en contra. Xa que o BNG de Baiona está totalmente en contra da privatización de servizos públicos, e esta adxudicación do equipo de goberno non deixa de ser outra cousa que unha privatización da xestión do Punto Limpo que a maiores suporá, según os orzamentos do ano 2008, aprobado no anterior pleno de un incremento no gasto de 110.000 € pasando no ano 2007 de unha partida de 90.000€ a unha nova partida neste ano de 210.000€.
De seguido, se pasou o terceiro punto da orde do día, que era a adhesión do Concello de Baiona o Consorcio galego de Benestar. Apartado que tamén foi aprobado por unanimidade. Non sen antes ter recordado polo BNG que Vicepresidencia da Xunta de Galicia está a subvencionar a creación dun centro de día en Sabarís con un total de 600.000 € e a tan agardada gardería Municipal, que está en construción, poderá integrarse na rede de Galescolas da Xunta de Galiza co conseguinte beneficio para os veciños e veciñas de Baiona.
O remate destes puntos se presentaron dúas mocións de urxencia unha verbal por parte do portavoz do PSOE referida a situación vivida no salón de plenos con referencia as protestas do vendedores de peixe da praza de abastos e que finalmente non foi aprobada a súa urxencia polo equipo de goberno. Pola nosa parte o BNG tamén presentamos outra moción que detallamos a continuación e que tampouco foi aprobada a súa urxencia.
O GRUPO MUNICIPAL DO B.N.G. PRESENTA Ó PLENO DO CONCELLO DE BAIONA A SEGUINTE MOCIÓN DE URXENCIA SOBRE A ADICATORIA DUNHA ROTONDA DA PARROQUIA DE STA. CRISTINA SITA NA AVENIDA DE SABARÍS CO CRUCE DO CAMIÑO REAL, AOS IRMÁNS LUÍS LÓPEZ LUÍS E JOSÉ LÓPEZ LUÍS, COÑECIDOS COMO “OS INESES”: Un dos episodios máis sanguentos da guerra de 1936 foi o que aconteceu unha mañanciña do 16 de outubro de 1936 na coñecida como Enseada da Bombardeira, no quilómetro 58 da estrada Pontevedra-Camposancos, e dende o tráxico suceso coñecida popularmente como “A Volta Dos Nove” onde nove persoas foron, vexadas, humilladas e asasinadas impunemente. Vinganza era o que buscaban os asasinos naquela triste madrugada. O desencadeante do asasinato foi a persecución de dous dirixentes da sociedade obreira de oficios varios de Sabarís:Luís López Luís e José López Luís. Irmáns, fillos de Inés Luís Mosquera e de Luís López Martínez. Pola nai eran coñecidos como Os de Inés ou Os Ineses. Tiñan unha pequena explotación agraria mesmo fronte aos espléndidos petroglifos de Outeiro dos Lameiros .Os dous irmáns, Luís de 46 anos e José de 41, estiveran en América e regresaran con ideas progresistas e ecoloxistas. Eran vexetarianos e un deles impartía clases de esperanto aos labregos. O maior de ideoloxía socialista, o máis novo, anarquista. Ao triunfar o golpe militar agocháronse en varios lugares ata que decidiron esconderse na casa dun señor maior e cego, Ventura Pérez, coidado por Dolores Samuelle Álvarez, coñecida como Perfecta. As pescudas dos falanxistas, inspiradas polo tristemente coñecido Cabo Pena, comandante do posto da garda civil de Baiona, tiveron éxito e as sospeitas de que alí estaban Os Ineses fóronse confirmando porque Perfecta levaba moito pan e o xornal que non podía ser para ela que non sabía ler nin para o cego.O cabo Pena e o falanxista Refojos entraron na casa e toparon os dous irmáns. Un deles disparou e feriu a Refojos que morreu dous días despois.A Pepe matárono nunha viña preto da casa de Ventura e a Luís contra a tapia do camposanto de Sabarís. Os falanxistas mataron tamén a señora Perfecta, de 71 anos, e para humillala enterrárona entre os dous irmáns nunha foxa do cemiterio civil.
O grupo municipal do B.N.G. solicita a aprobación polo Pleno da Corporación de Baiona da seguinte MOCIÓN:
Adicar a rotonda ou glorieta da parroquia de Sta Cristina sita no cruce da Avenida de Sabarís co camiño Real aos irmáns López Luís, pasando a denominarse Rotonda dos Ineses ou Glorieta dos Ineses en recoñecemento a estes dous irmáns fillos de Sabarís e como dicía o “Faro de Vigo” do 15 de outubro de 1936 :”Coñecidísimos nesta comarca pola significación extremista e desempeñando un deles o cargo de tenente de alcalde de Baiona”.
Baiona, 3 de abril de 2008
Ana María Rodríguez Fernández Xosé Enrique Fernández Fernández
Concelleira do B.N.G. Portavoz Municipal do B.N.G.
O motivo polo cal presentamos esta moción por urxencia é porque o Sr. Alcalde ten por costume no elevar o pleno as moción presentadas polos BNG de Baiona. Ou aproveitalas para logo convértelas en mocións conxuntas. Sorprendentemente o PSOE tamén se abstivo na votación da urxencia desta moción. De todos os xeitos meteremos esta moción por rexistro e xa veremos se a Sr. Alcalde a inclue entre os puntos da orde do vindeiro pleno de Maio.
Xa para rematar no turno de rogos e preguntas o Sr. Alcalde contestou as preguntas que fixo o BNG no pasado pleno referidas a festa da arribada e contestounos que se instalaron un total de 210 postos, que se retiraron 18 tras reiterados incumprimentos por parte destes, e que se recadaron un total de 18.000€ polos postos, a relación total de ingresos e gastos que tamén solicitamos non poden día de hoxe mostralos, xa que todavía non os teñen rematados, logo o PSOE realizou un batería de preguntas sobre a situación da praza de abastos e os vendedores da mesma, que non obtiveron resposta por parte do Sr. Alcalde, quedando pendentes para o vindeiro pleno.
O BNG realizou as seguintes preguntas:
PREGUNTAS DO GRUPO MUNICIPAL DO B.N.G. AO PLENO DO DÍA 3 DE ABRIL DE 2008
1-¿Sabe o Sr. Alcalde que o paso de peóns que estaba enfronte da rúa Elduayen está a despistar oas condutores e as persoas que queren cruzar a estrada por estar mal borrado?
Resposta Sr. Alcalde: Non sei a que paso de peóns se refire.
2-¿De quen é competencia pintalo ben de cor negro para borralo?
Resposta Sr. Alcalde: A competencia da rúa Elduayen é de Política Territorial.
3-Na parte superior do Plan Parcial Virxe da Rocha había unha serie de árbores de dimensións considerables ,¿quen mandou talalos?
Resposta Sr. Vilar: Os veciños tiñanse dirixido o Concello para informar da problemática cos eucaliptos que alí había, e é por iso polo que no Concello se puxo en contacto con unha empresa para que os cortase e levase a madeira en compensación polo traballo........ (nunha videira anotació falaremos logo e tendido sobre este tema).
9-¿Qué medidas se levan tomado cos vendedores ambulantes ilegais neste concello?
10-¿Teñen identificados a algúns destes vendedores?
11-¿Ten chegado algún acordo consensuado o goberno municipal cos vendedores da praza de abastos?
12-¿Cando pensan colocar as portas prometidas na praza de abastos para que poida ser mais agradable tanto a venta como a compra dos productos alí ofertados e non ter que pasar frío polas correntes de aire que alí se xeneran?
13-¿É certo que o goberno municipal está preparando unha Feira de Abril en Baiona?
14-¿Dónde se vai celebrar?15-¿Cal é a data da festa?16-¿En que vai consistir?
|