Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Foros
O auténtico foro do Val Miñor
Benvido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa ou Rexístrache.    Perdiches o teu contraseña?
Os desmarques de Avelino (1 vendo) (1) Invitado(s)
Ir ao fondo Publicar resposta Favorito: 0
TEMA: Os desmarques de Avelino
#625
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Os desmarques de Avelino 2 Anos, 3 Mess ago Karma: 4  
A que ven este "desmarque"?

Está claro que volve a ser outro movemento de ficha nese lavado de cara que están a facer os dous socios de goberno bipartito.
Por un lado Alfredo nesa clara intencionalidade de amosar na prensa, que ten un brazo tendido ás AA. VV e que alardea nos seus cafés matinais que os ten a comer na palma da mán.
Pero os alardeos de Alfredo Rodríguez e as actitudes déspotas dos seus socios tránsfugas xa as coñecemos todos. Fotos na prensa, inauguracións de infraestructuras no concello no último ano de mandato, premios a colectivos, etc....
E namentres o tempo corra e a xente non monte espectáculo todo será estupendo para Alfredo.

Avelino non quería quedar atrás.
Primeiro a panfletada ou mellor dito "paletada" que encheu as rúas e buzóns de Nigrán no verán. Non é tan parvo como pensabamos.
Despois os cese do cargo dos xudas que o traizonaron. Quintas e Rial, por si estaban salpicados polo tema da fiscalía, que non tivesen xa relación co PIN.....que fino é.
E agora o seu desmarque e chute de cabeza para tentar meter outro gol aos veciños.
E garda na súa bolsa de maxia unha xira polas parroquias de Nigrán para facer campaña, perdón, para aclarar aos veciños que el é inocente e que o enganaron os seus socios de goberno.

Pero a fiscalía entrou de por medio nesta calma chicha que aplacara o ruido do urbanismo na costa galega.
Os lumes detes verán, a tregua de ETA, e as tonterías dos políticos no congreso dos deputados foron os causantes deste desvio de atención mediática á que nos acostuman a levar a prensa, coma se o tema do urbanismo xa quedase zanxado.

Avelino _base_a a súa defensa do plan na ampliación da edificabilidade. E iso denota que non ten nin idea do tema, e por iso non foi quen nin é quen de interpretar a problemática do PXOM.
E iso que é aparexador e sabe interpretar un plano. Ou eso dí. En fin.

A repartición panfletaria á que xa levábamos anos sen poder presenciar. Na que el mesmo se rebate enchéndose de eloxios. E enxurrando as rúas de Nigrán.
A repartición dun boletin onde Avelino advirte que eles "Xa o predecían". Se o predecían e que algo sabían, como a súas palabras na prensa cando vaticianba unha sombra especulativa sobre Nigrán.
Se xa o sabían non deberon encerrarse co alcalde para aprobar "por cojones" (palabras textuais do edil) aquel erróneo PXOM cheo de irregularidades, baixo sospeita de gran pelotazo urbanístico, e cun disparatado ordeamento con viais polo medio do monte, é con sospeitosos movementos do uso do chan.

Se tan seguro estaba Avelino de que este plan tampouco o queríanse desmarcar, tarde chegan, porque deberon no mesmo día que coñecían que o seu propio edil actuaba a espaldas do partido, pedir un cese inmediato do cargo. E asi o anunciaron nunha comisión.

No Faro de Vigo de hoxe mércore, Avelino di que as súas 60 modificacións ao PXOM non foron aprobadas polo PP porque solucionarían o 80% das alegacións das AAVV.
Tremenda chorrada, iso non o cree niguén. Ou sexa que lle da a oportunidade a Alfredo de aprobar un PXOM cun 80% de consenso veciñal e sen "piar" e vai e di que non. Ummmm raro, raro.

E digo eu....Que sabe Avelino das alegacións das AA.VV antes do 2 de xuño se as primeiras alegacións das AAVV foron participación na redacción dese PXOM. Petición denegada polo goberno de Nigrán (bipartito por aquel entonces) xa que as AAVV non foron chamadas a la cena del señor.

As AAVV non redactaron en nigún momento unha lista de modificacións puntuais como si fixo o PIN. Enton quere dicir Avelino?

E pasado todo este tempo, ...Avelino sabe cales son as peticións das AA.VV.?
Habería que preguntarllo.


Por certo, lembrar que o do campo de golf é invención do PIN.
O traslado do concello de Nigrán tamén foi idea de Avelino no seu momento.
Ese traslado do concello e o derrubo do colexio Humberto Juanes, no que os terreos públicos pasarían a ter un uso privado e idea do PIN. Esta polémica tamén saltou antes do 2 de xuño. E eles a apoiaron dicindo que ían facer un novo centro urbán. Pero a cousa pintaba distinto. E repito, isto xa se sabía de antes.

No seu momento, no Miramar, dixeron que iste plan sería bo para Nigrán e que permitiria avanzar, e que o apoiarían o 2 de xuño por facer un acto de responsabilidade política pero engadindo as súa lista de modificacións.
[b:b355df2098]
Se engadiron 60 modificacións é porque estudaron o plan. Co cal o argumento do PIN cae sobre o seu propio peso. [/b:b355df2098]

Eles coñecían o plan. Eles sabía o que alí etaba escrito. Eles coñecían as sospeitas e diretes que dende o BNG se estaban a levantar neses días....e pese a todo o 2 de Xuño querían aprobar ese plan "por cojones".
Cecais para ser concellal e presidente dun partido político hai que pasar máis tempo en Nigrán para estar ao tanto do que pasa, e non marchar para Marrocos e Tenerife a por as bambas ao sol.

Ese é o interese que demostrou Avelino con Nigrán.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
#627
Pinto (Usuario)
Senior
Publicacións: 55
graph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Xénero: Home Locación: Nigrán Data de nacemento: 1965-12-03
Os desmarques de Avelino 2 Anos, 3 Mess ago Karma: 4  
[quote:b773fb44d3]Faro de Vigo - 28 Setembro. Avelino Fernández, indicaba ayer que el grupo se reunirá mañana para debatir su pronunciamiento en el pleno. Hasta el momento, los independientes se habían manifestado a favor de respetar el documento que no llegó a aprobarse el día 2 de junio, pero con la introducción de 60 alegaciones.
Avelino Fernández aclaraba ayer que, entre esas modificaciones, se hallaba la conversión de 2 millones de metros cuadrados de suelo rústico en urbanizable en todas las parroquias. En caso de que el gobierno municipal introdujese las propuestas, los concejales del PINN votarían a favor del documento, como lo habían anunciado incluso antes del pleno en que se iba a debatir la aprobación inicial del Plan Xeral.
[/quote:b773fb44d3]

As contradicións de Avelino seguen sendo as mesmas. Se por unha banda di que descoñecía as irregularidades deste PXOM, ¿por que segue defendendo a tese de introducir as súas 60 alegacións iniciais?. As mesmas que leva mantendo dende antes do 2 de xuño.

E tal a mentira que conta vostede, que onte na asamblea do PP de Nigrán, Alfredo dixo que a súa modificación para a Rabaleira non era facer un párque público se non ampliar a edificabilidade da zoa dun 30 a un 50 %

Isto quere decir que os terreos especulados para as grandes promotoras seguerán manténdose nesa ilegalidade consentida. E tamén quere dicir que SI SABIA DE QUEN ERAN AQUELES TERREOS porque os estudou.

NON SIGA MENTINDO. Por dignidade marche. que non é bó estas xogando a dúas bandas.

Vostede fala de metros, pero os veciños están preocupados pola súa calidade de vida.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
 
Soy la monda.
  Reply Quote
#639
Anónimo (Visitante)
Publicacións: 0
graphgraph
Usuario fóra de liña Fai click aquí para ver o perfíl deste usuario
Data de nacemento:
Os desmarques de Avelino 2 Anos, 3 Mess ago Karma: 0  
Imos ver, Avelino e o PINN que digan, fagan ou desfagan o que queiran, non lle dar mais importancia, xa que este personaxe e un dos culpables do que esta a pasando en Nigrán nos ultimos tempos
Coido que canto mais pronunciemos ese nome mais vida politica e publicidade lle estamos a dar.
A ESTE INDIVIDUO NIN CASO.
Anotar código aquí   
Atención, aínda que non se ve o boardcode e os smileys pódelo usar aínda
 
Denunciar ao moderador   Reporte gardado Reporte gardado  
  Reply Quote
Ir ao comezo Publicar resposta

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

AVISO FOROS

Estimado usuario/a.

Estamos ainda traballando na posta en marcha dos foros.

Inicialmente recurperamos as mensaxes dos antigos foros, pero ainda queda por adatalos á nova codificación de caracteres latinos.

Todas as mensaxes ou temas que creedes non se verán afectados por estes traballos.

Agradecemos a túa comprensión.