|
O pretendido campo de golf vai ser perxudicial para os veciños de Nigrán en diversos aspectos:
En primeiro lugar é unha privatización de feito do monte comunal, polo tanto pasa de ser unha riqueza ecolóxica e forestal que pertence os veciños como propriedade comunitaria, a ser explotado por unha empresa privada, presumiblemente de fora do Val Miñor.
Como non é un Campo municipal, como os que existen no Reino Unido ou Irlanda, os veciños non o van a disfrutar, polo que en compensación do expolio so van a ter eses pagos durante 25 anos, que xe se verÃa a onde van parar...
Do suposto turismo de inverno que vai xerar, mais vale nin comentar porque a idea debeuselle ocorrer a alguén que fumou porros demais.... ¿de verdade alguén no seu sano xuicio pensa que os xeques do petroleo van trocar Marbella por Candebrito??? anda, deixadevos de coñas...
Un dos atractivos turisticos do que se presume na web do Concello de Nigrán e a biodiversidade deses montes comunais, concretamente falase de raposos, coellos etc en Camos. Non e preciso ser moi listo para saber onde vai ir a parar esa riqueza, se ese plan disparatado segue adiante. E tamén podemos falar do patrimonio forestal deste concello, que para que vamos a enganarnos, fai moitos anos que é mais ben escaso. E recentemente, a autopista e as continuas tomadas para construir o teñen reducido mais ainda, e esta tendencia non parece que se vaia frear, tendo en conta o precio das fincas. Esto fai ainda mais grave a salvaxada que se pretende facer nos montes comunais.
Falase de que o enorme consumo de auga das instalacións non vai reducir a auga da traida do Concello de Nigrán, porque non se vai sacar do rio senón das augas subterraneas. Aqui xa nos están tomando por parvos e ofrecendo a galiña dos ovos de ouro. E unha lección que deberÃan ter aprendido na ESO, o ciclo da auga. Esta non está en compartimentos estancos, ven toda da chuvia e vai parar o rio, augas subterraneas de onde se saca polos pozos, manantiales que son utilizados nas traidas veciñais, fontes etc. Se sacamos enormes cantidades de auga subterranea, a agua da chuvia ou dos outros sitios onde se almacena vai ter que repoñer a que se sacou, polo tanto vai faltar auga nos pozos ou no rio. E polo tanto vai a escasear a auga ainda mais do que escasea agora.
|