Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

13 10/08
Portada arrow Novas
A Policía de Nigrán ten de baixa a 18 dos 23 axentes por un conflito laboral

Voltar ao artigo

Comentario a notificar

¿quén ten razón?

Escrito por: ana alves (Invitado) o 18-04-2008

¿quén ten razón?

Escrito por: ana alves (Invitado ) o 18-04-2008

Eu o que non entendo e coma se a Garda Civil cubre ese servizo nocturno coma din os políticos estánse incrementando os roubos e tal e coma pon a noticia que existen comerciantes que vense na obriga de cerrar os seus establecementos pola falta de seguridade,eu só digo que os domingos pola tarde os únicos axentes que vexo patrullar por Ramallosa son os da Policía Local non a Garda Civil, pola contra é curioso que a corporación avoge por unha política austera e nembargantes teñan dous secretarios persoais un para o alcalde e outro para o tenente alcalde que hasta non fai moito cobraba por media xornada 1.400€ o mes se eso e austeridade que veña deus e o vexa, por amor de deus que poñan a policía de noite e que lle pagen o que teñan que pagarllle que estamos xogando con todolos veciños que isto non é unha broma e a tan manida brigada urbanística-medioambiental non será a que lle dotaron dun ZX que o pobre esta po arrastre, por que se é esa que me digan a mín que medios lle deron por parte do concello por que un día vinos mendigar botes de mostra na Xunqueira e a verdade que en esas condicións calquera traballa, sen embargo por asistir a un pleno os señores electos perciben uns cantos euros, e non nos olvidemos o que lle custa esta corporacón as arcas municipais aproximadamente uns 300.000€ o ano, case nada que isto non é Marbella señores, é por que non practican a política de austridade vostedes mismos.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

» Ver a(s) 1 resposta(s)

1 Respotas

A ver

Escrito por: Carlos Goce (Invitado) o 18-04-2008

A ver

Escrito por: Carlos Goce (Invitado ) o 18-04-2008

Pero imos ver Ana. Non é certo que a xente de Nigrán tamén paga cos seus impostos á garda civil e a policía nacional?. Porque sendo Nigrán o concello máis habitado non dispón dos servizos destas forzas do estado públicas que pagamos todos nós?. 
Respecto ao dos roubos, eu non lin en ningún lado que se incrementasen os roubos, salvo o outro día na óptica de Ramallosa. Pero ti crees que cun coche patrulla rondando non a ían a roubar? Mentres o coche ronda por Chandebrito xa tiñan a optica valeira. E máis que iso o fallo poidera ser de seguridade por non ter un equipo de alarma en condicións. A policía local non é un servizo de vixiancia privada. Outra cousa sería que roubo fose nunha casa. Iso sería máis grave, pero ainda así dubido moito que unha patrulla teña esa capacidade disuasoria que algúns din. É imposible que poidan controlar todo o municipio. Non coñezo ningúnha fazaña en todos estes anos de que a policía pillara a un ladrón de noite coas mans na masa. 
E póñote outro exemplo, a xollería da Ramallosa "Roberto Joyeros" que foi atracada a plena luz do día e cos dispositivos policiais habituais da xornada traballando. Conseguiron algo?. Os comerciante o que teñen que pedir é presenza policial doutro tipo. Garda Civil e policía nacional. Tampouco coñeco a ningún comerciante que peche o establecemento por falta de seguridade. Outra cousa é que teña un bar e que a xente que ai tan borracha ás dez da noite se lle de por montar unha pelea dentro do local. Pero iso ocorre ata na festa da arribada. Pero tamén hai que facer un pouco de autocrítica, porque moitos deles collen a mamada no mesmo bar e ninguén lles nega a venda de alcohol ou tabaco, moitos deles menores de idade. 
Con isto non estou xustificando a violencia destes descerebrados, que sí estou de acordo que tiñan que porlle unha boa sanción por desordes públicos para que a seguinte o pensasen dúas veces antes de montar o espectáculo de gallitos de pelea na rúa. 
Quizais a solución sería máis extrema e dado que o foco do problema é a discoteca de Ramallosa. A cada altercado un peche da discoteca, ata que se fagan cargo da seguridade dentro e fora da discoteca dado que é unha actividade considerada molesta. 
 
O tema dos cartos Ana é demagoxia pura, porque a corporación anterior tamén cobraba e máis cartos e ninguén piaba. E por facer o único que fixeron foi intentar vender este concello con aquel PXOM. O resto da vida municipal era inexistente para eles. Eles estaban ao seu, e mentres había cartos no concello foron gastando sen xustificar nada. E por iso o orzamento anterior non cadraban as contas e había 2 millóns e euros de desfase. 
 
Canto cobraba Alfredo ou Antonio polo seu traballo? Máis de 3000 euros, e nen se quera traballlaban pola tarde e no caso de Alfredo con media dedicación. Pero xa digo, esta parte é totalmente demagóxica porque todos os políticos neste pais cobran polo seu "traballo". Uns merecidos e outros claramente non merecidos. Pero alguén os puxo onde están e iso é inegable. Ou tirara os cartos naquel proxecto de porto deportivo que custou 100.000 euros e o pedediron pola súa conta e risco, sen consultar a ninguén. E alí está tirado no concello porque non vale para nada. Con eses cartos cantos policías se poden pagar?  
 
eu como veciño de Nigrán para nada sínto que estén xogando cos veciños, en tal caso é a policia a que me da a sensación de que está xogando con todos nós. Unha por utilizar as baixas médicas como medida de presión, cando todos nós sabemos na empresa privada qué pasa cando estamos de baixa e máixime cando é inxustificada. Ou que agora digan que van a vir polo contribuinte a pegarlle o pau por aparcar en dobre fila. Iso si que me parece un xogo barato e pueril. 
 
Que a brigada teña un ZX??? Non vexo que ten de malo? Ou acaso para facer mellor os informes fai falta ter un coche millor? E mendigar na xunqueira soa a chiste, pero si é así que o digan. 
 
Pero o tema dos percebes de Monteferro, iso si que o sabemos a xente de Panxón. Coméntase e rumoréase que pillaron a uns furtivos collendo percebes e logo repartiron o botín. E xa postos a falar de despilfarrar cartos, porque a policía local ten contratado como aparcamento un local do anterior concellal de cultura, cando dispón de prazas públicas gratuitas no aparcamento da Ramallosa? 
 
A policía ten que cobrar o que lle corresponde, non son máis que o resto dos funcionarios. A igual categoría e nivel igual soldo. Eles non son máis que o resto dos funcionarios do conello.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Cal consideras, é o punto máis feble do Val Miñor?