Montse (Usuario)
Recén chegado
Publicacións: 1
|
|
Monteferro 2 Anos, 10 Mess ago
|
Karma: 0  
|
|
Queridos Reis De Oriente: Sei que non é a vosa especialidade, pero eu quixera pedirvos unha paisaxe. Sempre tiven nun recuncho das miñas crenzas, a refuxio do racional, un lugar para a maxia da que din que vos sodes mestres, alomenos unha vez por ano e neno. Pois, polos nenos que agora están e polos que han de vir ó Val Miñor, é que vos pido a vosa axuda, para poder seguir disfrutando do noso lugar especial e fermoso e parar as garras da globalización enchaletadora e a fame dos lobos da especulación. Ese lugar chámase MONTEFERRO, monte de ferro, i é verde para os ollos, aire para os pulmóns, sendeiro para os pés e beleza para a alma. Córtanlle as árbores e plantan farolas e rúas de asfalto. PÃdennos que coidemos o gasto de enerxÃa para seguir tendo un planeta onde vivir e eles alumean rúas e estradas baleiras, rouban a escuridade natural que deixaba ver as estrelas, con luces que só chaman a atención das aves de rapiña: Aquà caben ben moita parcela e moito parné. Hai anos que vin desaparecer en mans doutros coma eles o litoral de boa parte da costa catalana e converterse nun mar de cemento e ruÃdo. Agora o máis poboado e desfigurado está deshabitado e triste. Véndese barato por paquetes turÃsticos, para os que non poden veranear onde aÃnda hai beleza e natureza,(iso está caro) e se atorden co alcohol, as discotecas e as fresas con nata. Cando cheguei aquÃ, xa hai moito tempo, pensei que estábamos vacinados. Que ningún pobo con dous dedos de fronte caerÃa na mesma trampa de vender a súa riqueza e a súa diversidade, --aquilo que o fai único e especial-- por diñeiro fácil e destrucción para mañá. Diñeiro só para algúns, coma sempre. Os meus amigos de Panxón ,da Porqueira, do Quinteiro tiveron que facer as casas --xa hai tempo-- lonxe do lugar onde naceron, hoxe convertido en solar de segundas residencias . Os castiñeiros en fronte da nosa casa cambiaron por tellados e máis tellados. Menos mal que o mar segue aÃ, maxestoso e vivo, e a xentes que queremos unha paisaxe donde vivir tamén. Aquà estamos. Podédenos axudar?
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Monteferro 2 Anos, 10 Mess ago
|
Karma: 0  
|
|
ainda que o inevitable chegará, hay que facer entender que isto non pode seguir asà ; unha chea de xente con cartos nunha maleta non pode chegar a un pobo coma o noso e facer o que lle pete. Isto non e tolerable. SALVEMOS MONTEFERRO
|
|
|
|
|
|
|
|
juanpablo (Usuario)
Recén chegado
Publicacións: 1
|
|
Monteferro 2 Anos, 10 Mess ago
|
Karma: 0  
|
|
GUstame leer o que penso, o que sei que pensa moita xente. GRacias.
Quixera facerte unha pregunta, porque o teu mail preocupoume. Cando se comezou a urbanización fun por alà e falei con xente, e parece que xa non se vai construir máis... este nadal estiven fóra, e o voltar atopome con carteis que din: Salvemos Monteferro, e co teu mail... Acaso van seguir coa desfeita??? gustarÃame, se sabedes que vai pasar, que mo dizades, secadra se pode berrear un pouco, e se de berros se trata, a máis, máis .
Pois nada, feliz xaneiro e ata a próxima!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Monteferro 2 Anos, 10 Mess ago
|
Karma: 0  
|
|
Seica hai una web que informa da movida en defensa de Monteferro.http://www.salvemosmonteferro.org. Unha aperta
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Monteferro 2 Anos, 9 Mess ago
|
Karma: 0  
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|