|
[b:1a4eaa4f6f]Unha pequena ollada á xestión do alumeado e outras infraestructuras públicas no Concello de Nigrán.[/b:1a4eaa4f6f]
[i:1a4eaa4f6f]Conceptos chave: alumeado público, Nigrán, Praia América, Panxón, Camos, Chandebrito, Parada, Ramallosa, Gondomar, pavimento empedrado, contaminación acústica, polÃtica enerxética.[/i:1a4eaa4f6f]
[u:1a4eaa4f6f]O alumeado eléctrico estradal está mal e inxustamente distribuÃdo e deteriorado[/u:1a4eaa4f6f].
A falta de mantemento da rede de alumeado público de Nigrán é un feito constatable por calquera que transite as súas rúas. O estado das instalacións de alumeado estradal é deficiente. Unha parte importante das farolas non funciona axeitadamente, sendo habitual que as bombillas estean fundidas ou parpadeen indefinidamente. Por outra banda, a distribución dos puntos de luz é heteroxénea e non se adapta ás necesidades dos distintos núcleos de población do Concello. En moitas das estradas principais, que soportan o maior tránsito rodado da comarca, hai numerosos puntos escuros na calzada polas bombillas fundidas, como acontece por exemplo nas estradas que confluyen no centro da Ramallosa: avenida Manuel Lemos, avenida de Portugal (que comunica Nigrán co Concello veciño de Gondomar), estrada pola VÃa. Tamén son chamativos os contrastes entre os lugares da comarca, pois as carencias que comentei non afectan curiosamente a tódalas vÃaspor igual. Mentres que en vÃas importantes o alumeado é insuficiente e está deteriorado, nas zonas máis turÃsticas, como nos paseos marÃtimos de Panxón e Praia América, existe unha iluminación excesiva. Nalgúns lugares as farolas atópanse espaciadas entre sà apenas uns poucos metros, como ocorre na rúa cidade de Vigo, en Panxón. Máis graves todavÃa son as carencias de alumeado que sofren os lugares de interior, os non costeiros, particularmente nas parroquias de Camos, Chandebrito e Parada, unhas zonas que a pesar de seren privilexiadas en moitos aspectos, son historicamente as â??grandes esquencidasâ?? na polÃtica local. Abonda dar unha volta de noite polas rúas e camiños destas parroquias para decatarse da apariencia descoidada que presentan. Naturalmente, as carencias tamén afectan a outras infraestructuras, como as estradas, o sistema de saneamiento e a recollida de lixo.
[u:1a4eaa4f6f]Outras infraestructuras. Deficiencias e propostas para mellorar [/u:1a4eaa4f6f]
As vÃas públicas das zonas rurais de Nigrán son na súa maiorÃa camiños, todavÃa en bastantes casos en condicións pésimas para a circulación, cheos de buratos, gravillaâ?¦ A cotÃo están a medio asfaltar, arranxados cos habituais parches de piche ou sinxelamente son camiños de terra. Sabido é que o asfalto nestas vÃas estrágase en menos tempo pola presencia de diferentes axentes: terra e area dos campos, tránsito de animais, erosión debida á abundante vexetaciónâ?¦ ¿Cómo se poderÃan acondicionar as vÃas rurais como se merecen?
En Portugal hai pobos de camiños empedrados con adoquÃns, coma os que atopamos en tantas cidades e pobos nos cascos vellos (Vigo, Gondomar,â?¦ ). O pavimento de empedrado, lonxe de ser un sinal de atraso, semella unha boa alternativa fronte ó moderno asfalto nas zonas rurais. Por unha banda adáptase mellor ás súas necesidades pola súa maior durabilidade e por outra respecta a concepción orixinal destes camiños, como paso entre as vivendas do lugar a velocidades moderadas e sen delimitación de carrÃs, o que contribúe a preservar certos aspectos da calidade de vida no rural, onde a contaminación acústica deberÃa ser mÃnima. Deste xeito ninguén terÃa que lamentarse dos conductores ruidosos amantes dos rallies rurais, que tanto abondan. Pola contra, quizáis o principal inconvinte deste pavimento sexa o seu maior coste, unha inversión que, sen embargo, poderÃa vir amortizada co tempo por parte dos Concellos. Naturalmente, todos sabemos que as polÃticas de conservación do patrimonio e optimización do gasto público (criterios de calidade, durabilidade, aforro de enerxÃa, inversións ó longo prazoâ?¦) non son habituais en Galicia, tanto menos canto máis descendemos á escala local. En Italia, debido a polÃticas enerxéticas equivocadas no pasado, o prezo da enerxÃa eléctrica e da gasolina é casi prohibitivo para os cidadáns e os Concellos. Resulta curiosÃsimo ver que as farolas das rúas, por todas partes dunha cidade, teñen bombillas de aforro. ¿ImaxÃnanse una situación asà en Galicia, coa abundancia de enerxÃa que temos?
Continuará�
Senén Costas (ACREXOVAL)
|