Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
plan xeral (1 vendo) (1) Invitado(s)
Ir ao fondo Publicar resposta Favorito: 0
TEMA: plan xeral
#423
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
plan xeral 2 Anos, 8 Mess ago Karma: 0  
[quote:c4ee9b86a9="aldara"]Vivo no Val Miñor (dende hai pouco) e estudei Dereito na Galiza. O que dicides está moi ben nun plano estrictamente formal e se vivisemos en Suecia daríavos a razón pero, mal que nos pese, estamos a falar de Nigrán e non de Estocolmo. Simplificando un pouco o que dixen na miña anterior mensaxe, a información pública do avance dun PXOM (que serve para que os veciños e as veciñas formulen ideas sobre o que aínda é debe ser un esbozo do Plan) é potestativa para o Concello. Polo que se infire da mensaxe de Juan, si houbo unha publicación do avance (e de non tela habido, o Concello non estaría vulnerando ningunha lei). O procedemento normal é que ata a aprobación inicial a cidadanía non teña por que ter acceso ao documento. � nese intre cando os veciños poderán formular as súas alegacións e facer valer os seus dereitos se consideran que o Plan lles está a prexudicar nalgún senso.
En consecuencia, non están sufrindo indefensión nin privación dos seus dereitos lexítimos. Ese é o trámite normal. Outra cousa é que os membros da Corporación local estean a proporcionar información privilexiada a promotores e outras entidades. Iso é o grave. Porén, no fondo, non me dan mágoa os e as nigranenses nese senso. �s veces é certo que cada un ten o que merece. Se os concelleiros e alcalde son os que son é porque a xente decidiu democraticamente que fosen eles e non outros. Se nos condearon aos demais a ter que vivir baixo o xugo do populares e de Avelino, que apanden tamén coas consecuencias que outros temos que sufrir noutros aspectos.
Non me dan mágoa, polo tanto, eses veciños, pobriños, que votaron a determinados candidatos por terlles permitido subirlles dúas alturas ás súas casas ilegalemente e que esperaban lles permitesen dar agora o pelotazo urbanístico. Para a próxima que voten coa cabeza e non co peto.
De todos os xeitos, se o medo da cidadanía é o que expuséchedes nas vosas mensaxes, que agarden a vender ata a aprobación inicial do PXOM (dai ata a aprobación definitiva seguro que aínda vai chover) e que procuren se informar ben. Que collan un libro de Urbanismo e que estuden ben o tema, que o saber nunca está de máis, xa que o saber de taberna normalmente adolece de moitas lagoas e imprecisións importantes.[/quote:c4ee9b86a9]

Hola de novo Aldara, tal e como dís na túa última anotación "ata a aprovación inicial os veciños non teñen porque ter acceso ó documento", pois ben ás miñas mans chegou unha copia parcial dos planos do novo Plan. � isto legal?
Espero que entendas agora un pouco mellor a situación, ou queres máis probas????
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#426
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
plan xeral 2 Anos, 8 Mess ago Karma: 0  
Hola Aldara

Como ven dis a publicación do Avance é potestativa. A lei polo tanto non lle obriga ó Concello facelo público, pero tampoco llo prohibe. Non incumpre a Lei non publicandoo, pero tampouco o incumpriría facendoo público.

Os políticos, ademáis de cumprir a lei, deben adoptar decisións legais, e ademais políticas. E unha boa decisión política, ademáis de legal, é facer público o Avance. Non están obrigados a facelo, pero a lei tampouco llo prohibe. Esa sería unha decisión legal e política, acertada. Unha decisión pensando nos veciños de Nigrán, unha política de portas abertas e non de ocultismo.

Doutra banda, totalmente dacordo contigo con que o pobo ten os gobernantes que se merecen, desgraciadamente na maioría dos casos. Unha minoría ou non tan minoría temos que apandar, despois de respetala e asumila, coa vontade maioritaria.

Apertas a todos, todas.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#427
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
plan xeral 2 Anos, 8 Mess ago Karma: 0  
Reitero a miña idea de que esta é unha discusión absurda que non leva a ningures. O procedemento de tramitación do PXOM axústase á lei e, polo tanto, non hai máis voltas que lle dar. Por iso é fundamental comprender que O PROBLEMA DO PXOM NON � FORMAL, SEN�N DE FONDO.
Os esforzos haberá que concentralos, unha vez producida a aprobación inicial, en combatilo cos medios establecidos para iso (é dicir, alegacións). Obviamente, non coñezo o Plan (aínda que polo visto xa rula por aí), pero de seguro que non ando moi errada ao pensar que contén algunha que outra cafrada. Chegará, xa que logo, o intre de alegar xuridicamente e con todo tipo de manifestacións populares. Iso é no que nos debemos concentrar, en vez de andar a polemizar sobre o sexo dos anxos.
Polo de agora, a primeira convocatoria (antes de que o PXOM sexa público) é o sábado ante o Concello de Nigrán para defender Monteferro. � preciso que os e as nigranenses amosen que lles interesa o seu patrimonio ambiental, alén dos intereses individuais e partidistas.
Vémonos.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#436
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
plan xeral 2 Anos, 7 Mess ago Karma: 0  
Sábado 2 de xuño Pleno sobre o Plan Xeral. Supoño que ás 12 do mediodía, como tódolos plenos
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#439
H. sapiens miñorensis (Usuario)
Senior
Publicacións: 45
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
plan xeral 2 Anos, 7 Mess ago Karma: 2  
Saíu publicado na prensa que o Avelino ía apoialo Plan Xeral solicitando, iso si, máis capacidade para edificar, e xa están proxectadas 7000 novas vivendas máis!!!!!! Segundo datos do INE e do IGE, xa no ano 2001 a capacidade demográfica do concello, se tódals casas estivesen habitadas estaba en 32609 habitantes na actualidade somos uns 18000). Con 7000 novas vivendas en 10 anos esperan acadar polo menos uns 57561 habitantes. [b:6863a13c4b]DE TOLOS[/b:6863a13c4b]. Avelino tómalles o pelo ós veciños e ánola de meter ben doblada.
O problema de Nigrán non é de capacidade de edificación senon un problema de estructura do concello e de servicios ós cidadáns. Se non lle facemos entender isto ós políticos estamos acabados e Nigrán continuará sendo unha estrada, ou varias, de Vigo a Baiona, de vivendas vacías, carente de servicios públicos.............. xa sabedes seguir vos.
Lembrade: ACCIÃ?N-REACCIÃ?N
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
#440
indio (Usuario)
Recén chegado
Publicacións: 6
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
plan xeral 2 Anos, 7 Mess ago Karma: 0  
maña martes as 12:00 horas hai convocada unha Comisión informativa de urbanismo para tratar o Plan Xeral, concentremonos diante do concello para amosar a nosa disconformidade ca tramitación de dito documento.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
Ir ao comezo Publicar resposta

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.