Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Plan Xeral Ilegal (1 vendo) (1) Invitado(s)
Ir ao fondo Publicar resposta Favorito: 0
TEMA: Plan Xeral Ilegal
#579
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 4 Mess ago Karma: 2  
Como din os mozos agora: LO FLIPO!!!!!

Así que saímos á rúa porque este modelo de Nigrán non nos convencía e agora toda a discusión céntrase en si o equipo redactor isto ou o equipo redactor aquilo. Eu non entendo nada..... ¿e o equipo de goberno, e o alcalde? Se é cousa do equipo redactor en vez de protestar no concello tiñamos que ter ido á Coruña á Oficina de Planeamento.

Na A. VV. Dunas de Nigrán fixemos a comparativa entre o avance do plan do 2001 e o actual PXOM, se o vedes flipades e a conclusión de cal foi a man que fixo o PXOM é obvia. Outra cousa é demostrar que houbo os pelotazos dos amiguetes e mesmo dos familiares de alguén.

Eu non me cansarei de dicdir que a política é para os políticos e ós veciños agora tócanos currar. Menos dialéctica e máis curre ou qué é o que lle imos esixir ó alcalde do modelo de Nigrán que queremos?. Na última asamblea de veciños da parroquia de Nigrán quedamos en que os veciños son os que teñen que pronunciarse e empezar a definir o modelo de Nigrán no que queren vivir. Dende entón nin unha soa suxerencia. Mentres estades enredados en discusións secundarias estamos a perder o tempo e as A. VV. non van decidir por vós. E se cambiamos de equipo redactor pero as ordes son as mesmas estaremos como agora. Non nos enganemos.....

Por outra banda, constantemente se oen acusacións de especulación, de corrupción, pois ben onde están eses supostos actos delictivos? ou é que o único que buscamos é facer ruido e difamar. Sexamos serios, por favor.

Sinciramente, agradecemos tódolos consellos, pero manipulación política de ningún xeito. Sexa da cor que sexa.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#580
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 4 Mess ago Karma: 2  
Diferencia entre PLAN E PLANEAMENTO.

Hoxe chamoume unha periodista dun coñecido medio de prensa que amosaba estar moi desconcertada. Veredes, ela sabía que as A. VV. piden un novo planeamento pero o alcalde díxolle que o que íamos facer a partires da reunión que manteremos o próximo martes é traballar sobre o actual Plan e nada de facer un novo, e ademáis que esto o sabían as A. VV.

Certamente o alcalde non minte cando dí que imos traballar sobre o PLAN, pero nós temos claro que imos a un novo PLANEAMENTO. Son dúas cousas compatibles que non poden enganar ós cidadáns.

Calquera [b:372039de1f]Plan[/b:372039de1f] Xeral de Ordenación Municipal consta de dúas partes. Por un lado o traballo de campo (Topografía, planimetría, casas, ríos, etc, etc) e por outro lado a parte de decisión de cara ó futuro, o que se denomina o [b:372039de1f]planemaneto[/b:372039de1f].

Resultaría absolutamente absurdo volver repetir a parte técnica deste PLAN, sempre e cando esté ben feita, así que podemos aproveitar esta parte e abordar un novo PLANEAMENTO, xa que é esta parte a que non admitimos baixo ningún concepto. E isto o alcalde tamén o sabe, o que pasa é que políticamente nunca vai admitir que imos facer un novo PLAN. Sería un suicidio político. Sen embargo o que vai resultar é un documento que terá que ser enviado á Xunta quen terán que volver emitir un informe para a súa aprovación inicial.

¿Podemos chamarlle a isto un novo PLAN? Eu creo que sí, o alcalde dirá que é unha modificación do anterior.

Ollo que en campaña electoral as palabras hai que medilas ó milímetro e está claro que calquera grupo político que se presente tentará sacr beneficio do dichoso PXOM.

Un saúdo e seguiremos aclarando.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#582
indio (Usuario)
Recén chegado
Publicacións: 6
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 4 Mess ago Karma: 0  
Juan creo que te equivocas. A discusión sobre cambiar ou non o equipo redactor non é absolutamente secundario, senón que é o principal e o fundamental para conseguir un novo Plan de Ordenación libre de calquera sospeita de corrupción ou trato de favor. Se os políticos que deron as directrices para elaborar o Plan son corruptos mais aínda o será o equipo redactor â??Oficina de Planeamento S.A.â?? que se prestou a pregarse aos seus intereses privados. Non apartar a este equipo redactor da redacción dun novo Plan Xeral é manter o status actual, e manter ao equipo que redactou as Normas Subsidiarias e así nos vai a nivel urbanístico en Nigrán. Só tes que comprobar quenes resultaron ser os propietarios das mais rentables Unidades de Actuación, SAUs, etc.: Mario Puentes e Cia., a parte dos mafiosos do Celta practicamente os mesmos que agora saían beneficiados no Plan que pretendían aprobar o PP e o PINN en xuño. Sen cambiar o equipo redactor non hai nada que facer. ¿Por qué cres que algúns grupos políticos teñen tanto interese en manter a este equipo redactor sen debater o que sería mellor para Nigrán?. ¿Porqué non se debate nas asambleas das AAVV se prefiren a elaboración dun novo Plan co mesmo ou distinto equipo redactor?. ¿ Porqué crees que o alcalde presume privadamente ante os seus amigos de que ten a situación controlada porque o PSOE lle garante a continuidade deste equipo redactor antes e despois das eleccións municipais?. Todo o traballo que poidan facer as AAVV non vai ser tido en conta por este equipo redactor, así xa actuaron respecto as suxerencias que as asociacións fixeran o Avance do Plan. ¿Cal é a razón de que non volvan a actuar de igual forma?. E de ser tido en conta tan só sería como promesas electorais e despois das eleccións municipais os partidos políticos non terían ningún compromiso coas AAVV senón con todos os veciños de Nigrán (socios ou non dalgunha das asociacións) e co que levasen contemplado no seu programa electoral en relación ao PXOM e aínda así estaría por comprobar se o cumprían. Cando temporizas parece que descoñeces como funciona a administración municipal, xa que levaría bastante menos tempo facer un verdadeiro Novo Plan cun novo equipo redactor e mais aínda tendo xa feito e pagado o traballo de campo, que facer un novo plan (que mellor sería chamarlle reforma) co actual equipo redactor. Elaborar un Prego de _base_s de Contratación, Concurso e Adxudicación pode facerse en 3 meses, e nun ano estar presentado un novo Plan. Reformar o actual Plan e ademais co mesmo equipo redactor significaría andar a xogar 9 meses (ata as eleccións) sen concretar nada, 9 meses perdidos e a partir da aí todo dependerá non das AAVV senón da representación das distintas forzas políticas na próxima corporación municipal, co cal como mínimo dous anos a partir desa data. Calquera persoa coas ideas claras debería desconfíar de todos os que din que o mellor é facer un novo plan ou reformar o existente mantendo o actual equipo redactor para non perder tempo e diñeiro. A eles non lle preocupa o diñeiro por que non é deles senón de todos os veciños de Nigrán e tampouco o tempo porque o actual equipo redactor botou tres nos e facer o plan incumprido todos os prazos dados pola corporación e antes de que remate este mandato non vai facer nada, o único que lles preocupa aos que moven os fíos do poder en Nigrán e que se aparte este equipo redactor por que senón acabáselle o influír no mesmo e polo tanto o seu negocio. En fin de nada serviron as manifestacións, as denuncias na fiscalía, etc. que puidesen organizar as AAVV se o final se deixan inxenuamente convencer por unha estratexia planificada conxuntamente por Rial e Alfredo para, en calquera suposto, manter o actual equipo redactor
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#587
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 4 Mess ago Karma: 2  
Bueno Indio, con respecto ó que dis, podo estar máis ou menos de acordo nalgunhas cousas. Sen embargo, non sei se estarás conmigo en que hai un factor que se intrucú o 2 de xuño e que cambia as cousas con respecto a antes: A mobilización cidadá.

A nosa máxima preocupación nestes momentos é que se nos escoite e sobre todo que se responda ás peticións dos veciños, aproveitando a espectación e movilización dos veciños. Será problema do equipo redactor e dos nosos gobernantes se volven facer oidos xordos ás nosas peticións, porque non imos quedar na casa e van ter que volver a escoitarnos. A única solución que lles quedaría sería blindar o concello e aprovar un plan que nadie quere, por COJONES como se dicía o 2 de xuño na sala onde se atrincheraron. E isto entraña varios e serios riscos...... Esta é a razón pola que, respondendo a unha das túas cuestións, non van facer o mesmo que fixeron ata agora.

Queremos avanzar e comprometer decisións firmes dende este mesmo momento, independientemente das eleccións. Despois, gañe quen gañe, alá eles co que fagan, pero os veciños estarán puntualmente informados dos avances e compromisos adquiridos.

A decisión de avanzar independentemente do equipo redactor que sexa, foi en parte o que nos aconsellaron os técnicos e xuristas que consultamos.

Por último estou personalmente en absoluto desacordo coa afirmación de que de nada servirá o que fixemos por unha actitude inxenua, reducida a manter ou non un equipo de técnicos como chave para resolver un problema que foi artellado e planificado nos despachos do Concello de Nigrán.

Temos moito traballo por diante, de momento acadar compromisos firmes e despois traballar para o novo Plan. Levamos 16 anos coas normas subsidiarias e podemos esperar esperar se paga a pena.

Nas nosas mans está o que nos sigan tomando por parvos, e cando digo nosa digo de todos e cada un dos veciños.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#678
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 2 Mess ago Karma: 2  
Onte presentouse a disxuntiva de decidir se as AA.VV. solicitaban a retirada do PXOM e consecuente contratación dun novo equipo redactor ou, aproveitar a parte técnica do PXOM, retirar o planeamento urbanístico que contén e poñernos a traballar por un novo. Decidíuse por maioría (4-3) a segunda opción. O vindeiro 22 haberá asamblea en Nigrán e lerase a proposta que se someterá á avotación dos veciños.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#680
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
Plan Xeral Ilegal 2 Anos, 2 Mess ago Karma: 0  
Hola Juan¿ podrias ser mas explicito y citar cual fue el voto de las distintas asociaciones?

Por otro lado quisiera agradecer a la A.VV. de Nigrán que lleve ese tema a debate y posterior votación en Asamblea, pero me gustaria saber cual fue la posición de de las demás A.VV. sobre la posibilidad de trasladar ese debate a sus asociados.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
Ir ao comezo Publicar resposta

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.