Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Novas arrow Baiona
Notificar un comentario

Estas opinións son dos insternautas, non de valminor.info. Se consideras que este comentario pode ser inxuriante ou pode incumple algunha lei española, notifícao á nosa redacción.
Por favor completa este pequeno formulario e pulsa na opción de Enviar para completar o proceso.

Nome
 
Correo electrónico
 
Motivo da notificación
 
 
 

Comentario a notificar

Construcción

Escrito por: Pinto (Invitado) o 27-12-2007

Construcción

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 27-12-2007

O teu comentario poderíase tachar de moitas cousas.. 
 
Pero indo ao tema do urbanismo e pasando por alto eses comentarios que non merecen atención nin sequera resposta informarte que en Nigrán non existe paralización de licencias. Nin houbo nunca paralización de licencias, incluso durante a redacción do PXOM galáctico que pretendía aprobar o Celta de Vigo, perdón, quixen decir Alfredo Rodriguez Millares e Cia. 
 
Segundo, as consecuencias desa solución túa, a número catro, sobre ir deixando facer xa vemos as consecuencias que trae. Exemplo Gondomar onde 300 licenzas están declaradas ilegais e non saben que facer con marrón ou por exemplo en Porto do Molle onde todos os enlaces previstos de comunicación de viais son irrealizables hoxe en día por culpa de que polos trazados de eses viais existen hoxe endía casas, edificios, etc... 
 
Co cal a túa proposta do urbanismo caseiro, non parece que dera moito fruto, por exemplo en Nigrán que leva modificando as normas subsidiarias dende que as pariu Avelino no 93, e non son, porque ainda seguen vixentes, máis que un foco de especulación contínua dadas as modificacións puntuais que levan sufrido porque a ordenación que plantexaban é insuficiente para os negocións de algúns. 
 
Iso provoca que o urbanismo sexa cousa de catro, e que modifiquen os planos ao seu antoxo e interese. Ou por exemplo que a ordenación municipal ou comarcal sexa imposible de plantexar para trazar novos viais de interconexiónentre concellos, ou mesmo dentro do propio concello. Unha rede viaira en condicións dada a situación de saturación que sofren os 2 únicos viais que intercomunican o Val Miñor con Vigo. 
 
Respecto da situación económica, a paralización de licenzas é un trámite transitorio polo que todos os concellos teñen que pasar precisamente para non perxudicar o avance dun PXOM. non é nada novo e que saibamos ningún concello deu en quiebra por esta situación. 
 
Por outro lado falas ahí da lei 500 m, e que eu saiba en Baiona salvo a Foz, todo está construido na franxa dos 500 m e xa non queda recuncho por construir. Asi temos a beleza urbanistica que ten Baiona, comezando en Sabarís e rematando no Rompeolas. Edificios de 14 plantas en primeira linea de praia. Cousa bonita onde as haxa. 
 
A caida do boom inmobiliario é algo do que se ven advertindo dende fai anos. Como ti dis pedir 80 millóns de pesetas por un piso, é elevar en 60 millóns o custe de ese piso en cuestión. Algo que é totalmente insostible salvo para os bolsillos dos madrileños, portugueses (con todo o respeto), que se están afincando na comarca e que non deixan de ser un turismo e ocupación estacional como ocorre no levante español e que como consecuencia o único que fixeron foi elevar o prezo da vivenda pola demanda e non contribuir ao enriquezemento da comarca dado o sobre custo infraestructural que supón para o pobo (lixo, acometida de agua, depuración de augas,...) xa que non tributan de ningunha forma nos gastos como imposto de vehículos, ou o incremento do padrón municipal para que os orzamentos do concello sexan equivalente ao número de poboación. 
 
O que non mecionas no teu comentario é precisamente que o PXOM de Baiona prevé unha construcción de 6000 vivendas, máis das que precisa actualmente. E se iso o consideras tí un parón inmobiliario, apaga e marchamos para casa. 
 
Por certo falas de que os mozos de Baiona teñen que emigrar para buscar emprego. Non entendo entón como podes falar así de africanos, arxentinos, ... non veñen buscando o mesmo que tí demandas e buscas fora do concello? Non fomos nos os galegos os que fumos buscar emprego a arxentina, suiza, alemaña, francia, bélxica, uruguay,...?

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

»  Voltar ao artigo


mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa