|
E unha vez mais volveu a acontecer.Onte a un veciño noso de gondomar, e membro do BNG uns delincuentes que non saben utilizar a palabra para defender as suas ideas queimaronlle os coches e mais parte da súa casa. O feito é tremendamente grave, se temos en conta que nese momento na casa estaban él, a sua dona e a sua filla. Entraron de madrugada, na escuridade, para non ser vistos, eran conscientes do que estaban a facer e, amparándose no seu anonimato, sen dar a cara mandaron un aviso para todos os navegantes que denuncian inxusticias, atropelos, especulacións, e loitan polo que creen sen mais armas que a palabra e a coherencia. Imaxinade calquera de nós, que vive do seu traballo, que ama o lugar no que vive que se implica porque considera que estan a estragar algo que merece a pena conservar, un dÃa calquera chega a casa, cea, fala coa familia, se deita, e, de madrugada se desperta con esta visión. Non coñezo a Domingo, pero dende aquà me gustarÃa decirlle que estou do seu lado que admiro ás persoas que son consecuentes e defenden aquilo no que creen. E ós señores que atropelaron a vida deste home decirlles que teñen todo o meu DESPREZO, QUE SON MISERABLES E COBARDES.
|