Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

05 09/08
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Monteferro (1 vendo) (1) Invitado(s)
Ir ao fondo Publicar resposta Favorito: 0
TEMA: Monteferro
#294
Montse (Usuario)
Recén chegado
Publicacións: 1
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Monteferro 2 Anos, 8 Mess ago Karma: 0  
Queridos Reis De Oriente:
Sei que non é a vosa especialidade, pero eu quixera pedirvos unha paisaxe.
Sempre tiven nun recuncho das miñas crenzas, a refuxio do racional, un lugar para a maxia da que din que vos sodes mestres, alomenos unha vez por ano e neno.
Pois, polos nenos que agora están e polos que han de vir ó Val Miñor, é que vos pido a vosa axuda, para poder seguir disfrutando do noso lugar especial e fermoso e parar as garras da globalización enchaletadora e a fame dos lobos da especulación.
Ese lugar chámase MONTEFERRO, monte de ferro, i é verde para os ollos, aire para os pulmóns, sendeiro para os pés e beleza para a alma.
Córtanlle as árbores e plantan farolas e rúas de asfalto. Pídennos que coidemos o gasto de enerxía para seguir tendo un planeta onde vivir e eles alumean rúas e estradas baleiras, rouban a escuridade natural que deixaba ver as estrelas, con luces que só chaman a atención das aves de rapiña: Aquí caben ben moita parcela e moito parné.
Hai anos que vin desaparecer en mans doutros coma eles o litoral de boa parte da costa catalana e converterse nun mar de cemento e ruído. Agora o máis poboado e desfigurado está deshabitado e triste. Véndese barato por paquetes turísticos, para os que non poden veranear onde aínda hai beleza e natureza,(iso está caro) e se atorden co alcohol, as discotecas e as fresas con nata.
Cando cheguei aquí, xa hai moito tempo, pensei que estábamos vacinados. Que ningún pobo con dous dedos de fronte caería na mesma trampa de vender a súa riqueza e a súa diversidade, --aquilo que o fai único e especial-- por diñeiro fácil e destrucción para mañá. Diñeiro só para algúns, coma sempre. Os meus amigos de Panxón ,da Porqueira, do Quinteiro tiveron que facer as casas --xa hai tempo-- lonxe do lugar onde naceron, hoxe convertido en solar de segundas residencias .
Os castiñeiros en fronte da nosa casa cambiaron por tellados e máis tellados. Menos mal que o mar segue aí, maxestoso e vivo, e a xentes que queremos unha paisaxe donde vivir tamén. Aquí estamos. Podédenos axudar?
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
      Temas Autor Data
    thread link
Monteferro
Montse 06-01-E 04:42:40
    thread link
thread linkthread link Monteferro
Anónimo 09-01-E 02:46:08
    thread link
thread linkthread link Monteferro
juanpablo 14-01-E 07:32:16
    thread link
thread linkthread link Monteferro
Anónimo 22-01-E 16:17:11
    thread link
thread linkthread link Monteferro
Anónimo 01-02-E 07:08:27
    thread link
thread linkthread link Monteferro
Tana 05-02-E 11:07:24
    thread link
thread linkthread link Monteferro
Anónimo 16-02-E 03:47:48
    thread link
thread linkthread link Monteferro
Anónimo 16-02-E 06:16:55
    thread link
thread linkthread link Monteferro
Zarkov 17-02-E 08:02:27
    thread link
thread linkthread link Monteferro
Anónimo 19-03-E 07:58:23
    thread link
thread linkthread link Monteferro
Anónimo 19-03-E 08:13:15
    thread link
thread linkthread link Monteferro
Anónimo 06-04-E 01:07:01
Ir ao comezo Publicar resposta

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.