¿Qué pasa coa xente?
Os usuarios desta web que teñen conciencia do mundo onde viven e non se cortan en criticar o que non aproban. Teñen ben amobladas as ideas na testa e parecen pensar con maior claridade que os polÃticos, eses "profesionais" da xestion dos servicios e bens públicos.
Este espacio web foi creado gracias a unha persoa e ela soa aportou grandes beneficios á nosa comunidade. Cunha enorme xenerosidade, adica grandes esforzos e horas de traballo para manternos oportunamente informados do que nos importa, do que acontece ó noso arredor máis inmediato. Eu estou profundamente agradecido.
Isto, por outra banda, dame bastante que pensar... Fixate o que conseguiu unha soa persoa. Este é un espacio virtual no que a xente, coas súas aportacións puntuais (crÃticas comentarios, novas...) manifestan dalgún xeito o modelo ideal de concello que teñen. O seu modelo de vida. Toda ista producción literaria, nos foros e demáis, quizáis sexa para moitos unha vÃa de escape ás súas revindicacións, á frustración de non poder participar nas decisións polÃticas, que moitas veces aparecen incoherentes, desmesuradas, grotescas, absurdas, pouco meditadas... Todos estamos ocupados nas nosas cousas, e aproveitamos os momentos libres, tal vez, para participar nestes espacios aproveitando a comodidade e rapidez que as novas tecnoloxÃas da información posibilitan.
A carga se alixera cada vez que nos expresamos, que comunicamos ó mundo as nosos puntos de vista, os desacordos, as crÃticas. Expresarnos nos deixa en paz, ó menos temporalmente. E nos reafirma atopar outras persoas que comparten as nosas inquedanzas.
Aquà temos un lugar onde escribe xente comprometida coa relidade do seu entorno, con aptidtudes para sacar boas conclusións. Pero... ¿que trascendencia real teñen as palabras que escriben aqu� Quizás deberiamos pensar para qué nos manifestamos ¿Para realizar un cambio?Tal vez tan só polo impulso de expresarse libremente ¿Cal é o compromiso que temos con esas opinións?
As reflexión son moi necesarias para comezar, son un inicio. E hai que trasladar estes modelos á realidade. Non deixa de ser certo que as palabras as leva o vento...
Por iso asociamonos. Hai asociacións con fins sociais, culturais,etc. Dentro do Val está o Instituto de Estudios miñoranos, as asociacións de veciños, culturais... Tántas cabezas traballando independentemente... Buscando fins persoais e o mesmo tempo sociais. O ben para un, e para os demáis. Nós formamos acrexoval, e temos algunhas ideas na web
www.valminor.info/acrexovalweb¿Qué ten máis valor, a acción ou a reflexión?
Ningunha sen a outra son efectivas
Unha soa persoa deunos esta oportunidade
¿qué pasa coa xente? (e volta e a empezar)
Conceptos chave: iniciativa, participación cidadá, asociación, polÃtica, modelo de vida.
:roll: