Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

11 10/08
Portada arrow Novas
Notificar un comentario

Estas opinións son dos insternautas, non de valminor.info. Se consideras que este comentario pode ser inxuriante ou pode incumple algunha lei española, notifícao á nosa redacción.
Por favor completa este pequeno formulario e pulsa na opción de Enviar para completar o proceso.

Nome
 
Correo electrónico
 
Motivo da notificación
 
 
 

Comentario a notificar

Non entendo nada

Escrito por: Carlos Goce (Invitado) o 17-04-2008

Non entendo nada

Escrito por: Carlos Goce (Invitado ) o 17-04-2008

Eu nisto da policía local non acabo de entender nada. E con todos os meus respetos para ambas partes no conflicto porque como non acabo de enter esta vaina podo equivocarme nas miñas valoracións. 
 
Vexamos a trifulca ven por un tema económico de 150 € mes. Que segundo o goberno municipal recibían como complemento de productividade por traballar de noite. 
Se tampouco entendían mal a policía se queixaba que non tiña persoal suficiente para cubrir o turno de noite e pedían máis persoal. 
O goberno local reemplaza o turno de noite da policía local por patrullas da garda civil e pide que se instale un cuartel da benemérita neste concello. 
Ao remplazar o turno de noite a policía xa pode cubrir en orario diurno a actividade municipal e non precisa de novos efectivos para a relización dos 2 turnos, Mañána e tarde. 
É lóxico que si non teñen turno de noite non teñan ese plus de productividade. non? 
Por outra banda, se finalmente non fai falta que fagan horas extras para cubrir esas horas ou esa carencia de persoal,entendo que fronte a unha politica de contención de gasto é totalmente normal. 
 
Polo tanto o corpo de policía local, reduce os seus salarios. Pero realmente a canto os reduce? Dito doutro modo, cobran o mesmo que un funcionario da mesma categoría, ou pola contra cobran menos?. Porque si cobran o mesmo non entendo cal é a inxustiza, xa que cobran menos porque traballan menos. 
 
Outro punto que sí me parece un insulto e isto das baixas. Que unha persoa estea de baixa non é discutible. Cada un coñece as súas circunstancias persoais, pero que toda unha plantilla se poña de baixa é como para enviar unha inspección médica. E máixme logo de ver que volven a coller todos a alta de repente. Potr outra parte os médicos que emitiron esas baixas... así está de desprestixiada a profesión. 
Eu considero que este asunto das baixas tiña que ser motivo de depuración de responsabilidade porque estamos a falar dun fraude á seguridade social. A que pagamos todos nós. Se estas persoas non están enfermas non teñen porque cobrar unha prestación por baixa. 
 
Esta folga á xaponesa que non acabo de entender. Din que a policía vai a incrementar un 80% as sancións para saturar á administración local. A min o único que me cabe pensar é que antes non estaban traballando. Non? Por que ante unha infracción mirar para outro lado acaso non é un incumprimento dos seus deberes cono funcionarios da orde pública ou coam policías?. Ousexa que agora verdadeiramente van a traballar cumprindo os seus deberes.  
 
Pois eu coido que esta é unha boa noticia. Que mediante este conflicto se consega que a policía traballe é unha boa noticia. Non? Aparte que no concello deben estar frotándose as mans porque van a aumentar a recaudacción co tema das multas. 
 
E por útlimo gostaríame saber que tipo de sancións van a perseguir. Refírome si van ser meramente multas de estacionamento ou pola contra van a perseguir os delito de maior envergadura como son os delitos medioambientais e os urbanísticos. Ou estes é mellor seguir mirando para outro lado.? 
 
Se alguén mo pode explicar ou aclarar, sería bó para que os veciños entendamos dunha vez esta historia. 
Atentamente.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

»  Voltar ao artigo


mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Cal consideras, é o punto máis feble do Val Miñor?