|
Coincido con Romeo que hai que calmarse, por que a cousa e moi seria e poderÃase interpretar mal.
Ben, o que non coincido e co tema de que foi elexido polo pobo, xa que todos sabemos que foi unha moción de censura ou de confianza (xa non lembro) a que colocou ao actual alcalde no trono. LexÃtimo, totalmente de acordo, pero pola lexitimidade da artimaña lexislativa polÃtica. A mesma que tanto se lle critica a ZP e a Touriño. Que coido que iso é máis un amaño mal avenido porque sempre vai estar comprometido polas decisión e caprichos partidistas....
O de "Volvede para Vigo", bueno, hai algo de parte é certo. Non creo que a mensaxe fora polos derroteiros da "Xenofobia rexionalista" se non pola dos intereses i é que Alfredo Rodriguez intentouno no PP de Vigo saindo na lista con Pérez, e logo do fracaso viu para intentalo en Nigrán. Co cal terÃa que empadroarse aquà supoño.
� igual que sexa de Vigo ou de Granollers, se o que fai, faino ben e para Nigrán, pero polo de agora parece que o que fai non está claro para quen é. Certo é que moitas cousas cambiaron no Concello, para millor, pere é o seu deber, mellorar e xestionar os presupostos desproporcionados deste concello.
Cosuas boas e malas. E que niguén se engane, os politicos están ao que están. Uns son masi discretos e dan unha de cal e outra de area e outros, pola contra, son directos e descarados, a parte de crispar ao persoal e mofarse del.
E vou poñer un caso, preguntade en Xinzo que facÃa o BNG có ladrillo. Pero, pero,....amiguiños, o pobo da gusto velo. unha de cal e outra de area.
Por outra banda non podemos negar que Nigrán e a comarca ten un especial atractivo, e non me refiro ao paisaxÃstico.. que é evidente, se non ao urbanÃstico. O que si que non se pode consentir e convertir isto en Marbella porque serÃa espantoso.
Eu coñezo xente de Tarragona e Valencia que pagarÃan por volver a recuperar o seu litoral. Por ter as praias e acantilados que tiñan antes. Por recuperar o seu pobo, e non os pubs e restaurantes cutres para virse a emborrachar.
en fin. Crucemos os dedos e ogalla veña alguen con algo de sentidiño.
|